Saltar ao contido

Xoán II de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán II de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Juan II el Grande
(ca) Joan II el Sense Fe Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1398 Editar o valor en Wikidata
Medina del Campo (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1479 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Barcelona (Coroa de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Poblet Editar o valor en Wikidata
Rei de Navarra
1464 – 20 de xaneiro de 1479
← Branca II de NavarraLeonor I de Navarra →
Rei de Sardeña
27 de xuño de 1458 – 20 de xaneiro de 1479
Rei de Sicilia
27 de xuño de 1458 – 1468
← Afonso V de AragónFernando II de Aragón →
Monarca da Coroa de Aragón
27 de xuño de 1458 – 20 de xaneiro de 1479 (finado no cargo)
← Afonso V de AragónFernando II de Aragón →
Rexente Reino de Navarra
1441 – 1464
Rei de Navarra (Iure uxoris)
8 de setembro de 1425 – 20 de xaneiro de 1479
Conde de Ribagorza
1425 – 1458
Duque de Gandia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Barcelona (1458–1462)
Conde de Ribagorza (1425 (Gregoriano)–1458 (Gregoriano))
Ducado de Peñafiel (1416–1430)
Rei de Xerusalén
Señor de Cuéllar
Duque de Gandia
Rei de Navarra
Rei de Sardeña
Rei de Aragón
Rei de Córsega
Rei de Valencia
Rei de Mallorca
Conde de Mayorga Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara e Casa de Aragón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeXoana Enríquez (1447 (Gregoriano)–)
Branca I de Navarra (1420 (Gregoriano)–1441) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso de Aragón e Escobar
 () valor descoñecido
Carlos de Viana
 () Branca I de Navarra
Branca II de Navarra
 () Branca I de Navarra
Leonor I de Navarra
 () Branca I de Navarra
Xoán de Aragón
 ()
Fernando II de Aragón
 () Xoana Enríquez
Joana de Aragão, Rainha de Nápoles
 () Xoana Enríquez Editar o valor en Wikidata
PaisFernando I de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Leonor Urraca de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro de Aragón, conde de Alburquerque
Afonso V de Aragón
Henrique de Trastámara de Aragón
Leonor de Aragón
María de Aragón
Sancho of Aragon Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de maio de 1429 (Gregoriano)coroación (Catedral de Santa María da Asunción de Pamplona)
11 de novembro de 1204coroación dos reis de Aragón Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX918756 WikiTree: Trastámara-21

Xoán II de Aragón, o Grande, nado en Medina del Campo, Castela o 29 de xuño de 1398 e finado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1479, foi duque de Peñafiel, rei de Navarra (1425 - 1479) e rei de Aragón, de Mallorca, de Valencia, de Sardeña e de Sicilia (1458 - 1479), fillo de Fernando I de Antequera e de Leonor Urraca de Castela, condes de Alburquerque. Xoán II foi un dos monarcas máis lonxevos do século XV.

Lugartenente de Sardeña e Sicilia

[editar | editar a fonte]

De 1415 a 1416 representou ao seu pai no goberno de Sicilia e Sardeña como lugartenente xeneral. De regreso a España axudou ao seu irmán máis vello, Afonso V o Magnánimo, nos problemas habidos en Castela con Álvaro de Luna, valido do seu primo o rei castelán Xoán II.

Matrimonio con Branca de Navarra

[editar | editar a fonte]

En 1419 contraeu matrimonio con Branca, filla do rei navarro Carlos III o Nobre, e viúva de Martín o Mozo.

Á morte de Carlos III en 1425, a súa filla Branca e o infante Xoán foron proclamados conxuntamente reis de Navarra. Nese mesmo ano, o día 29 de novembro foi investido conde de Ribagorza en Valencia.[1]

No verán de 1429, para favorecer os intereses dos seus irmáns os Infantes de Aragón, Xoán invadiu Castela polo val do Henares. Cando ía suscitar batalla preto de Jadraque, a intervención da súa irmá María, esposa de Xoán II de Castela, determinou o fin da expedición e, a longo prazo, a perda daquela guerra ao ano seguinte.

Xoán viviu alleo aos asuntos de Navarra, gobernada pola súa esposa, e mantívose entregado plenamente aos asuntos aragoneses e aos seus intereses en Castela. Así, e para axudar ao seu irmán o rei de Aragón, Afonso V, participou na fracasada campaña pola conquista de Nápoles en 1435. Aquela expedición deu pé a unha obra satírica do marqués de Santillana, La comedieta de Ponza.

Anos despois, enfrontado de novo co seu primo e cuñado o rei Xoán II e co seu valido don Álvaro de Luna, entrou en guerra contra Castela. Tomou Atienza e Torija, pero foi derrotado en 1445 na batalla de Olmedo, coa que se puxo fin ao influxo aragonés nos asuntos casteláns.

Matrimonio con Xoana Enríquez

[editar | editar a fonte]

Á morte de Branca de Navarra en 1441, Xoán casou en segundas nupcias (1445) con Xoana Enríquez, filla de Fadrique Enríquez, Almirante de Castela, e rival político de Álvaro de Luna. A súbita irrupción política de Xoán en Navarra motivou o enfrontamento entre o rei e o seu fillo primoxénito Carlos de Viana, froito do seu matrimonio coa falecida raíña Branca. En efecto, Xoán aproveitouse do testamento da súa esposa polo que o seu fillo, que como príncipe de Viana era o lexítimo herdeiro, non debía asumir o título real sen o seu consentimento, asumindo só a lugartenencia do Reino.[2] Isto provocou un forte descontento en Navarra, que levou á guerra civil en 1451.

Guerra Civil de Navarra

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra civil de Navarra.

O descontento de Carlos de Viana e as cada vez máis graves diferenzas co seu pai, desembocaron nunha guerra civil entre os beamonteses, partidarios de Carlos, e os agramonteses, defensores da causa de Xoán. Ambos se enfrontaron o 23 de outubro de 1451 na batalla de Aibar, onde Carlos foi derrotado e feito prisioneiro xunto ao seu condestable Lois de Beaumont. Xoana Enríquez, en avanzado estado de xestación, abandonou Estella e trasladouse a Sos (Aragón), onde deu a luz ao seu fillo Fernando. Decidida a que o seu fillo fose o futuro rei de Aragón, mostrou toda a súa aversión cara a Carlos, que foi declarado polo seu pai, xunto á súa irmá Branca, como "inhábiles e indignos da sucesión (...)" para ostentar o goberno. O príncipe de Viana, unha vez liberado trala Concordia de Valladolid, e a petición das Cortes de Lleida, marchou a Nápoles en busca da protección do seu tío Afonso V, que obrigou ao seu irmán a anular o desherdamento.

Goberno en Aragón

[editar | editar a fonte]

En 1454, Xoán II, foi nomeado polo seu irmán Afonso V lugartenente de Aragón e Cataluña, mentres este gobernaba o reino desde o sur de Italia e Sicilia. En Cataluña, en concreto, o novo lugartenente mostrouse partidario de apoiar aos grupos menos favorecidos, os campesiños e os menestreis, dado que estes sectores da poboación compartían inimigos coa súa autoridade: os nobres laicos e eclesiásticos e os altos oligarcas urbanos que controlaban as institucións e discutían o poder real.[3]

Catro anos máis tarde produciuse a morte de Afonso, quen carecía de herdeiros directos e Xoán sucedeulle no trono de Aragón, aínda que se viu obrigado a entregar ao seu fillo Carlos o goberno de Cataluña. O 25 de xullo de 1458 outorgou ao seu fillo Fernando o título de duque de Montblanc e de conde de Ribagorza co señorío da cidade de Balaguer.[4]

En 1460, Carlos de Viana é arrestado por orde do seu pai, o cal foi aproveitado polos sectores contrarios ao poder real para iniciar un conflito civil en terras catalás. A Biga, as oligarquías urbanas, a nobreza e unha gran parte da xerarquía eclesiástica catalá alzáronse contra o monarca.[5] As Cortes, reunidas en Lleida en 1460, pediron a Xoán II que liberase ao seu fillo e obrigáronlle a acatar en 1461 a Capitulación de Villafranca do Penedés, onde se lle prohibiu entrar en Cataluña sen permiso das institucións locais e limitábase notablemente a súa autoridade real (a xefatura administrativa e o poder executivo -en ausencia do soberano- quedarían en mans de Carlos de Viana, aínda que na práctica quen gobernaría sería a Xeneralidade). En 1461, o monarca recoñece abertamente a lexitimidade do seu primoxénito, pero dunha forma ambigua que se presta a posibles revogacións.[6]

Carlos morre o 23 de setembro de 1461 a consecuencia dunha enfermidade pulmonar (ou envelenamento, como se chegou a especular, sinalando á súa madrasta Xoana Enríquez). Trala súa morte, a situación mantívose, con Xoán II afastado, a autoridade teórica residindo no novo herdeiro á coroa, Fernando, e a Deputación do Xeneral do Reino de Aragón gobernando. Pero a entrada do rei en Cataluña, incumprindo o pactado en Villafranca do Penedés desencadeou a guerra civil catalá, que coincidiu coa revolta do campesiñado, iniciada en febreiro de 1462 (coñecida como a revolta dos pagesos de remensa). O rei logrou manter a fidelidade de Aragón, Valencia e Sicilia fronte á revolta de Cataluña, onde se lle considerou desposuído da Coroa. En Cataluña, o bando realista estaba integrado principalmente polos campesiños, algúns mercadores e o pobo miúdo urbano (a Busca).

A comezos de 1462, o conde Gastón IV de Foix, xenro do rei aragonés, manobrou o achegamento entre o seu sogro e o rei Lois XI de Francia. A voda de Gastón de Foix, fillo do conde, con Magdalena de Francia, irmá do rei francés, posibilitaría a Lois XI someter o futuro rei de Navarra á vasalaxe do francés.[7] Neste sentido, o tratado de Olite de abril, garantiu o recoñecemento de Xoán II como rei de Navarra e de Gastón IV como o seu sucesor. A comezos de maio, os reis de Aragón e Francia entrevistáronse Sauveterre do que resultou o tratado de Baiona, polo que o rei Lois XI mandaría a Gastón IV á fronte dun exército francés para esmagar a sublevación en Cataluña, e Xoán II tivo que hipotecar Rosellón e Cerdaña como pago da débeda de 200.000 escudos para financiar o exército francés.[8][9] O Rosellón e Sardeña serían devoltos á Coroa de Aragón polo Tratado de Barcelona (1493).

O exército da Xeneralidade de Cataluña, baixo o mando de Roger Pallarés, sitiou a Xoana e ao seu fillo na súa fortaleza de Xirona. Pero a raíña soubo defenderse, durante catro meses, ata que chegaron as tropas do rei que, apoiadas por tropas francesas, obrigaron a levantar o cerco. Durante esta longa guerra os cataláns ofrecéronse a quen mellor axuda quixese ofrecerlles. O seu sobriño Henrique IV de Castela foi nomeado conde de Barcelona, pero a intervención diplomática do rei francés -que quería asegurar a vitoria realista para obter o pago á súa axuda- e a formación en Castela da Liga nobiliaria, apoiada por Xoán II de Aragón, para apartar a influencia de Beltrán de la Cueva, forzáronlle a abandonar Cataluña.[5] A mesma oferta recibiu o condestable Pedro de Portugal en 1463, pero dous anos despois este morrería a consecuencia das feridas sufridas na batalla que o infante Fernando, de trece anos, lle gañou en Calaf. Posteriormente, os cataláns repetirían a oferta a Renato de Anjou, en 1466.

Xoán II continuou o seu acoso, cego e con setenta anos, axudado polo seu fillo e en 1472 conseguiu entrar en Barcelona, obrigando aos rebeldes a renderlle obediencia. Por razóns de Estado, mostrouse clemente cos vencidos, renunciou á vinganza e concedeu o perdón. En outubro dese mesmo ano a guerra acababa coa Capitulación de Pedralbes (1472). A súa última acción militar foi o intento errado de recuperar o Rosellón e a Sardeña, territorios dos que se apoderou Lois XI durante a guerra de Cataluña a cambio do seu apoio no conflito.

En 1469, Xoán II concertou o matrimonio, celebrado ese mesmo ano en Valladolid, do seu fillo e herdeiro Fernando coa súa sobriña Isabel de Castela, (filla de Xoán II, o seu primo irmán), herdeira, pola súa banda, do trono de Castela. Dada a proximidade de parentesco entre os contraentes, tívose que empregar unha bula papal que máis tarde se comprobou falsa, aínda que logo o casamento foi ratificado e non houbo ningunha consecuencia.

A súa filla Leonor, filla do seu primeiro matrimonio, herdou o reino de Navarra e Fernando, fillo da súa segunda unión, que xa era rei consorte de Castela polo seu matrimonio con Isabel, herdou o reino de Aragón e os condados cataláns.

Morreu por causas naturais en Barcelona o 19 de xaneiro de 1479, aos 80 anos e 7 meses de idade, sendo enterrado no Mosteiro de Poblet.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu primeiro matrimonio con Branca de Navarra:

Do seu segundo matrimonio con Xoana Enríquez:

Habidos fóra de matrimonio:

Predecesor:
Carlos III
Rei de Navarra
(Xunto a Branca I ata 1441)

1425 - 1479
Sucesor:
Leonor I
Predecesor:
Afonso V

Rei de Aragón e Valencia
Conde de Barcelona

1458 - 1479
Sucesor:
Fernando II
Predecesor:
Afonso V
Conde de Ribagorza
1422 - 1458
Sucesor:
Fernando II
  1. Iglesias Costa, Manuel (2001). Instituto de Estudios Altoaragoneses, ed. "Historia del condado de Ribagorza" (PDF). Huesca. p. 273. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2011. Pero en Aragón el asunto no llegó a consecuencias tan fatales y tres años después, el 29 de noviembre de 1425, el infante don Juan era investido conde de Ribagorza en la ciudad de Valencia, tal como don Pedro lo había recibido de su padre, el rey Jaime II, en 1322.  Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
  2. [1]
  3. MARTIN, José Luis: Enrique IV de Castilla: Rey de Castilla, Príncipe de Cataluña, Hondarribia, 2003, 1a edición, ISBN 84-89569-82-7, pag. 114)
  4. Iglesias Costa, Manuel (2001). Instituto de Estudios Altoaragoneses, ed. "Historia del condado de Ribagorza" (PDF). Huesca. p. 274. ISBN 84-8127-121-7. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2011. Ello hizo primero que el rey Juan II se negara a reconocer a su hijo Carlos, príncipe de Viana, sus derechos a la herencia y que este se levantase en armas contra su padre; y, segundo, que el rey el mismo día que juró como de costumbre los fueros y privilegios del reino de Aragón (25 de julio de 1458) en la iglesia del Salvador de Zaragoza "dio al infante Don Hernando su hijo título de duque de Montblanc y de conde de Ribagorza con el señorío de la ciudad de Balaguer"; contaba este tan solo 6 años de edad.  Arquivado 14 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
  5. 5,0 5,1 HERRERO NAVARRETE, Yolanda: La configuración de los reinos hispánicos (s. XIII-XV), 1a edición, ISBN 84-79822-514-0, pag. 32)
  6. FERNÁNDEZ CONDE, Francisco Javier: La España de los siglos XIII ak XV), San Sebastián, 1995, 2a edición (2004), ISBN 84-86763-55-X, pag. 134)
  7. [2]
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 03 de xaneiro de 2015. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 03 de xaneiro de 2015. 
  10. González-Doria, Fernando (2000). Diccionario heráldico y nobiliario de los Reinos de España, pág. 274. ISBN 84-89787-17-4
  11. Berwick y de Alba, Duquesa de. Catálogo de las collecciones expuestas en las vitrinas del Palacio de Liria, (1898) p.68 [3]:Zaragoza, 13 de agosto de 1468. Carta de Juan II de Navarra en que mandó que todos los atrasos de la pensión de cien florines vitalicios que debía cobrar Catalina Álvarez (...) «la bien amada nuestra» desde 1468 y sucesivos se diesen a doña Leonor de Aragón, la hija que tuvo de aquella señora, situándolos sobre la aljama de los judíos de Tudela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]