Xustiza social
A xustiza social só pode definirse a partir do feito concreto da inxustiza social.[1] Algúns estudosos sosteñen que o concepto «xustiza social» correspóndese coa «xustiza distributiva» de Aristóteles, en tanto que a noción de «xustiza conmutativa» corresponde á idea clásica de xustiza nas sociedades modernas.[2]
Entre os temas que en interesan á xustiza social atópanse a igualdade social, a igualdade de oportunidades, o Estado de benestar, a cuestión da pobreza, a distribución da renda, os dereitos laborais e sindicais, etc.
En 2007, a Nacións Unidas proclamou o 20 de febreiro de cada ano, como Día Mundial da Xustiza Social (A/RES/62/10),[3] co obxectivo de promover sistemas político-económicos baseados nos principios de xustiza, equidade, democracia, participación, inclusión e pleno emprego.
Orixe e evolución do concepto
[editar | editar a fonte]Aínda que non hai certeza do primeiro uso da expresión "xustiza social", fontes temperás poden ser atopadas en Europa no século XVIII.[4] Algunhas referencias do uso desta expresión son artigos de revistas inspiradas polo espírito da Ilustración, nos cales a xustiza social é descrita como unha obriga do monarca; tamén o termo está presente en libros de teólogos italianos católicos, especialmente membros da Compañía de Xesús.[5][6][7] De acordo a estas fontes e o seu contexto, a xustiza social era outro termo para dicir "a xustiza da sociedade", a xustiza que goberna as relacións entre os individuos da sociedade, sen referencia algunha á equidade socio-económica ou a dignidade humana.[8]
O uso do termo empezou a volverse máis frecuente por pensadores católicos dende mediados do século XIX, incluíndo o xesuíta Luigi Taparelli no libro Saggio teoretico di dritto naturale, appoggiato sul fatto (Ensaio teórico do dereito natural apoiado nos feitos), publicado en 1843, en Livorno, Italia.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Korn, Alejandro (1922). La libertad creadora, Claridad: Buenos Aires
- ↑ Sampay, Arturo E. (1974), Constitución y Pueblo, Buenos Aires: Cuenca
- ↑ "Día Mundial de la Justicia Social. 20 de febrero" (en castelán). Consultado o 30.11.2022.
- ↑ "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ Journal encyclopédique... [Ed. Pierre Rousseau] (en francés). De l'Imprimerie du Journal.
- ↑ L'Esprit des journaux, françois et étrangers (en francés). Valade.
- ↑ L'Episcopato ossia della Potesta di governar la chiesa. Dissertazione (en italiano). na.
- ↑ "Unveiling the Meaning of Social Justice in Colombia" (2). ISSN 2448-5306. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ "Luigi Taparelli on the Dignity of Man" (PDF). E-aquinas - Instituto Santo Tomás de la Fundación Balmesiana. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 17 de abril de 2018. Arquivado 29 de marzo de 2017 en Wayback Machine.