Saltar ao contido

Xuvenil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Follas xuvenís (esquerda) e follas adultas (dereita) dun piñeiro silvestre

O período xuvenil dun organismo dun individuo é aquel no que aínda non acadou a idade adulta, a madurez sexual ou o tamaño adulto. Os xuvenís[1] adoitan ter un aspecto moi diferente das formas adultas, especialmente en canto á súa cor. En moitos organismos os xuvenís teñen un nome diferente ao dos adultos. Por exemplo larvas e imago.

Algúns organismos alcanzan a madurez cunha metamorfose curta como a eclosión de moitos insectos. Noutros a transición é máis longa, por exemplo coa puberdade.

Xabaril novo cunha cor que lles serve de camuflaxe

En plantas como as mudas de oliveira, o período xuvenil esténdese durante case 10 anos e en cambio se proceden de estacas de enxerto acúrtase a un par ou tres anos. Na oliveira as pólas xuvenís teñen máis aptitude para enraizar.

Os carballos tardan uns 50 anos en facer unha landra.

O piñeiro carrasco pode facer piñas aos 10 anos, pero non producen piñas fértiles até os 15 anos.

  1. "bUSCatermos ; Xuvenil". aplicacions.usc.es. Consultado o 25 de abril de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]