Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a.... Amosar todas as publicacións

10/05/2025

AS FAMILIAS CONTAN EN 5ºI

Esta semana comezamos a actividade "As familias contan", actividade promovida pola biblioteca para fomentar a lectura na comunidade educativa.
O mércores e o venres tivemos as visitas de Ruth e Anadrea, as nais de Lucas e Naira, que nos viñeron a contar dous fermosos contos.




12/04/2025

OBRADOIRO DE TEATRO

En Infantil seguimos investigando e aprendendo de teatro, proxecto que nos acompaña  todo o curso escolar. Nesta ocasión, as actrices Ana Budiño e Sé Paredes estiveron onte coas nenas e nenos de infantil facendo un obradoiro de teatro.



18/03/2025

CONTACONTOS NA BIBLIO

Onte tivemos a sorte de gozar da compañia da profe Olalla González, escritora de moitos contos.
 Nesta ocasión contounos as historias dos Chibos chibóns e Garavanciño.





 
 
 

11/03/2025

Actuación Migallas

Este venres, 14 de marzo, ás 17h,dentro do programa Lectura e familias, gozaremos na biblioteca do colexio, co espectáculo "O libro máxico", do grupo Migallas.


 

23/01/2025

Aprendemos sobre teatro

Este luns, recibimos a Borja, o monitor do Plan Madruga, que nos fixo o favor de contarnos un pouco sobre o mundo do teatro; e trouxo de visita a " Loli" a dos "Bolechas", e a outro amigo seu para que vísemos como funcionaba o mundo dos títeres.
Pasamos unha xornada moi divertida. Moitas grazas Borja.



 

16/10/2024

Contacontos de Paula Carballeira

 Que gran éxito tivo Paula Carballeira na sesión de contacontos!!

Paula, coas súas dotes interpretativas, levounos a bosques tenebrosos e aos mares de Xapón para rematar cunha pantasma na Illa de Cortegada.

Esta gran actriz, escritora e contacontos fixo as delicias do público pequeno, mediano e grande na nosa biblioteca.

Moitas grazas familias pola vosa participación!




14/11/2023

Proxecto tartarugas: visita na aula

 A semana pasada tivemos unha sorpresa moi especial na clase de 4º de infantil. Visitounos Fran, o pai de Pepe, e as súas tartarugas, Donatello e Michelangelo. 

Como estamos investigando de tartarugas, aproveitamos para ver as partes do corpo, como camiñan e nadan, démoslles de comer, aprendemos canto son 20 cos dedos (son os anos que teñen), e poidemos comprobar que teñen o caparazón moi duro. 

Grazas Pepe e Fran, por compartir con nós esta experiencia!!!


22/03/2019

VISITA DO VETERINARIO

ESTA SEMANA RECIBIMOS A PEDRO, O VETERINARIO, QUE VEU  EXPLICARNOS DE QUE TRATA O SEU TRABALLO. 
FÍXONOS MOITA ILUSIÓN DESPOIS DE TODO O QUE INVESTIGAMOS DOS CANCIÑOS, E DÁMOSLLE AS GRAZAS POLO SEU TEMPO E AS SÚAS EXPLICACIÓNS.





10/03/2019

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

ESTE ANO, POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA RECIBIMOS NO COLEXIO A NOELIA PÉREZ, ENTRENADORA DE TAEKWONDO EN MOAÑA, QUE CO SEU CINTO NEGRO NOS DEIXOU A TODO ABRAIADOS/AS COA DEMOSTRACIÓN QUE FIXO.
EXPLICOUNOS O SEU TRABALLO E COMO CHEGOU A CONSEGUILO, DÁNDOLLE IMPORTANCIA  A FORMARSE E ESTUDIAR DURO PARA CONSEGUIR NO FUTURO O TRABALLO QUE MÁIS NOS GUSTE.




20/01/2019

COMPOSTAXE INFANTIL

O alumnado de 6º de Infantil participou este venres nunha actividade de compostaxe infantil, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. O título da actividade é "Quen vive aí?". Rocío, a monitora da actividade, explicounos de onde sae o COMPOST ou "terra máxica", como lle chamou ela, e a importancia dos composteiros.
No obradoiro xogamos a facer maxia con material de refugallo, fixemos parellas con Ecocol, a súa mascota, plantamos con "terra máxica", visualizamos un vídeo,... e aprendemos un montón de cousas interesantes.
Agora xa sabemos o que pasa na composteira que temos no noso colexio e que pasa cos restos orgánicos que botamos na nosa papeleira verde. 



29/11/2018

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS

Esta semana, na clase de 6º de infantil,  recibimos a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Estabamos entusiasmados coa visita, xa que este trimestre estamos investigando a tope sobre os canciños e elas están facendo un labor importantísimO cos nosos "amigos".
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os "mimos" que tiñamos gardados para ela.
Explicáronnos o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender os cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...
GRAZAS POLA VOSA VISITA O POLO IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!

04/11/2015

VISITA NA CLASE DAS BOLBORETAS

Onte tivemos unha visita moi especial na nosa clase. Veu o pai de Martiño, Álvaro, a explicarnos cousas sobre as bolboretas e as eirugas. Aprendemos que tanto as eirugas como as bolboretas non teñen ósos; que teñen uns buracos no seu corpo, chamados espiráculos, que lles serven para respirar (nome que xa coñeciamos porque os golfiños tamén os teñen); que é e para que serve a espiritrompa das bolboretas; etc.




MOITAS GRAZAS, ÁLVARO!!!

10/12/2014

VISITA DOS BOMBEIROS

O venres visitaronnos no colexio os bombeiros, ensinaronnos os camións, a enorme escaleira que teñen, as mangueiras e o seu uniforme. Foi unha experiencia estupenda para os peques. O sábado 13 e o sábado 20 de decembro, de 11:00 a 13:30, os bombeiros do Morrazo organizan unhas xornadas de portas abertas para todas aquelas familias que queiran visitar as súas instalacións, no Polígono Castiñeiras, en Bueu.

02/04/2014

VISITAS POÉTICAS NA CLASE DOS UNICORNIOS

ONTE, CANDO ESTABAMOS NA CLASE DE INFORMÁTICA RECIBIMOS UNHA AGRADABLE VISITA: OS NENOS E NENAS DE 2º VIÑERON RECITARNOS UNHA  POESÍA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.












 E HOXE, NA NOSA HORA DE LER, VIÑERON OS NENOS E NENAS DE 5º E RECITÁRONNOS UNHA DE HELENA VILLAR JANEIRO. 









           FIXÉRONO  DE MARABILLA!!!

    ENCÁNTANNOS AS VISITAS E AS POESÍAS!!!








13/02/2014

NOVA VISITA POÉTICA ÓS UNICORNIOS

HOXE  VIÑERON OS NENOS E NENAS DE 4º Á NOSA CLASE E DÉRONNOS OS BOS DÍAS CUN PRECIOSO POEMA DE XOSÉ LOIS GARCÍA: O NENO E O XABARÍN.

                                                   -XABARÍN, XABARÍN
                                                    QUE FAS NO MEU XARDÍN?

                                                  - BUSCO UN BRINQUEDO
                                                    NESTE LINDO ARBOREDO.

                                                  - BRINQUEMOS NO ARREDOR
                                                          A XABARÍN E CAZADOR.

                                                        - EU NON 
                                                          GOSTO DA GUERRA
                                                          SÓ QUERO PAZ NESTA TERRA.

                                                        - XABARÍN, XABARÍN
                                                          TOCARÁS NO MEU VIOLÍN?

                                                        - NESTE LUGAR DE SOIDADE
                                                          FAREMOS A NOSA AMISTADE.
                                          (  XOSÉ LOIS GARCÍA )


QUE BEN O FIXERON!
ENCÁNTANNOS ESTAS VISITAS!

11/02/2014

VISITA SORPRESA NA CLASE DOS UNICORNIOS

ESTA MAÑÁ ,CANDO ESTABAMOS NA HORA DE LER,RECIBIMOS UNHA VISITA INESPERADA :
OS NENOS E NENAS DE 4º VIÑÉRONNOS DAR OS BOS DÍAS DUNHA MANEIRA MOI ESPECIAL: RECITÁNDONOS UNHA FERMOSA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

                                             VENTOS

                     Que veña o vento fungón,
                     Que lle quero pero preguntar
                     A cor dos ollos das nubes,
                     A cor dos ollos do mar.
                     Eu coido que son azuis
                     Verdes, grises, de cristal,
                     Mais calquera cor que teñan
                     Será sempre a cor da paz.

                  ( Antonio García Teijeiro )





                                              MOITAS GRAZAS!
                               ENCANTOUNOS!!!

02/06/2013

Comémonos aos tres porquiños!

Que ben o pasamos o venres! María, a nai de Mateo B. e Conchi, a súa tía, ademais de traernos o conto dos 3 Porquiños narrado por Mateo e o seu pai, ensináronnos a decorar unhas magdalenas con fondant, unha especie de plastilina que se pode comer! Despois de abrandar o fondant estirámolo coa axuda dos rolos da plasti (ben lavadiños, por suposto) e comezamos a crear os nosos propios porquiños e porquiñas! Mirade que chulos nos quedaron!



MOITAS GRAZAS POR VIR!

17/05/2013

Limoada coa avoa de Adrián

Que sorte teñen estas Tartarugas! Este luns foi un día cargado de emocións: as Chicharras léronnos o seu conto Cabeza de Cabaza, foi o cumple de Luca e viu a avoa de Adrián a facer con nós limoada! Pero non so iso, ademais contóunos moitas cousas interesantes sobre os limóns e toooodas as cousas que se poden facer con eles!


29/04/2013

Contos e cancións coa familia de Adriana!

Vaia sorte teñen estas tartarugas! Hoxe viñeron contarnos o conto da Ratiña Presumida a nai e a irmá de Adriana. Tanto nos gustou que lles diciamos: outra vez, outra vez! Tamén cantamos con elas a canción de Para dormir a un elefante. Pasámolo moi ben! E antes de marchar déronnos unhas moedas riquísimas de chocolate como as que atopuo a ratiña!










Moitas grazas por vir!
Cando queirades podedes volver!

28/04/2013

Mariscamos coa avoa de Claudia!

O venres viu visitarnos a familia de Claudia, a súa avoa e o seu pai. A avoa é mariscadora e ensinounos moitísimas cousas: os aparellos, como se empregan, berberechos, diferentes clases de ameixas, navallas,... Ata nos achegou un trociño de praia para que puideramos facer as nosas primeiras prácticas como mariscadores e mariscadoras! Ao rematar, o pai de Claudia contounos un pequeno conto que eles mesmos fixeron sobre o cultivo da ameixa.
Encantounos!
Moitas grazas por vir e, xa sabedes, podedes volver cando queirades!