Vier letzte Lieder
Aparencia
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Vier letzte Lieder ( Catro últimas cancións) para soprano e orquestra foron o último traballo de Richard Strauss, que as compuxo en 1948, á idade de 84 anos.
Orixinalmente Strauss non tiña pensado estruturalas como ciclo, empregando o texto de tres poemas de Herman Hesse : Frühling, September, Beim Schlafengehen (Primavera, Setembro, Ao deitarme) e un cuarto poema de Joseph von Eichendorff: Im Abendrot (No ocaso), que foi o primeiro ao que lle puxo música.
Os catro poemas versan sobre a morte próxima e a serena aceptación do destino.
O título Vier letzte Lieder foi creado polo editor Ernst Roth, quen ademais determinou a orde na que debían ser interpretadas.