Zotto de Benevento
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | 591 |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Outro | |
Título | Duke of Benevento (en) (571–591) |
Zotto (tamén Zottón ou Zottone) foi o xefe militar (latín dux) dos longobardos no Mezzogiorno. É considerado como o fundador do Ducado de Benevento en 571 e o seu primeiro duque.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coas súas tropas penetrou en Campania en agosto de 570, enfrontándose ao exército bizantino, ao que venceu. Estableceu o seu campamento en Benevento, que se converteu na capital do seu ducado. Intentou tomar Nápoles, pero non deu e tivo que levantar o cerco (581).
Como duque era case independente, ao estar o norte da península baixo o control do rei longobardo, que tiña pouca influencia no sur. Ao final someteuse á autoridade real en 589.
Morreu en 591 e sucedeuno Arechis, o seu sobriño.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Zotto de Benevento | Precede a: Arechis I de Benevento |