Xosé de Calasanz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José de Calasanz y Gastón 11 de setembro de 1556 Peralta de la Sal (Reino de Aragón) |
Morte | 25 de agosto de 1648 (91 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | San Pantaleo (pt) |
1º Superior Xeral da Orde dos Pobres Clérigos Regulares da Nai de Deus dos Colexios Píos | |
1622 – 1646 ← sen valor – Juan García del Castillo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Católico romano |
Educación | Studium Generale de Lleida (en) Studium Generale de Valencia (en) Universidade de Alcalá (histórica) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, fundador de orde ou congregación, teólogo, pedagogo, clérigo regular |
Orde relixiosa | Escolápios (pt) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 25 de agosto |
Deporte | Aragonese bar launch (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Obálky knih, |
Xosé de Calasanz, nado en Peralta de la Sal o 31 de xullo de 1557 e morto en Roma o 25 de agosto de 1648, foi un pedagogo, relixioso e santo aragonés que fundou escolas destinadas á educación de nenos marxinados.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dos infanzóns Pedro de Calasanz e María Gastón, foi o sétimo e derradeiro dos seus fillos. Estudou Dereito, Filosofía e Teoloxía nas universidades de Lleida, Valencia e Alcalá de Henares. Coa oposición do seu pai, ordeonuse sacerdote en 1583 e desempeñou responsabilidades administrativas na diocese de Albarracín, Lleida e a La Seu d'Urgell. En 1592, trasladouse a Roma para medrar na carreira eclesiástica sendo preceptor dos sobriños do cardeal Marco Antonio Colonna, pero alí descubriu a dura realidade social do Trastévere. Impactado, abandonou as súas ambicións e adicou os seus esforzos á educación dos nenos que alí vivían na marxinación, na fame e na pobreza.
A súa primeira escola abriuna na parroquia de Santa Dorotea de Trastévere, que funcionou de xeito innovador como unha escola pública e gratuíta. Despois trasladouse a San Pantaleón. Desta iniciativa nacerían as coñecidas como Escolas Pías e a Orde de Clérigos Regulares Pobres ou pais escolapios. Xosé de Calasanz ensaiou novos métodos pedagóxicos para o estímulo e perfeccionamento na formación dos rapaces. Traduciu textos ás linguas vernáculas acabando co monopolio do latín no ensino. Preocupouse tamén pola formación física e a hixiene dos seus pupilos.
O seu interese pola ciencia propiciou a súa amizade con Galileo, vencello que non se truncou cando este foi condenado pola Igrexa. Cando en 1637 Galileo perdeu a vista, envioulle como secretario ao escolapio Clemente Settimi. Tamén tivo unha estreita relación co poeta e filósofo Tommaso Campanela que defendía unha sociedade comunista e se afastaba do pensamento escolástico, polo que foi apreixado e condenado pola Santo Oficio.
As frecuentes inundacións polas crecidas do Tiber e as nulas condicións hixiénicas facían aumentar a peste e outras doenzas nos suburbios. Alí tamén realizou unha obra de coidado e atención de enfermos para o que contou con colaboradores como Camilo de Lelis (San Camilo), que dirixía un grupo de voluntarios que expoñían á súa vida ao contaxio por mor de alimentar e sandar aos apestados.
A orde espallouse por Europa occidental e acollía tamén a nenos de familias xudías e protestantes, encontrando oposición nas clases acomodadas e sectores da xerarquía eclesiástica. Determinadas acusacións acabaron coa súa destitución. Foi apreixado e interrogado pola Inquisición que o meteu na cadea. Substituíno o seu acusador o padre Stefano Cherubini que tiña estreitas relacións no Vaticano, pero a súa congregación acabou sendo disolta na práctica polo papa Inocencio X.
Despois da súa morte rehabilitaríase a súa figura. O papa Alexandre VII volveu a autorizar as escolas pías. Foi canonizado por Clemente XIII.
Hoxe existen escolas pías en Asia, África e América. Pío XII proclamouno patrón das escolas cristiáns, o que se conmemora o 27 de novembro. A súa festa celébrase o 25 de agosto.