Mostrando entradas con la etiqueta pan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pan. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de agosto de 2017

BOLOS BLAA

BOLLOS BLAA

Que marabilla de pans, son unha auténtica delicia. Os meus preferidos para o almorzo. Son perfectos, tanto valen para doce como para salgado. Sempre os teño no conxelador, non poden faltar.
Encántame o pan, son "panadicta", todo con pan sabe mellor.
Estes bolos descubrinos de casualidade, están en moitos blogues, son típicos irlandeses. Todas as receitas que vin pola rede son iguais. Pero a miña está un pouco cambiada, non sería eu se non cambio as receitas e as adapto ás miñas manías. Esta é a miña versión destes boliños tenros, delicados e saborosos.
En castellano
Que maravilla de panes, son una auténtica delicia. Mis preferidos para el desayuno. Son perfectos, tanto valen para dulce como para salado. Siempre los tengo en el congelador, no pueden faltar.
Me encanta el pan, soy "panadicta", todo con pan sabe mejor.
Estos bollos los descubrí de casualidad, están en muchos blogs, son típicos irlandeses, Todas las recetas son iguales. Peros la mía está un poco cambiada, no sería yo si no cambio las recetas y las adapto a mis manías. Esta es mi versión de estos bollitos tiernos, delicados y sabrosos.




Ingredientes
700 g de fariña de forza ( uso Harimsa)
390 g de agua
25 g de leite en po ( se non temos tampouco pasa nada, na receita orixinal non leva)
30 g de manteiga
10 g de sal
20 g de azucre
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)

En castellano
Ingredientes
700 g de harina de fuerza (uso Harimsa)
390 g de agua
25 de leche en polvo (si no tenemos tampoco pasa nada, en la receta original no lleva)
30 g de mantequilla
10 g de sal
20 g de azúcar
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)





ELABORACIÓN
- Eu fago a masa na panificadora. Primeiro os líquidos, neste caso a auga, logo o sal , o azucre, o leite en po, e a manteiga derretida. A continuación a fariña e a levadura. Amasado de quince minutos.
- Se non temos panificadora, depositamos nun recipiente amplo a fariña, o azucre, o leite en pó e a levadura e mezclamos. A continuación engadimos a auga e a manteiga derretida, e o sal. Mesturamos ben o conxunto, deixamos repousar durante unha media hr e logo amasamos. Para darnos menos traballo, dámoslle pequenos amasados e repousos, así pouco a pouco a masa vai collendo elasticidade. Debe quedar unha masa lisiña.
- Boleamos e deixamos repousar tapada ata que dobre o volume. O tempo dependerá da temperatura ambiente, no verán poden ser dúas hrs e no inverno tres. No que temos que fixarnos é no volume.
- Cando a masa está ben inchada pasámola a unha superficie de traballo e dividímola en pezas de uns 100 g e facemos boliñas (saen 12 pans)
- Depositamos as bolas de masa nunha bandexa de forno (de 42x29) cuberta con papel de forno, sin tocarse, pero que cando medren se xunten (esa é a forma característica deste tipo de pan).
- Cando dobren o volume, o tempo que lle leve volve a depender da temperatura, pode ser hora e media, dúas, tres, depende, metémolos no forno que xa temos quente a 200º  por espacio de 25 min. Antes de metelos no forno podemos pineirarlle unha pouca fariña por encima, que lle dan ese toque propio.
- Coidadiño con eles que igual nin ao conxelador van, un detrás de outro é moi difícil resistirse a estes encantadores boliños.




En castellano
ELABORACIÓN

Yo hago la masa en la panificadora. Primero los líquidos, en este caso el agua, luego la sal , el azúcar, la leche en polvo, y la mantequilla derretida. A continuación la harina y la levadura. Amasado de quince minutos.

- Si no tenemos panificadora, ponemos en un recipiente amplio la harina, el azúcar, la leche en polvo y la levadura y mezclamos, La continuación añadimos el agua y la mantequilla derretida, y la sal. Mezclamos bien el conjunto, dejamos reposar durante una media hr y luego amasamos. Para darnos menos trabajo, le damos pequeños amasados y reposos, así poco a poco la masa va cogiendo elasticidad. Debe quedar una masa lisita.
- Boleamos y dejamos reposar tapada hasta que doble el volumen. El tiempo dependerá de la temperatura ambiente, en verano pueden ser dos hrs y en invierno tres. En lo que tenemos que fijarnos es en el volumen.
- Cuando la masa está bien hinchada la pasamos la una superficie de trabajo y la dividimos en piezas de unos 100 g y hacemos bolitas (salen 12 bollitos)
- Depositamos las bolas de masa en una bandeja de horno(de 42x29)  cubierta con papel de horno, sin tocarse, pero que cuando crezcan se junten (esa es la forma característica de este tipo de pan).
- Cuando doblen el volumen, el tiempo que le leve vuelve a depender de la temperatura, pode ser hora y media, dos, tres, depende, los metimos en el forno que ya tenemos caliente a 200º por espacio de 25 min. Antes de meterlos en el horno podemos tamizarle un poco de harina por encima, que le dan ese toque propio.
- Cuidadito con ellos que igual ni al congelador van, uno detrás de otro es muy difícil resistirse a estos encantadores bollitos.
lunes, 3 de agosto de 2015

SIMPLES BARRAS DE PAN

O meu co pan é amor, amor do verdadeiro. Adóroo e encántame facelo. Probo centos de receitas, pero teño as miñas preferidas, receitas que repito unha e outra vez. Aínda que, non sei moi ben o porqué, case non publico pan, quitando os pans doces. Eu creo que é porque a pesar de gustarme moito facelo aínda non o fago todo o perfecto que quixera, vexo que me falta moito para facer un bo pan, conseguir todo o que un bo pan significa: miga, códea... Entón dame apuro ensinalo, dado que non está perfecto para min e paréceme un insulto (ao propio pan e a quen o fai ben) ensinar algo que non é de todo o que debería ser. Téñolle demasiado respecto para facelo. 
Esta é unha receita moi básica, sen florituras, con un 70% de hidratación. Fácil, pouco profesional, pero tiña que estar no meu nivel, máis nivel non acado.
O tema das barras era o meu gran talón de Aquiles, non me quedaban como quería, a miga bastante ben, pero o seu aspecto externo non era o desexado. Non é que agora o conseguira de todo, pero acércase. Síntome ben, orgullosa, encántame miralas, esbozo un bobalicón sorriso. Aínda non están perfectas, nin de lonxe, pero van acercándose.



En castellano
Lo mío con el pan es amor, amor del verdadero. Lo adoro y me encanta hacerlo. Pruebo miles de recetas, pero tengo mis preferidas, recetas que repito una y otra vez. Aunque, no sé muy bien el porqué, casi no publico pan, salvo panes dulces. Yo creo que es porque a pesar de gustarme mucho hacerlo todavía no lo hago todo lo perfecto que quisiera, veo que me falta mucho para hacer un buen pan, conseguir todo lo que un buen pan significa, miga, corteza... Entonces me da apuro enseñarlo porque no está perfecto para mi y me parece un insulto enseñar algo que no es lo que debería ser.
Esta es una receta muy básica, sin florituras, con un 70% de hidratación. Fácil, poco profesional, pero tenía que estar en mi nivel, más nivel no alcanzo.
El tema de las barras era mi gran talón de Aquiles, no me quedaban como quería, la miga bien, pero su aspecto externo no era el deseado. No es que ahora lo haya conseguido del todo, pero se le acerca. Me siento bien, me siento orgullosa, me encanta mirarlas, esbozo una bobalicona sonrisa. Todavía no están perfectas, ni de lejos, pero van acercándose.



Ingredientes
500 g de fariña
350g de auga
8 g de sal
medio sobre de panadería maizana (uns 3 g)
En castellano
Ingredientes
500 g de harina panadera (son ideales las que se compran en las panaderías)
350 g de agua
8 g de sal
medio sobre de levadura de panadería maizena (unos 3 g)



Elaboración
- Mesturamos a fariña coa auga e deixamos repousar unha media hora (autolisis)
- Incorporamos a levadura e amasamos un pouco para integrala na masa. Despois facemos o mesmo co sal.
- Logo meto a masa na panificadora e doulle dous amasados de 15 minutos. Se non temos panificadora non queda outra que amasar a man. Para facilitar o traballo pódese amasar un pouco e deixar repousar, en varias tandas (3 ou catro veces). O amasado máis apropiado é o Bertinet porque a masas é bastante pegañenta.
- Ao sacala da panificadora doulle un amasado Bertinet e dóbroa en catro: parte de arriba ao centro, a de abaixo encima da anterior. Logo o mesmo pero coa dereita e a esquerda.



- Deposito a masa nun recipiente engraxado coas dobleces cara abaixo. Aos 45 minutos volvo darlle unha doblez e pasados outros 45 doulle outra. Déixase fermentar por espazo dunha hora e media, dúas, ata que estea ben inflada.
- Levamos a masa a unha superficie lixeiramente enfariñada e formamos as barras. Para o formado nada mellor que ver uns vídeos de La cocina de babette.
- Unha vez formadas déixanse fermentar por espazo dunha hora. Á media hora acendemos o forno a 250º. Xusto cando acendo o forno coloco unha bandexa de aluminio baleira na base do forno.
- Cando o forno estea ben quente, no meu caso introduzo unha bandexa de forno con auga ben fría, na parte máis alta do forno. Isto fágoo porque o meu forno non ten opción de poñer calor só abaixo, se o forno ten esa opción, ponse calor só abaixo. Ademas boto auga no recipiente que está quente na base do forno para formar vapor. A auga que uso é moi fría, métoa no conxelador para que estea ben fría.
- Pecho o forno e fágolle os cortes ás barras (tamén hai un bo vídeo en La cocina de babette que nolo ensina perfectamente). Meter as barras na parte máis baixa do forno.
- Deixar as barras durante 20 min coa calor máxima e co vapor. Logo deses vinte minutos, baixar a temperatura a 220º e sacar as bandexas con auga. Se o forno estivo coa calor só na solera, agora poñerase arriba e abaixo. Subir as barras á parte central do forno e deixalas outros 20 min máis. Logo para que queden ben cruxentes, apagamos e deixámolas uns 10-15 min máis co forno apagado.
Estes últimos detalles son moi persoais, necesito anotalos para saber que fago, seguramente cada un no seu forno ten que facer diferente. Ao min custoume moito chegar a isto para conseguir as greñas e que a códea sexa cruxente.


En castellano
Elaboración
- Mezclamos la harina con el agua y dejamos reposar una media hora (autolisis)
- Incorporamos la levadura y amasamos un poco para integrarla en la masa. Después hacemos lo mismo con la sal.
- Luego meto la masa en la panificadora y le doy dos amasados de 15 minutos. Si no tenemos, habrá que amasar a mano. Para facilitar el trabajo, amasamos unos minutos y dejamos reposar la masa, es bastante pegajosa, por lo que el amasado más indicado es el Bertinet.
- Al sacarla de la panificadora le doy un amasado Bertinet y la doblo en cuatro: parte de arriba al centro, la de abajo encima de la anterior. Luego lo mismo, pero con la derecha y la izquierda.
- Deposito la masa en un recipiente engrasado con las dobleces hacia abajo. A los 45 minutos vuelvo a darle una doblez y pasados otros 45 le doy otra. Se deja fermentar por espacio de una hora y media, dos, hasta que esté bien inflada.
- Llevamos la masa a una superficie ligeramente enharinada y formamos las barras. Para el formado nada mejor que ver unos vídeos de la cocina de babette.



- Una vez formadas se dejan fermentar por espacio de una hora. A la media hora encendemos el horno a 250º. Justo cuando enciendo el horno coloco una bandeja de aluminio vacía en la base del horno.
- Cuando el horno esté bien caliente, en mi caso introduzco una bandeja de horno con agua bien fría, en la parte más alta del horno. Esto lo hago porque mi horno no tiene opción de poner calor solo abajo, si el horno tiene esa opción, se pone calor solo abajo. Ademas echo agua en el recipiente que está caliente en la base del horno para formar vapor. El agua la meto un tiempo antes en el congelador para que esté bien fría.
- Cierro el horno y le hago los cortes a las barras (también hay un buen vídeo en la cocina de babette que nos lo enseña perfectamente). Meter las barras en la parte más baja del horno.


- Dejar las barras durante 20 min con el calor a tope y con el vapor. Después de esos veinte minutos, bajar la temperatura a 220º y sacar las bandejas con agua. Subir las barras a la parte central del horno y dejarlas otros 20 min más. Si el horno estuvo solo con calor en la solera (parte de abajo) es el momento de poner calor arriba. Luego para que queden bien crujientes, apagamos y las dejamos unos 10-15 min más con el horno apagado.
Estos últimos detalles son muy personales, necesito anotarlos para saber que hago, seguramente cada uno en su horno tiene que hacer diferente. A mi me costó mucho llegar a esto para conseguir las greñas y que la corteza sea crujiente.


jueves, 3 de julio de 2014

PAN DE ESPELTA

Summer time. Na maioría dos blogues aparecen grandes carteis dicindo que están de vacacións, que regresarán despois do verán... Pero resulta que para min é o momento de publicar porque teño máis tempo, e polo tanto, máis ganas. 
Aínda que desde fai xa bastante o do blogue non me motiva demasiado e, como consecuencia, téñoo abandonado, pois recoñezo que me gusta telo e que me gusta compartir e recordar as receitas que me van gustando, para poder repetilas e para que alguén se atreva tamén, por que non.
Teño bastantes receitas na despensa, esperando a ser publicadas e gustaríame que estivesen aquí. A maioría son receitas que fago moito e que me encantan, deberían entón formar parte do recetario. 
O que máis fago son masas, sobre todo pans, con todo ningún dos meus pans habituais, os que repito case cada semana forman parte deste blogue. E non pode ser. Por iso vou empezar con este delicioso pan de espelta que aínda que non é dos que máis fago si me gusta moito.
En castellano
Summer time. En la mayoría de los blogs aparecen grandes carteles diciendo que están de vacaciones, que regresarán después del verano... Pero resulta que para mi es el momento de publicar porque tengo más tiempo, y por tanto, más ganas. 
Aunque desde hace ya bastante lo del blog no me motiva demasiado y, como consecuencia, lo tengo abandonado, pues reconozco que me gusta tenerlo y que me gusta compartir y recordar las recetas que me van gustando, para poder repetirla y para que alguien se atreva también, por qué no.
Tengo bastantes recetas en la despensa, esperando a ser publicadas y me gustaría que estuvieran aquí. La mayoría son recetas que hago mucho y que me encantan, deberían entonces formar parte del recetario. 
Lo que más hago son masas, sobre todo panes, sin embargo ninguno de mis panes habituales, los que repito casi cada semana forman parte de este blog. Y no puede ser.Por eso voy a empezar con este delicioso pan de espelta.



Ingredientes
Biga
100 gramos de harina de espelta integral
50 gr de auga
A punta do coitelo de levadura seca ou 0,3 gramos de levadura fresca. 
Masa:
400 gramos de harina de espelta branca
2 g de levadura seca
290 gr de auga
Toda a biga
10 gramos de sal
En castellano
Ingredientes
Biga
100 gramos de harina de espelta integral
50 gr de agua
 La punta del cuchillo de levadura seca o 0,3 gramos de levadura fresca. 
Masa:
400 gramos de harina de espelta blanca
2 g de levadura seca
290 gr de agua
Toda la biga
10 gramos de sal



Elaboración 
Biga
Mesturamos todos os ingredientes ata conseguir unha masa. Deixámolo repousar tapado durante unhas 10-12 horas a temperatura ambiente (pode estar ata 24 horas). No meu caso adóitoo deixar toda a noite.
Masa
- Poñemos nun recipiente a fariña, a levadura, desfacemos a biga en anaquiños e engadimos a auga. Mesturamos e deixamos repousar por espazo duns 20 minutos. Logo deste tempo engadimos o sal e amasamos.
- Vólvese a deixar repousar durante uns 10 minutos e volvemos a amasar durante un minuto ou dous. Adoito facelo co método francés, ou Bertinet (con golpes e dobrados). Esto volvo a repetilo un par de veces.
- Aceitamos un bol e deixamos fermentar a masa durante unhas dúas horas ou dúas horas e media (depende da temperatura ambiente). Durante ese período de fermentación doulle dous plegados á masa.
- Unha vez fermentada, enfariñamos lixeiramente a mesa de traballo e boleamos a masa. Deixámola repousar por espazo de media hora.
- Para rematar dámoslle forma e metémola no pyrex previamente aceitado e enfariñado. Neste momento acendemos o forno ao máximo.
- Cando o forno estea quente introducimos o pyrex e deixámolo media hora a máxima potencia. Logo da media hora quitámoslle a tapa e baixamos o calor do forno a 220º, durante outra media hora. Nos 10 últimos minutos saco o pan do pyrex e baixo o forno a 200º




En castellano
Elaboración 
Biga
Mezclamos todos los ingredientes hasta conseguir una masa. Lo dejamos reposar durante unas 10-12 horas a temperatura ambiente (puede estar hasta 24 horas). En mi caso lo suelo dejar toda la noche
Masa
- Ponemos en un recipiente la harina, la levadura, deshacemos la biga en trocitos y añadimos el agua. Mezclamos y dejamos reposar por espacio de unos 20 minutos. Después de este tiempo añadimos la sal y amasamos.
- Se vuelve a dejar reposar durante unos 10 minutos y volvemos a amasar durante un minuto o dos. Suelo hacerlo con el método francés, o Bertinet (con golpes y doblados)
- Aceitamos un cuenco y dejamos fermentar la masa durante unas dos horas o dos horas y media. Durante ese período de fermentación le doy dos plegados a la masa.
- Una vez fermentada, enharinamos ligeramente la mesa de trabajo y boleamos la masa. La dejamos reposar por espacio de media hora.
- Por último le damos forma y la metemos en el pyrex previamente aceitado y enharinado. En este momento encendemos el horno al máximo.
- Cuando el horno esté caliente introducimos el pyrex y lo dejamos media hora a máxima potencia. Después de la media hora le quitamos la tapa y bajamos el calor del horno a 220º, durante otra media hora. En los 10 últimos minutos saco el pan del pyrex y bajo el horno a 200º
Para esta receita seguín os pasos desta páxina

lunes, 27 de agosto de 2012

PAN DE LEITE DE DAN LEPARD

PAN DE LECHE DE DAN LEPARD
Unha chea de receitas en lista de espera e vai esta chulita e cóase. É que esta receita impactoume tanto que non me podo resistir a sacala a luz e que todas esas persoas que non se atreven a facer pan o fagan, por sinxelo, rico e nada que ver co comprado.
Comentáballe a unha amiga que estaba preparando pan de molde e a ela parecíalle que tiña que ser algo moi difícil e que non se atrevía co pan. Por favor, é máis sinxelo que facer un biscoito, prometido.
Desde que descubrín o amasado Dan Lepard descubrín o paraíso. Amasar con esta técnica é tan sinxelo e dá uns resultados sensacionais, por que matarse amasando se é posible conseguir unha miga de escándalo sen esforzo?
Xa fai tempo que vin por primeira vez esta técnica, se teño que ser sincera, tardei moito en pola en práctica porque me parecía que tiña que ser imposible unha masa ben amasada sen case amasar, e é así. Primeiro únense os ingredientes e só iso, únense, déixase repousar media hora, amasase dez segundos (si segundos), a masa repousa 10 minutos (si minutos), repítese esta operación 3 veces máis (en total son catro amasados e catro repousos) e listo. Quen non pode facer isto? Quero a todo o mundo facendo pan, veña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Polo tanto vou facer unha entrada para xente que nunca fixo pan e que non ten nin idea, detallándoo todo.
En castellano
Un montón de recetas en lista de espera y va esta chulita y se cuela. Es que esta receta me ha impactado tanto que no me puedo resistir a sacarla a luz y que todas esas personas que no se atreven a hacer pan lo hagan, por sencillo, rico y nada que ver con el comprado.
Le comentaba a una amiga que estaba preparando pan de molde y a ella le parecía que tenía que ser algo muy difícil y que no se atrevía con el pan. Por favor, es más sencillo que hacer un bizcocho, prometido.
Desde que he descubierto el amasado Dan Lepard he descubierto el paraíso.  Amasar con esta técnica es tan sencillo y da unos resultados sensacionales, por qué  matarse amasando si es posible conseguir una miga de escándalo sin esfuerzo?
Ya hace tiempo que vi por primera vez esta técnica, si tengo que ser sincera, tardé mucho en ponerla en práctica porque me parecía que tenía que ser imposible una masa bien amasada sin casi amasar, y  es así. Primero se unen los ingredientes y solo eso, se unen, se deja reposar media hora, se amasa diez segundos (sí segundos), la masa reposa 10 minutos (sí minutos), se repite esta operación 3 veces más (en total son cuatro amasados y cuatro reposos) y listo. Quien no puede hacer esto? Quiero a todo el mundo haciendo pan, venga!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Por lo tanto voy a hacer una entrada para gente que nunca ha hecho pan y que no tiene ni idea, detallándolo todo.



Ingredientes
250 g de fariña de repostería
250 g de fariña de forza (é fariña con máis proteína, debe ter na súa composición unha porcentaxe de proteína superior a 11 g, conséguese nas panaderías ou no super, a máis fácil de atopar é da marca harimsa)
1 sobre de fermento de panadería (non vale royal, é propia de pan, a máis fácil de atopar é da marca maizena, unha caixa amarela). No verán non é necesario usar todo o sobre (aínda que se se pon todo non pasa nada)
1 cullerada de mel ou de sirope de ágave ou de sirope de arce ou de azucre
1 culleradiña de sal ou un pouco máis (eu adoito pór pouco)
350 ml de leite. Eu como non teño leite enteiro na casa poño 250 ml de leite desnatada e 100 de nata.
25 g de manteiga derretida
En castellano
Ingredientes
250 g de harina de repostería
250 g de harina de fuerza (es harina con más proteína debe tener en su composición un porcentaje de proteína superior a 11 g, se consigue en las panaderías o en el super, la más fácil de encontrar es de la marca harimsa)
1 sobre de levadura de panadería (no vale royal, es propia de pan, la más fácil de encontrar es de la marca maizena, una caja amarilla). En verano no es necesario usar todo el sobre (aunque si se pone todo no pasa nada)
1 cucharada de miel o de sirope de ágave o de sirope de arce o de azúcar
1 cucharadita de sal o un poco más (yo suelo poner poco)
350 ml de leche. Yo como no tengo leche entera en casa pongo 250 ml de leche desnatada y 100 de nata.
25 g de mantequilla derretida



Preparación
- En primeiro lugar dicir que as masas fermentadas dependen da temperatura ambiente, isto é, no verán necesitamos menos tempo, están listas antes e tamén necesitamos menos fermento. Tamén é necesario aclarar que o proceso de fermentación debe ser sempre nun lugar sen corrientes e sen cambios de temperatura. Pódese meter no forno apagado ou nalgún armario, pode ser boa técnica cubrir o recipiente cunha bolsa de plástico.
- Quentamos o leite no micro, só quitarlle o frío da neveira, uns 30 segundos, podemos tocala para ver se está a temperatura corporal máis ou menos. Mesturamos o mel ou o sirope de ágave ou o de arce ou o azucre co leite tépedo.
- Derretemos a manteiga no micro.
- Pomos nun recipiente amplo a fariña, o fermento e mesturámolas. No inverno debemos pór todo o sobre de fermento, pero no verán chega con menos, algo máis da metade, uns 3 gr.
- Incorporamos o leite ao recipiente coa fariña, mesturamos un pouco, pode ser coa man ou cunha culler de madeira. Só nos falta engadir o sal e a manteiga. Mesturamos ben todos os ingredientes ata que sexa unha masa. Pegarase un pouco ás mans. Deixámolo no recipiente tapado cun pano por espazo de dez minutos.
- A partir de aquí é cando empeza o proceso de amasado. Poida que esta parte sexa a máis complicada, complicada para quen nunca amasou, pero tampouco é difícil. Imos por partes: Engraxamos as mans e a superficie na que amasaremos, cun pouco de aceite e amasamos durante dez ou quince segundos, é dobrar a masa sobre si mesma, presionar un pouco e darlle un cuarto de volta, dobrala sobre se mesma, presionar e cuarto de volta (isto unhas 10-12 veces). Faise unha bóla e vólvese a depositar no recipiente, tápase cun pano e déixase repousar 10 minutos. Este procedemento repítese tres veces máis, en total son 4. Desde o primeiro amasado xa conseguimos ter unha masa auténtica.
- Para facilitar a comprensión deste proceso de amasado porei uns vídeos, así vese o fácil que é. Neste primeiro vídeo o amasador non ten moita pericia, o cal demostra que non é necesario ser un amasador experto. Realmente non usa a técnica correctamente. No 2º vídeo si.



En castellano
Preparación
- En primer lugar decir que las masas fermentadas dependen de la temperatura ambiente, esto es, en verano necesitamos menos tiempo, están listas antes y también necesitamos menos levadura. También es necesario tener en cuenta que en el proceso de fermentación la masa debe estar en un lugar en el que no haya cambios de temperatura, ni corrientes de aire, un buen lugar puede ser el horno apagado o un armario, también es buena técnica cubrir el recipiente en una bolsa de plástico.
- Calentamos la leche en el micro, solo quitarle el frío de la nevera, unos 30 segundos, podemos tocarla para ver si está a temperatura corporal más o menos. Mezclamos la miel o el sirope de ágave o el de arce o el azúcar con la leche templada.
- Derretimos la mantequilla en el micro.
- Ponemos en un recipiente amplio la harina, la levadura y las mezclamos. En invierno debemos poner todo el sobre de levadura, pero en verano llega con menos, algo más de la mitad, unos 3 gr.
- Incorporamos la leche al recipiente con la harina, mezclamos un poco, puede ser con la mano o con una cuchara de madera. Solo nos falta añadir la sal y la mantequilla. mezclamos bien todos los ingredientes hasta que sea una masa. Se pegará un poco a las manos. Lo dejamos en el recipiente tapado con un paño por espacio de diez minutos.
-  A partir de aquí es cuando empieza el proceso de amasado. Puede que esta parte sea la más complicada, complicada para quien nunca amasó, pero tampoco es difícil. Vamos por partes: Engrasamos las manos y la superficie en la que amasaremos, con un poco de aceite y amasamos durante diez o quince segundos, es doblar la masa sobre si misma, presionar un poco y darle un cuarto de vuelta, doblarla sobre si misma, presionar y cuarto de vuelta (esto unas 10-12 veces). Se hace una bola y se vuelve a depositar en el recipiente, se tapa con un paño y se deja reposar 10 minutos. Este procedimiento se repite tres veces más, en total son 4. Desde el primer amasado ya conseguimos tener una masa auténtica.
- Para facilitar la comprensión de este proceso de amasado pondré unos vídeos, así se ve lo fácil que es. En este primer vídeo el amasador no tiene mucha pericia, lo cual demuestra que no es necesario ser un amasador experto. Realmente no usa la técnica correctamente. En el 2º vídeo sí.
 

 
 - Este reportaje es interesante verlo entero porque es muy instructivo. En la página de David de Jorge, Robin food, se puede ver entero.



- Unha vez amasado, deixamos repousar a masa por espazo de media hora, ou algo máis, tapada con un pano. A masa aumentará o seu volume o dobre ou ata máis, deixámola ata que dobre o volume. No verán pode ser media hora ou 45 minutos, pero no inverno pode necesitar unha hora ou hora e media.
- Cando vexamos que dobrou o volume, desgasificamos a masa, desgasificar a masa é quitarlle o gas que colleu durante a fermentación. Estiramos a masa coas man en forma de rectángulo sobre a superficie de traballo. Dobramos as partes superior e inferior do rectángulo cara ao centro, é dicir, a parte superior vaise ao centro da masa e a inferior tamén (quedan enfrontadas). Presionamos ben os dous lados (é coma se fose a columna vertebral da masa). E volvemos dobrar pola metade, unindo ben. Facemos rodar un pouco a masa pola superficie de traballo. Quédanos un bolo alargado.

Paso a paso del proceso de formado del pan.


- Cubrimos un molde rectangular con papel de fornear ou o engraxamos e enfariñamos un pouco. Introducimos a masa e presionámola un pouco para adaptala ao molde. O molde que uso é de 30x12 e ten 8 cm de profundidade.
- Deixámola fermentar, tapado cun pano, durante unha hora aproximadamente. A medida é que a masa duplique o volume. Depende da temperatura ambiente será máis ou menos tempo.
- Prequecemos o forno a 210º e introducimos o pan, deixámolo a esa temperatura durante 10 minutos, baixamos a temperatura a 180º e deixámolo durante media hora máis. O pan terá un ton dourado, se vemos que se queima demasiado cóbrese con papel de prata.
- Un truco para saber se está cocido é darlle uns golpiños e que soe a oco. Cada forno é un mundo e en cada un necesita un tempo diferente. Nun estará en 40 minutos e noutro necesitará 50 e outro menos. Debemos coñecer como funciona o noso forno.
- Na receita orixinal pinta a masa con leite antes de metelo no forno, pero eu non o fago. O que si fago é derreter un pouco de manteiga e xusto ao sacalo do forno píntoo coa manteiga derretida, queda delicioso.



En castellano
- Una vez amasado, dejamos reposar la masa, tapada por un paño, por espacio de media hora, o algo más. La masa aumentará su volumen el doble o incluso más, la dejamos hasta que doble el volumen. En verano puede ser media hora o 45 minutos, pero en invierno puede necesitar una hora u hora y media.
- Cuando veamos que ha doblado el volumen, desgasificamos la masa, desgasificar la masa es quitarle el gas que ha cogido durante la fermentación. Estiramos la masa con las mano en forma de rectángulo sobre la superficie de trabajo. Doblamos las partes superior e inferior del rectángulo hacia el centro, es decir, la parte superior se va al centro de la masa y la inferior también (quedan enfrentadas). Presionamos bien los dos lados (es como si fuera la columna vertebral de la masa). Y volvemos a doblar por la mitad, uniendo bien. Hacemos rodar un poco la masa por la superficie de trabajo. Nos queda un bollo alargado.
- Cubrimos un molde rectangular con papel de hornear o lo engrasamos y enharinamos un poco. Introducimos la masa y la presionamos un poco para adaptarla al molde. El molde que uso es de 30x12 y 8 cm de profundidad.
- La dejamos fermentar, tapado con un paño, durante una hora aproximadamente. La medida es que la masa duplique el volumen. Depende de la temperatura ambiente será más o menos tiempo.
- Precalentamos el horno a 210º e introducimos el pan, lo dejamos a esa temperatura durante 10 minutos, bajamos la temperatura a 180º y lo dejamos durante media hora más. El pan tendrá un tono dorado, si vemos que se quema demasiado se cubre con papel de plata.
- Un truco para saber si está cocido es darle unos golpecitos y que suene a hueco. Cada horno es un mundo y en cada uno necesita un tiempo diferente. En uno estará en 40 minutos y en otro necesitará 50 y otro menos. Debemos conocer como funciona nuestro horno.
- En la receta original pinta la masa con leche antes de meterlo en el horno, pero yo no lo hago. Lo que si hago es derretir un poco de mantequilla y justo al sacarlo del horno lo pinto con la mantequilla derretida, queda delicioso.
sábado, 28 de julio de 2012

PAN INTEGRAL DE CENTEO E ESPELTA

Xa que puxen como se facía a masa nai agora non queda máis remedio que pór pans ricos que se poidan facer con ela. Desde que me metín con isto da masa nai o que teño xa é vicio, non fago máis que probar pans con fórmulas diferentes. Cada pan que fago paréceme mellor que o anterior. Xa o dixen na entrada da masa nai, é mellor non mirar moito porque te volves tola e todo o queres probar para ver como queda e máis unha panadicta coma min, creo que me alimentaría de pan.
En realidade ás veces utilízanse métodos con moitas voltas, con moi bos resultados, está claro, aínda que o ideal é conseguir un bo pan sen moito esforzo e aí radica a miña procura. Teño que recoñecer que non son nada sibarita, non distingo matices de sabor nin de texturas. Ás veces fixen varios pans distintos a un tempo e, a verdade, non lle atopo eses matices que algúns buscan e perciben. Simple que é unha, a min con que sexa pan xa me vale. Teño que confesar que a baguette do super, quentiña pírrame. E isto que acabo de dicir para os adoradores do pan é un sacrilexio, pero é así.
Pois ben, este pan que vou publicar, é un pan sanote, fácil, moi fácil e cun resultado extraordinario. Fixen moito este pan aínda que agora, con tantas probas, deixeino de lado. Recoñezo que esta receita é para ter a man e non perdela de vista. Empecei a facer este pan antes de ter a masa nai, con fermento comercial. Así que vou pór a receita dos dous xeitos.
Descubrino  grazas a Nuria do blog Cocinarte. Esta moza sempre na procura de que o alimento sexa o noso medicamento achéganos e descóbrenos receitas marabillosas. Puxo o enlace deste vídeo en facebook e ao día seguinte xa o estaba facendo.
En castellano
Ya que puse como se hacía la masa madre ahora no queda más remedio que poner panes ricos que se puedan hacer con ella. Desde que me metí con esto de la masa madre lo que tengo ya es vicio, no hago más que probar panes con fórmulas diferentes. Cada pan que hago me parece mejor que el anterior. Ya lo dije en la entrada de la masa madre, es mejor no mirar mucho porque te vuelves loca y todo lo quieres probar para ver como queda y más una panadicta como yo, creo que me alimentaría de pan.
En realidad a veces se utilizan métodos con muchas vueltas, con muy buenos resultados, claro está, aunque lo ideal es conseguir un buen pan sin mucho esfuerzo y ahí radica mi búsqueda. Teño que reconocer que no soy nada sibarita, no distingo matices de sabor ni de texturas. A veces he hecho varios panes distintos al mismo tiempo y, la verdad, no le encuentro esos matices que algunos buscan y perciben. Simple que es una, a mí con que sea pan ya me vale. Tengo que confesar que la baguette del super, calentita me pirra. Y esto que acabo de decir para los adoradores del pan es un sacrilegio, pero es así.
Pues bien, este pan que voy a publicar, es un pan sanote, fácil, muy fácil y con un resultado extraordinario. He hecho mucho este pan aunque ahora, con tantas pruebas, lo he dejado de lado. Reconozco que esta receta es para tener a mano y no perderla de vista. Empecé a hacer este pan antes de tener la masa madre, con levedura comercial. Así que voy a poner la receta de las dos maneras.
Lo decubrí gracias a Nuria del blog Cocinarte. Esta chica siempre en la búsqueda de que el alimento sea nuestra medicina nos aporta y nos descubre recetas maravillosas. Puso el enlace de este vídeo en facebook y al día siguiente ya lo estaba haciendo.

Este está hecho con masa madre
Ingredientes
250 g de fariña integral de espelta
250 g de fariña integral de centeo
375 ml de auga tépeda (eu necesitei máis auga, pero inicalmente empezamos con esta cantidade e se vemos que non chega imos engadindo aos poucos)
1 sobre de fermento de panadería ou 200 g de masa nai activa integral de centeo
1 culleradiña de sal mariña
Sementes de cabaza ou calquera outra (a cantidade a gusto). Poden ser noces, abelás, améndoas, pasas, arándos, pipas de xirasol, mel, riladura de laranxa, substituír parte da auga por zume de laranxa... As combinacións son tantas coma nos permita a imaxinación 
En castellano 
Ingredientes
250 g de harina integral de espelta
250 g de harina integral de centeno
375 ml de agua templada  (yo he necesitado más agua, pero inicalmente empezamos con esta cantidad y si vemos que no llega vamos añadiendo poco a poco)
1 sobre de levadura de panadería o 200 g de masa madre activa integral de centeno
1 cucharadita de sal marina
Pipas de calabaza o cualquier otra. Pueden ser nueces, avellanas, almendras, pasas, arándanos, pipas de girasol, miel, ralladura de naranja, sustituír parte del agua por zumo de naranja... Las combinaciones son tantas como nuestra imaginación nos permita.

Este es con levadura comercial de panadería

Preparación
- Amornar a auga no microondas uns 20 segundos.
- Mesturar as fariñas co fermento (ou coa masa nai) e o sal. Engadir as sementes (isto é opcional). Case sempre engado pipas de cabaza e de xirasol, pero pícoas antes un pouco na picadora.
- Engadir a auga para ver como vai quedando a masa. Mesturar ben cunha culler de madeira. A fariña debe absorver a auga, se vemos que seguimos tendo fariña sen absorver, engadímoslle máis auga aos poucos ata que toda a fariña quede húmida. Só é mesturar, non hai que amasar. Cando estea integrada a fariña coa auga estará lista a masa.
- Deixar que a masa fermente durante polo menos dúas horas, nun bol tapada, cun pano ou filme transparente. O tempo é orientativo, dependendo da temperatura ambiente faralle falta máis ou menos tempo, no verán, en lugar de dúas horas pode chegar con unha, é mellor rexerse polo volume, cando a masa duplique o volume estará lista. En caso de usar masa nai, os tempos son máis prolongados e tamén varían dependendo da temperatura. Eu cando fixen este pan era inverno e deixábao fermentar unhas catro horas coa masa nai.
- Transcorrido este tempo, dispor a masa nun molde de tipo plum cake, cuberto cun papel para fornear.
- Humedecer lixeiramente as mans ou unha espátula de madeira e aplanar a superficie.
- Espolvorear a superficie con  pipas de cabaza. Eu isto nunca o fago, porque llas poño na propia masa.
- Facer cortes transversais cun coitelo.
- No vídeo meten directamente o molde coa masa no forno, eu déixoo fermentar de novo unha hora, se emprego masa nai está tres ou catro horas, e en canto dobra o volume o forneo a 220 graos, durante 25 minutos, para formar a costra. Transcorrido este tempo, baixar o lume a 175 graos e segue forneando durante 35 minutos.
- Desmóldalo, e déixalo arrefriar sobre unha grella.
- Pódese conxelar o que non se vaia a consumir. No meu caso o corto en rebanadas, envólvoo en filme e vouno sacando a medida que o necesito. Podémolo sacar a noite anterior ou desconxelalo no micro, con 30 segundos de micro é suficiente para que estea desconxelado.


En castellano
Preparación
- Templar el agua  en el microondas unos 20 segundos.
- Mezclar las harinas con la levadura (o con la masa madre) y la sal. Añadir las semillas (esto es opcional). Casi siempre añado pipas de calabaza y de girasol, pero las muelo antes un poco en la picadora.
- Añadir el agua para ver cómo va quedando la masa. Mezclar bien con una cuchara de madera. La harina debe absorver el agua, si vemos que seguimos teniendo harina sin absorver, le añadimos más agua poco a poco hasta que toda la harina quede húmeda. Solo es mezclar, no hay que amasar. Cuando esté integrada la harina con el agua estará lista la masa.
- Dejar que la masa fermente durante al menos dos horas, en un bol tapada, con un paño o film  transparente. El tiempo es orientativo, dependiendo de la temperatura ambiente, le hará falta más o menos tiempo, en verano, en lugar de dos horas puede llegar con una, es mejor regirse por el volumen, cuando la masa haya duplicado el volumen estará lista. En caso de usar masa madre, los tiempos son más prolongados y también varían dependiendo de la temperatura. Yo cuando hice este pan era invierno y lo dejaba fermentar unas cuatro horas.
- Transcurrido este tiempo, disponer la masa en un molde de tipo plum cake, sobre un papel para hornear.
- Humedecer ligeramente las manos o una espátula de madera y aplanar la superficie.
- Espolvorear la superficie con semillas de pipas de calabaza. Yo esto nunca lo hago, porque se las pongo en la propia masa.
- Hacer cortes transversales con un cuchillo.
- En el vídeo meten directamente el molde con la masa en el horno, yo lo dejo fermentar de nuevo una o dos horas, si empleo masa madre lo dejo 3 o 4 horas, y en cuanto dobla el volumen lo horneo a 220 grados, durante 25 minutos, para formar la costra. Transcurrido este tiempo, bajar el calor a 175 grados y sigue horneando durante 35 minutos.
- Desmóldarlo, y déjarlo enfriar sobre una rejilla. Cuando se enfríe, ya se puede comer.
- Se puede congelar lo que no  se vaya a consumir. En mi caso lo corto en rebanadas, lo envuelvo en film  y lo voy sacando a medida que lo necesito. Lo podemos sacar la noche anterior o descongelarlo en el micro, con 30 segundos de micro es suficiente para que esté descongelado.


viernes, 13 de agosto de 2010

PAN EN PIREX (branco e con pasas e noces)

Alucinante!!! Creo que esa é a palabra máis axeitada para definir este pan. Leva menos tempo facelo ca baixar a comprar. A preparación da masa faise nuns 15 minutos e logo o forneado son sobre uns 45 min, en unha hora temos o pan listo para comer. A min en 15 minutos non me da tempo baixar a por pan. Ademais o amasado non é complicado. Animaría a todo o mundo a probar con este tipo de pan porque a satisfacción cando se saca do forno é inmensa, case incrible, case unha miragre.
Vino en varios blogues e parecíame que non podía ser posible. Algúns fanlle un levedado dunha hora unha vez formada a masa inicial, pero outros fano directamente. O de facelo directamente producíame certa desconfianza, aínda así quixen probar coa miragre completa. Fun comprar o pirex a propósito. Cando o saquei do forno non daba creto. A miga é bastante compacta, pero tenra e suave, compararía coa do pan de molde comercial. Ademais é delicioso.
Tanto me sorprendeu que xa repetín e como me gusta tanto o pan con pasas e noces pois probei a ver como quedaba. Nas fotos pódense ver os dous. Na 1ª foto aparecen os dous o branco e o de pasas e noces.
En castellano
Alucinante!!! Creo que esa es la palabra más adecuada para definir este pan. Lleva menos tiempo hacerlo que bajar a comprar. La preparación de la masa se hace en unos 15 minutos y luego el horneado son sobre unos 45 minutos, en una hora tenemos el pan listo para comer. A mí en 15 minutos no me da tiempo a bajar a por pan. Además el amasado no es complicado. Animaría la todo el mundo a probar con este tipo de pan porque la satisfacción cuando se saca del horno es inmensa, casi increíble, casi un milagro.
Lo vi en varios blogs y me parecía que no podía ser posible. Algunos le hacen un levado de una hora una vez formada la masa inicial, pero otros lo hacen directamente. Lo de hacerlo directamente me producía cierta desconfianza, aun así quise probar con el milagro completo. Fui a comprar el pirex a propósito. Cuando lo saqué del horno no daba crédito. La miga es bastante compacta, pero tierna y suave, la compararía con la del pan de molde comercial. Además es delicioso.
Tanto me sorprendió que ya repetí y como me gusta tanto el pan con pasas y nueces pues probé a ver como quedaba. En las fotos se pueden ver los dos. En la 1ª foto aparecen los dos el blanco y lo de pasas y nueces.

pan pirex
Ingredientes
310 gr fariña de forza
175 gr de auga.
20 gr de aceite.
1 sobre de levadura de panadeiro maizena
Unha cullerada pequena de sal


SANY5297

Preparación
- Colocar nun bol grande a fariña e a levadura, mesturalas.
- Engadir o aceite e a auga. Amasar todo durante 10 minutos. Na metade do amasado engadir o sal.
- Continuar amasando con movementos firmes e formar unha bóla. Deben quedar unha masa lisa, cando chegue ese punto estará listo. Tampouco é necesario ter moita práctica, trátase de facer como se fose plastilina, que quede o máis lisa posible e que sexa algo elástica, que non rompa facilmente.


Collages3

(Aquí podemos ver o proceso completo e como é antes de ir ó forno e despois, só os separan 45 minutos/ Aquí podemos ver el proceso completo y como es antes de ir al horno y después, sólo los separan 45 minutos)

- Colocar a bóla de pan que formamos na tapa dun molde Pirex, lixeiramente engraxada e con un pouco de fariña. Tamén engraxamos o pan e espolvorexamos un pouco de fariña.
- Facer uns cortes rápidos cun cúter afiado. Tapamos o pan coa parte fonda do molde Pirex.
- Meter no forno en frío e polo a 220º durante uns 40-45 minutos, ata que o vexamos feito.
Se queremos facelo de pasas e noces
75 grs de noces
50 grs de pasas
Picamos as noces na picadora, así quedan anacos máis grandes e máis pequenos. Incorporamos as pasas e as noces á fariña e amasamos igualmente.

SANY4969
En castellano
Ingredientes
310 gr harina de fuerza
175 gr de agua.
20 gr de aceite.
1 sobre de levadura seca de panadería maizena
Una cucharada pequeña de sal



SANY4991

Preparación
- Colocar en un bol grande la harina y la levadura, mezclarlas
- Añadir el aceite y el agua. Amasar todo durante 10 minutos. En la mitad del amasado añadir la sal.
- Continuar amasando con movimientos firmes, hasta formar una bola. Debe quedar una masa lisa y manejable, no es necesario tener mucha práctica, se trata de hacer como si fuese plastilina, conseguir que no se rompa fácilmente.
- Colocar la masa en la tapa de un molde Pirex , ligeramente engrasado y con un poco de harina. También pintamos con un poco de aceite la masa y espolvoreamos un poco de harina.
- Hacer unos cortes rápidos con un cúter afilado. Tapamos el pan con la parte honda del molde.
- Meter en el horno en frío y ponerlo a 220º durante unos 40-45 minutos, hasta que lo veamos hecho.
Si lo queremos de pasas y nueces
75 grs de nueces picadas
50 grs de pasas
- Picamos las nueces en la picadora, así quedan trozos más grandes y más pequeños. Incorporamos las pasas y las nueces a la harina y amasamos normalmente.


SANY5282








martes, 27 de julio de 2010

PAN DE HOJALDRE

Quen se pode resistir a esta monada de pan??? Ademais unha vez que o probas, aínda te resistes menos. Por engadidura é moi bo de facer, non require complicacións. Que máis se lle pode pedir???
Outra vez, lle teño que agradecer a Hilmar que teña un blogue e que nos ensine tanto con el. Mis recetas favoritas é o referente do pan para moitos de nós. Ela fai cursos de panadería e é tan xenerosa que comparte con nós os seus coñecementos, mil veces grazas, por descubrirme este mundo tan amplo, variado e divertido do pan e por compartir.
Tamén o vin en outras páxinas que aínda que non están en español teñén uns paso a paso moi bos e axúdannos. As páxinas son: chili und chiabatta, Опитайте, Cindystar


En castellano
Quien se puede resistir a esta monada de pan??? Además una vez que lo pruebas, aun te resistes menos. Por añadidura es muy bueno de hacer, no requiere complicaciones. Que más se le puede pedir???
Otra vez, le tengo que agradecer la Hilmar que tenga un blog y que nos enseñe tanto con él. Mis recetas favoritas es el referente del pan para muchos de nosotros. Ella hace cursos de panadería y es tan generosa que comparte con nosotros sus conocimientos, mil veces gracias, por descubrirme este mundo tan amplio, variado y divertido del pan y por compartir.
También lo vi en otras páginas que aunque no están en español tienen unos paso a paso muy buenos y nos ayudan. Las páginas son: chili und chiabatta, Опитайте, Cindystar



Ingredientes: (para dous pans medianos)
Prefermento:
50 gr. fariña
30 gr. auga
A puntiña dun coitelo de fermento seco de panadería (vahiné)
Masa
250 grs. fariña de forza
125 grs. auga
Media cullerada de aceite de oliva
O que queda do sobre de fermento seco (de vahiné)
5 grs. sal
Todo o prefermento
Máis aceite de oliva para pintar a masa.


En castellano
Ingredientes: (para dos panes medianos)
Prefermento:
50 gr. harina
30 gr. agua
La puntita de un cuchillo de levadura seca de panadería (vahiné)
Masa
250 grs. harina de fuerza
125 grs. agua
Media cucharada de aceite de oliva
Lo que queda del sobre de levadura de panadería seca (de vahiné)
5 grs. sal
Todo el prefermento
Más aceite de oliva para pintar la masa.


Elaboración
Prefermento:
Mestúrase o fermento coa fariña, e logo incorpórase a auga. Mesturar ben e deixar repousar ata que dobre de tamaño, tapado, nun lugar sen correntes. (Eu deixeino, a 1ª vez, dúas horas a temperatura ambiente e a 2ª unha hora e media a temperatura ambiente e logo na neveira toda a noite)
Logo de sacalo da neveira tíveno a temperatura ambiente unha hora.
Masa
- Dispomos a fariña tamizada nun bol e no centro imos engadindo os demais ingredientes. Primeiro o fermento e mesturámolo coa fariña e a continuación os líquidos (auga e aceite) e o prefermento. Cando estea todo un pouco amasado incorporamos o sal. Queda unha masa bastante dura, que non se pega nada. Non a amasei demasiado, algo menos de 10 minutos.
- Fórmase unha barra e deixase repousar durante 20 minutos tapada.


- Dividir a masa en dúas partes, e con axuda do rodete trabállase cada parte por separado. Estirar a masa sobre unha superficie enfariñada en forma de rectángulo. Hilmar suxírenos que sexa de de 15 x 25 cm, pero cando rematei de estirar a miña medía bastante máis, quedoume a masa bastante fina e gustoume o resultado, quedan as capiñas máis finas.
- Cunha brocha ou os dedos, untar un pouco de aceite de oliva aprox. 10 grs. sobre toda a superficie.
- Agora vén o pregado: Esta parte para a min era a máis difícil porque non acababa de entender ben. Pero é moi sinxelo, non ten ningunha complicación. Dobramos os dous extremos cara ao centro, de modo que os extremos estreitos da masa queden no centro da mesma, fronte a fronte. A continuación dóbrase pola metade e temos 4 capas de masa.
- Selar os bordos e volver estirar co rodete. Aquí era onde eu non entendía porque me complicaba, pensando, máis ca nada en cando se fai hoxaldre, que se virar 90º, pero nada estírase a masa e listo, que quede un rectángulo e estírase no sentido que se queira. Estirar ao ancho e ao o longo ata alcanzar un rectángulo de 10 x 20 cm, o meu tiña máis medida, estirei máis. Cando estiramos sairanos un pouco de aceite, se lle pomos menos poida que non. Untar novamente a superficie co resto do aceite.
- Enrolar ao longo (os pregados deben estar pola parte máis longa do rectángulo de masa) e sélase o bordo que se colocará cara abaixo ( non se selan os lados)
- Facer un corte no centro da masa de 3 cms aprox. de profundidade, coidando deixar un par de centímetro dos bordos.


pan de hojaldre



- Deixar repousar ata que duplique o seu tamaño, estivo ao redor de 1 hora e media aprox.
- Antes de fornear, pintar cun pouquiño de aceite.
- Fornear en forno prequentado a 200º C durante 30 a 35 minutos aprox. ata que estea dourado. Púxenlle un recipiente con auga dentro do forno e o pulvericei un pouco cando metín o pan no forno.


En castellano
Elaboración
Prefermento:
Se mezcla la levadura con la harina, y luego se incorpora el agua. Mezclar bien y dejar reposar hasta que doble de tamaño.
La 1ª vez que hice los panes reposó dos horas a temperatura ambiente y la segunda reposó hora y media a temperatura ambiente y a continuación lo pasé a la nevera toda la noche. Saqué el prefermento de la nevera una hora antes de hacer la masa.
Masa
- Disponemos la harina tamizada en un bol y en el centro vamos añadiendo los demás ingredientes. Primero la levadura y la mezclamos con la harina y a continuación los líquidos (agua y aceite) y el prefermento. Cuando esté todo un poco amasado incorporamos la sal. Queda una masa bastante dura, que no se pega nada. No la amasé demasiado, algo menos de 10 minutos.
- Se forma una barra y deja reposar durante 20 minutos tapada.




- Dividir la masa en dos partes, y con ayuda del rodillo se trabaja cada parte por separado. Estirar la masa sobre una superficie enharinada en forma de un rectángulo. Hilmar nos sugiere que sea de de 15 x 25 cm, pero cuando terminé de estirar la mía medía bastante más, me quedó la masa bastante fina y me gustó el resultado, quedan las capitas más finas.
- Con una brocha o los dedos, untar un poco de aceite de oliva aprox. 10 grs. sobre toda la superficie.
- Ahora viene el plegado: Esta parte para mi era la más difícil porque no acababa de entender bien. Pero es muy sencillo, no requiere ninguna complicación. Doblamos los dos extemos hacia el centro, de modo que los extremos estrechos de la masa queden en el centro de la misma. A continuación se dobla por la mitad y tenemos 4 capas de masa.
- Sellar los bordes y volver a estirar con el rodillo, Estirar a lo ancho y al lo largo hasta alcanzar un rectángulo de 10 x 20 cm, el mío tenía más medida, estiré más. Cuando estiramos nos saldrá un poco de aceite, si le ponemos menos puede que no. Untar nuevamente la superficie con el resto del aceite.
- Enrollar a lo largo y se sella el borde que se colocará hacia abajo ( no se sellan los lados)
- Hacer un corte en el centro de la masa de 3 cms aprox. de profundidad, cuidando dejar un par de centímetro de los bordes.
- Dejar reposar hasta que duplique su tamaño, estuvo alrededor de 1 hora y media aprox.
- Antes de hornear, pintar con un poquito de aceite.
- Hornear en horno precalentado a 200 C durante 30 a 35 minutos aprox. hasta que esté dorado. Le puse un recipiente con agua dentro del horno y lo pulvericé un poco cuando metí el pan en el horno.

Algo digno de ser comentado: Hice el pan dos veces. En la primera usé una harina comprada en una panadería y en la 2ª usé harimsa. Se ve que la primera absorbe más líquido porque era una masa mucho más compacta que la segunda, con la misma cantidad de líquido. Casi me gustó más trabajar con la primera porque a la hora de estirar y aplicar el aceite responde mejor y es más manejable, la más blanda complica más ese manejo, aunque no es nada difícil, pero comparando prefiero la primera.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...