Representantes de asociacións de deseño de todo o Estado reuníronse en Estremadura durante o 14 ENAD

A cidade de Mérida acolleu a celebración do Encuentro Nacional de Asociaciones de Diseño de 2026. Foi o segundo ENAD organizado por DIEX (Asociación de Diseñadores de Extremadura) no que será o último ano da súa presidencia en READ (Red Española de Asociaciones de Diseño). O evento, que se estendeu desde o 22 ao 24 de outubro, procuraba unha reflexión colectiva sobre o deseño que se produce fóra dos espazos metropolitanos ou centros tradicionais de cultura e economía.