Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións

07/03/17

SEGUIMOS A TRABALLAR COS TRANSPLANTES

Como ben sabedes, no IES e Melide temos un grupo de traballo, dentro do Plan Proxecta, sobre transplantes de órganos que está formado por membros do Departamento de Madeira.
Todos recordamos aquela estupenda curta que no ano 2013 recibira o 1º premio dentro do III Concurso de Curtometraxes para Escolares relacionadas coa doazón e os trasplantes.
Agora o grupo segue a traballar ofrecéndonos esta interesante selección de películas que teñen como tema central o transplante e a doazón.

17/10/16

E O NOBEL FOI PARA DYLAN

Neste novo curso estreamos o blog, que non as actividades!, celebrando o Premio Nobel de Literatura concedido Bob Dylan, cantautor consagrado no seu país, EEUU, e no mundo enteiro. Esta decisión da academia sueca causou sorpresa e controversia, mentres uns celebramos que os tempos estean cambiando, como o propio autor anticipaba xa en 1964 co seu tema The Times They Are Chanching, outros rásganse as vestiduras indignados. Todo isto sérvenos para facer algunhas pequenas reflexións.

  • A orixe da poesía está intimamente ligada á música. A poesía lírica xurde na antiga Grecia e toma o seu nome de "lira", pequena arpa coa que se acompañaban os poetas cando cantaban os seus poemas aos seus amigos e compañeiros de banquete. O obxectivo era comunicar os seus sentimentos nun tono máis íntimo e persoal que a épica.
  • O feito de que a arte, sexa literatura, artes plásticas, música... chegue ás masas non ten que ser necesariamente en detrimento da súa calidade. A novela de B. Pasternak Doctor Zhivago foi un best-seller cando se publicou en 1957, o que puido forzar á academia sueca a concederlle o Nobel en 1958. Nalgúns casos concédese o Nobel para dar a coñecer a obra de alguén e noutros, polo contrario, o Nobel é un recoñecemento
  • É indiscutible o papel da música na revolución cultural dos anos sesenta e Bob Dylan é un dos músicos máis representativos da canción protesta.
Pero para todos aqueles/as que lles pareza un desagravio este galardón é necesario que teñan en conta que a academia sueca non é infalible, non hai máis que fixarse nuns cantos premios Nobel da Paz e en moitos literarios que quedaron no olvido.
Deixámosvos aquí cunha das máis famosas e fermosas cancións de Dylan, Blowin' the wind, subtitulada en español e portugués para que poidades apreciar a fermosura do texto.