O deseño social protagoniza a participación de READ na Dutch Design Week
O grupo de traballo From Spain With Design (FSWD), en colaboración co Ministerio de Cultura, leva a Eindhoven unha representación do deseño estatal e galego con proxectos enfocados na inclusión, a colaboración comunitaria e a sensibilización fronte ás violencias machistas.
Representantes de asociacións de deseño de todo o Estado reuníronse en Estremadura durante o 14 ENAD
A cidade de Mérida acolleu a celebración do Encuentro Nacional de Asociaciones de Diseño de 2026. Foi o segundo ENAD organizado por DIEX (Asociación de Diseñadores de Extremadura) no que será o último ano da súa presidencia en READ (Red Española de Asociaciones de Diseño). O evento, que se estendeu desde o 22 ao 24 de outubro, procuraba unha reflexión colectiva sobre o deseño que se produce fóra dos espazos metropolitanos ou centros tradicionais de cultura e economía.
A LUGA 2026 anuncia os doce carteis premiados, os 300 seleccionados e unha cita en Pontevedra
A exposición da segunda edición da LUGA Poster Biennale inaugurarase o 10 de decembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. A mostra reunirá os traballos premiados e unha selección dos 300 carteis mellor valorados polo xurado. O programa de actividades da xornada inaugural incluirá a entrega de premios, conferencias e unha exposición monográfica.
Gráficas en Negro reúnese en Avilés para avanzar en novos proxectos
Do 2 ao 4 de outubro, o equipo de GEN, que se integra en READ, celebrou en Avilés o seu segundo encontro presencial. O grupo de traballo, no que participan as nosas socias Uqui Permui e Paula Cantero, continuou traballando nun dos seus proxectos en marcha, que xa ten nome: «Lo que no vemos».
Chega o outono e trae un novo socio: Daniel Portela
Hoxe presentamos a Daniel, un profesional con sobrada experiencia e coñecementos en deseño audiovisual e corporativo, que de seguro haberá compartir con nós. Coa súa incorporación á DAG sumamos novos perfiles vencellados ao audiovisual. Benvido!
Setembro arranca coa presentación dun novo socio: Rodri Silva
As artes gráficas e o deseño van unidos no camiño de Rodri Silva. A súa traxectoria profesional nace dunha vocación presente xa na súa infancia, como el mesmo nos conta. Hoxe é o director creativo do estudio Hother, onde desenvolve proxectos de deseño gráfico e web. Benvido!
Convocatoria aberta para participar na LUGA Poster Biennale 2026
O certame internacional de cartelismo celebra a súa segunda edición reafirmándose como unha plataforma para a exploración do cartel como soporte para a comunicación e a experimentación. Poden presentarse carteis realizados entre setembro de 2024 e setembro de 2026.
Xa está en marcha a terceira tempada do Rexistro Sonoro de AR\DE
O pódcast do Arquivo do Deseño Galego está de estrea, novos capítulos verán a luz nos próximos meses. Os dous primeiros, que teñen como protagonistas as deseñadoras Patricia Portela e Zeltia Iglesias, xa se poden escoitar na web de AR\DE e en Spotify.
As asociacións profesionais unidas ante o proceso de designación da dirección do CGAC
As asociacións profesionais máis representativas do sector das artes visuais do contexto autonómico e estatal, presentan recurso administrativo contra o procedemento de provisión da dirección do CGAC polo sistema de libre designación.
A Asociación Galega de Deseño renova a Directiva, novas ideas e traballo colectivo
O pasado 20 de xuño, durante a asemblea anual celebrada en Santiago de Compostela, aprobouse a constitución da Xunta Directiva para o bienio 2026–2028. Co impulso de dúas décadas de traxectoria, no ano do seu 20º aniversario, a DAG inicia unha nova etapa. O equipo asume o compromiso de reforzar as redes profesionais e conectar o deseño con novos públicos.
Seminario 14x14 en Casa RIA
Un espazo para dialogar sobre o papel do deseño na sociedade contemporánea e a súa relación co territorio, a produción, a cultura e a cidadanía.
Tempo de premios e recoñecementos
Nestes días vimos de coñecer que varios socios e socias levaron premios en diferentes certames nacionais e internacionais: Brandor, Laus, Pelikanor, ISDA, VAND, Círculo Fortuny e Delta.