Saltar ao contido

Varsovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVarsovia
Warszawa (pl) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe
(2017)

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°13′48″N 21°00′40″L / 52.23, 21.0111
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato de Mazovia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Polonia (1596–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bemowo (en) Traducir
Białołęka (en) Traducir
Bielany (en) Traducir
Mokotów (pt) Traducir
Ochota (en) Traducir
Praga-Południe (pt) Traducir
Praga-Północ (pt) Traducir
Rembertów (en) Traducir
Targówek (en) Traducir
Ursus (en) Traducir
Ursynów (pt) Traducir
Wawer (en) Traducir
Wesoła (en) Traducir
Wilanów (en) Traducir
Wola (pt) Traducir
Włochy (en) Traducir
Śródmieście (pt) Traducir
Żoliborz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.860.281 (2021) Editar o valor en Wikidata (3.598,22 hab./km²)
Lingua oficiallingua polaca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie517 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Vístula Editar o valor en Wikidata
Altitude118 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Condado de Varsóvia Ocidental (pt) Traducir (2002–)
Condado de Mińsk (pt) Traducir (2002–)
Condado de Wołomin (pt) Traducir (2002–)
Condado de Otwock (pt) Traducir (2002–)
Condado de Pruszków (pt) Traducir (2002–)
Condado de Piaseczno (pt) Traducir (2002–)
Condado de Legionowo (pt) Traducir (2002–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRafał Trzaskowski (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal00-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico22 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSPL127 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webum.warszawa.pl Editar o valor en Wikidata
Facebook: warszawa Twitter: warszawa Instagram: miasto_warszawa Editar o valor en Wikidata

Varsovia[1][2] (en polacoWarszawa[varˈʂava] (AFI)Pl-Warszawa.ogg escoitar; en alemánWarschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos. A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas.[3] A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.

A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.

O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Varsovia é o nome latino da cidade, que deriva do polaco Warszawa. A palabra Warszawa parece ser unha evolución de Warszewa ou Warszowa, isto é "pertencente a Warsz".[4]

A etimoloxía popular relaciona o nome da cidade co dun pescador chamado Wars, que estaría casado cunha serea de nome Sawa (de aí o escudo da vila).[5] En verdade, Warsz foi un nobre que ostentou o señorío dunha vila próxima a cidade (Mariensztat) nos séculos XII-XIII.[6]

O nome oficial de Varsovia é Miasto Stołeczne Warszawa ("Varsovia Cidade Capital").[7]

As primeiras comunidades que se estableceron no lugar ocupado actualmente por Varsovia foron Bródno (fundada entre os séculos IX e X) e Jazdów (fundada entre os séculos XII e XIII). Despois de que Jazdów fose invadida, estableceuse unha nova localización semellante nunha pequena vila de pescadores chamada Warszowa. A comezos do século XIV a vila converteuse en parte das posesións dos Duques de Masovia, converténdose na capital de Masovia en 1413. Trala desaparición dos gobernantes do ducado, ao non ter descendencia, o ducado foi engadido á Coroa de Polonia en 1526. En 1529 Varsovia converteuse por primeira vez na sede do Parlamento polaco, dun xeito permanente a partir de 1569. En 1573 a cidade deu o seu nome á Confederación de Varsovia, a cal establecía a liberdade relixiosa na República das Dúas Nacións.

Grazas á súa proximidade entre as dúas capitais da República das Dúas Nacións, Vilnius e Cracovia, Varsovia converteuse na capital da República, e, en 1596 na capital da Coroa polaca cando o rei Sexismundo III Vasa cambiou a súa corte dende Cracovia. Varsovia seguiu sendo a capital da República ata 1795, cando foi anexionada poloReino de Prusia, converténdose entón na capital da provincia de Prusia do Sur. En 1807 converteuse na capital do Ducado de Varsovia, trala liberación da cidade polas tropas de Napoleón. Tralo Congreso de Viena de 1815, Varsovia converteuse na capital do Reino de Polonia, unha monarquía constitucional unida ao Imperio Ruso baixo unha unión persoal. En 1816 foi inaugurada a Real Universidade de Varsovia foi establecida en 1816.

Debido as reiteradas violacións da constitución polaca por parte dos rusos, prodúcese no 1830 o Levantamento de novembro. O enfrontamento ruso-polaco o longo de 1831 remataría coa derrota dos segundos e supuxo o cesamento da autonomía do Reino de Polonia. O 27 de febreiro de 1861 unha multitude de varsovianos que protestaba contra a ocupación rusa é tiroteado polas tropas rusas, morrendo cinco persoas. Máis adiante, no 1863-1864 Varsovia será a sede do goberno polaco clandestino.

Varsovia florece no último cuarto do século XIX baixo o mandato do alcalde Sokrates Starynkiewicz (1875–92), un xeneral ruso nomeado polo Tsar Alexandre III. Neste tempo proxéctanse as primeiras redes de saneamento e traída de auga, deseñadas e construídas polo enxeñeiro inglés William Lindley e máis o seu fillo William Heerlein Lindley, así como a expansión e modernización do trasporte público, iluminación nocturna e rede de gas.

En 1918 Polonia declara a súa independencia e Varsovia convértese na capital da Segunda República de Polonia. Neste contexto prodúcese a guerra polaco-soviética que vive o seu episodio determinante nas aforas da cidade: A batalla de Varsovia de 1920 que se produce nos arredores da capital, nas súas defensas orientais. A vitoria das forzas polonesas frea o avance soviético, permite a contra-ofensiva polaca e obrigará en último termo a Rusia a firmar a paz de Riga de 1921, na que se fixan as fronteiras entre ambos estados para o Período entre-guerras.

Durante a segunda guerra mundial a Polonia central, incluíndo Varsovia, pasa a formar parte do Goberno Xeral da Polonia ocupada, un protectorado nazi. Tódolos centros de educación secundaria ou superior son pechados, e os xudeus (varios centos de milleiros) da cidade son concentrados no gueto. Co paso do tempo os alemáns tratarán de evacuar a tódolos xudeus cara aos campos de exterminio, producíndose o levantamento do gueto de Varsovia, no que os sobreviventes do gueto en inferioridade numérica e de armamento manteñen a loita durante case un mes, sendo finalmente masacrados na práctica totalidade.

Barbacana da cidade vella

En xullo do 1944 o Exército Vermello entrara bastante no territorio polaco, premendo aos alemáns que se retiran cara Varsovia. No coñecemento de que Stalin non é partidario dunha Polonia forte e independente, o Goberno polaco no exilio con sede en Londres ordena ao exército clandestino (Armia Krajowa, AK) que tome o control da cidade antes de que os soviéticos cheguen a ela. Así, o 1 de agosto do 1944, ante o rápido avance das tropas soviéticas cara a cidade o AK comeza o levantamento de Varsovia co apoio da poboación local.

Inicialmente o levantamento planeárase para unha loita de 48 horas, mais prolongouse até 63 días, cando finalmente capitula o AK. Os combatentes que se renden aos alemáns son considerados por estes coma "prisioneiros de guerra" e enviados a campos específicos en Alemaña. A poboación civil da cidade é evacuada e Hitler, a pesar dos termos expresados na capitulación, ordena arrasar Varsovia até os cementos, unha vez queimados ou levados a Alemaña, os tesouros dos seus museos e bibliotecas. Preto do 85% da cidade ficou derruída, incluíndo o centro histórico e o castelo real.

Aspecto da cidade en xaneiro do 1945

Para cando o AK se rendeu aos alemáns, xa o Exército Soviético tomara o distrito de Praga> (barrio da capital que se sitúa na marxe dereita do río Vístula), onde agardou até recibir a orde para cruzar. O mandado chegou o 17 de xaneiro de 1945, e a unidade que tivo a honra de liberar os entullos da que fora a capital de Polonia foi o I Exército do Ludowe Wojsko Polskie (LWD, en galego Exército Popular Polaco, nótese que a pesar do nome era unha unidade do Exército Vermello), que encabezaba a Ofensiva Vístula-Oder nese sector da fronte. Sinalar que a pesar de combater contra os Nazis, os efectivos do Armia Krajowa que foron apresados polo NKVD eran considerados perigosos, sendo en moitos casos deportados a Siberia, encarcerados durante anos ou executados.

Despois da Guerra, o goberno comunista de Bolesław Bierut fixo de Varsovia a capital da "nova" República Popular de Polonia, e comezou a súa reconstrución e repoboación. Ante a escaseza de vivendas levantáronse barrios enteiros de edificios prefabricados. Desta época é tamén o Pałac Kultury i Nauki (O Pazo da Cultura e a Ciencia), un rañaceos rematado en 1955 que domina o centro da cidade e que foi un agasallo da URSS aos polacos. Ao mesmo tempo moitas das rúas históricas, edificios e igrexas de antes da Guerra foron restaurados ou construídos novamente, respectando a súa forma e acabados orixinais. Este labor de reconstrución foi recoñecido pola UNESCO, que en 1980 inscribiu o centro histórico da cidade na lista do Patrimonio da Humanidade.

A partir da segunda metade do século XVII, o emblema da cidade é unha serea coa espada e un protector nas mans, que representa a criatura que - segundo as lendas - ordenou fundar a cidade.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Comparación dos arrabaldes da cidade en 1939 e na actualidade

Varsovia foi historicamente centro de inmigración interna e externa, especialmente de Europa do leste. Durante 300 anos foi a maior capital europea situada ao leste de París, do que lle vén o alcume de París do Leste. Demograficamente foi a cidade máis diversa de Polonia, chegando a ser no pasado un 20% da poboación de orixe xudía ou non polaca. Trala segunda guerra mundial desapareceu case toda esta poboación, quedando minguada esta porcentaxe. Na actualidade a maioría da poboación nada fóra de Varsovia e de orixe polaca.

  • 1700: 30.000 (est.)
  • 1792: 120.000
  • 1800: 63.400
  • 1830: 139.700
  • 1850: 163.600
  • 1882: 383.000
  • 1900: 686.000
  • 1925: 1.003.000
  • 1939: 1.300.000
  • 1945: 422.000 (setembro)
  • 1950: 803.800
  • 1960: 1.136.000
  • 1970: 1.315.600
  • 1980: 1.596.100
  • 1990: 1.655.700
  • 2000: 1.672.400
  • 2002: 1.688.200
  • 2006: 1.702.100

Economía

[editar | editar a fonte]

No 2007 Varsovia atopábase no posto 67[8] das cidades máis caras do mundo para vivir.

Comercio e negocios

[editar | editar a fonte]

A cidade de Varsovia non é só fogar de moitas das institucións nacionais e axencias do goberno, en Varsovia tamén se atopan as sede de moitas empresas nacionais e internacionais. No ano 2003 rexistráronse na cidade 268.307 compañías. A participación financeira de investidores estranxeiros no desenvolvemento da cidade estimouse no 2002 en arredor 650 millóns de euros. Varsovia produce máis do 15% dos ingresos nacionais de Polonia. O GDP (PPP) per capita de Varsovia foi de $28,000 no 2005. No mesmo ano, a taxa de desemprego da cidade era unha das menores de Polonia atopándose por baixo do 3%; e a recadación por impostos directos e indirectos roldou os 8.740.882.000 złotys, na cidade.

É frecuente escoitar que Varsovia é xunto con Frankfurt, Londres e París, unha das cidades máis "altas" de Europa. Nela encontramos once dos maiores rañaceos do país, sendo nove deles edificios de oficinas. A construción máis alta é o Pazo da Cultura e da Ciencia (Pałac Kultury i Nauki), situado no centro da cidade, e que é o cuarto edificio máis alto da UE

Varsovia tamén é sede de Frontex (Axencia Europea de Xestión da Cooperación Operacional nas Fronteiras Externas dos Estados-Membros da Unión Europea).

Bolsa de valores

[editar | editar a fonte]
Edificio da Bolsa desde 1876 até 1939.

Varsovia foi sede dun mercado de valores desde 1817, mais en 1945, a causa dos cambios políticos que se produciron tras a segunda guerra mundial, este non volveu abrir. Houbo que esperar até abril de 1991 para ver de novo en funcionamento á Bolsa de Varsovia, xa unha vez reintroducida a economía de libre mercado. Hoxe a Bolsa de Varsovia é a maior de Polonia, con máis de 300 compañías representadas e unha capitalización de 440.920 millóns de dólares (US) a día 28 de decembro do 2007.[9]

Como anécdota sinalar que antes de que entrase en funcionamento a nova sede da bolsa no ano 2000, a sesións celebrábanse nun edificio que antes do 1991 fóra a central do PZPR (Partido Obreiro Unificado de Polonia).[10].

Industria

[editar | editar a fonte]

Durante a reconstrución da cidade despois da segunda guerra mundial as autoridades comunistas decidiron converter a cidade nun gran centro industrial: construíronse grandes e numerosas fábricas nos arredores e na propia Varsovia, destacando o complexo de Huta (Metalurxia) onde se crearon dúas fábricas de autos e unha metalúrxica.

Coa deterioración da economía comunista estas factorías perderon importancia e a moitas quebraron no a partir do 1989 (fin da República Popular de Polonia). Hoxe a Arcelor Warszawa Steel Mill (antes Huta Warszawa) é a única das grandes fábricas que permanece, xunto coa Fabryka Samochodów Osobowych (FSO) onde se fabrican automóbiles principalmente para a exportación (hoxe Chrevolet-Daewoo), pero que tamén se venden en Polonia coa marca FSO.

Transportes

[editar | editar a fonte]
Fachada da Terminal 2
Recollida de maletas da Terminal 2
Tranvía novo de Varsovia
Estación de metro Plac Wilsona

En xeral o transporte público e barato en Polonia, sobre todo para os estudantes, os calen poden recibir ata un 50% de desconto. Porén, este desconto non é aplicable ao transporte nocturno.

Aeroporto

[editar | editar a fonte]

O principal aeroporto de Polonia, o Aeroporto Frédéric Chopin de Varsovia atópase a 10 km do centro da cidade. Antigamente coñecido como Aeroporto internacional de Okęcie, o seu nome actual vén do famoso compositor polaco Frédéric Chopin. Con máis de 100 voos nacionais e internacionais ao día e 9.268.551 pasaxeiros no 2007 (en torno ao 50% do tráfico de pasaxeiros do país), é de lonxe o maior aeroporto polaco. A principal terminal do aeroporto é a Terminal 1. Xunto a esta terminal atópase a terminal Etiuda dende a cal operan os voos de baixo custo. Os voos nacionais operan dende a terminal nacional, adxunta á Terminal 1. A Terminal 2 foi inaugurada no 2008 coa previsión de incrementar a capacidade do aeroporto en 6 millóns de viaxeiros.

Na actualidade existen plans de converter o antigo aeródromo militar Modlin, situado a 20 km ao norte de Varsovia, nun aeroporto de compañías de baixo custo, e voos chárter. A curto prazo agárdase que se poida comezar a empregar no ano 2009 como data máis temperá, agárdase que o aeroporto teña unha capacidade comprendida entre os 2 e os 3 millóns de pasaxeiros.

Tamén existen plans de construír un novo aeroporto internacional, aínda que non se sabe cal vai ser a súa localización.

A primeira liña de tranvía de Varsovia abriu o 11 de decembro de 1866. O derradeiro servizo de tranvía tirado por cabalos finalizou o 26 de marzo de 1908. No período comprendido entre as dúas guerras mundiais, a rede de tranvías foi nacionalizada e espallada por toda a cidade. Trala invasión de Polonia en 1939 os servizos foron detidos debido ás perdas acontecidas durante a guerra. Porén, en 1940 os servizo de tranvías volveu a pórse en marcha. En 1941 establecéronse as novas cores dos transportes (amarelo e vermello, como a bandeira de Varsovia).

Durante o levantamento de Varsovia a rede de tranvías foi esnaquizada. Porén, o 20 de xuño de 1945 volveu a funcionar.

Trala segunda guerra mundial a rede de tranvías de Varsovia mellorou considerablemente. As vías espalláronse por tódolos arrabaldes da cidade. Porén, durante os anos sesenta, as políticas polacas e soviéticas de emprego do petróleo soviético fixeron que se acurtasen as liñas de tranvía e se puxeran en marcha máis autobuses.

Na actualidade a compañía Tramwaje Warszawskie posúe 863 tranvías que percorren uns 470 km de vías. Na cidade existen outras 20 liñas de tranvía que son empregadas en ocasións especiais (como no Día de tódolos santos).

O metro de Varsovia (Metro Warszawskie) é un dos máis novos de Europa e o único do país. Foi inaugurado en 1995 e está formado por unha soa liña de 11 km, a cal se atopa en obras e une o centro da cidade coas densamente poboadas aforas da cidade. Existen plans de ampliación da rede de metro con novas liñas en canto se remate a liña existente.

En Varsovia existe un servizo regular de autobuses que une o aeroporto Okecie co centro da cidade. O autobús 175 fai o traxecto entre o centro e o aeroporto. O autobús 188 percorre o traxecto entre o aeroporto e o barrio de Praga.[11].

Os taxis teñen unhas das tarifas máis baixas de Europa, estes teñen paradas oficiais. Os taxis de Varsovia non teñen unha cor determinada, o seu único distintivo é unha liña amarela e vermella, o escuro da cidade e o signo do taxi no teito do automóbil.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para varsoviano.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 
  3. "Population on 1 January by age groups and sex - functional urban areas". Eurostat (en inglés). 
  4. Kazimierz Rymut (2006.). Nazwy miast Polski. Zakład Narodowy im. Ossolińskich. ISBN 83-04-02436-5. 
  5. "The Warsaw Mermaid". Consultado o 11 de febreiro de 2008. 
  6. "Historia Warszawy" (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2008. 
  7. "Ustawa o ustroju miasta stołecznego Warszawy". www.prawo.lex.pl. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2008. 
  8. Economist Intelligence Unit report [1] consultado o 15 de xuño de 2007
  9. "Platinum Partner: Warsaw Stock Exchange". Phuket Event Company. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2008. 
  10. "Tourism". www.poland.gov.pl. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2008. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2007. 
  12. "Miasta partnerskie Warszawy" (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 24 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]