moral
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /mɔˈɾal/ (AFI)
moral (sg: moral; pl: morais)
- Conxunto de normas, regras, posicionamentos ou consensos que rexen ou xulgan o comportamento ou a conduta das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc
- Disciplina que estuda os actos humanos en relación cos conceptos do ben e do mal.
- Estado de ánimo no que se encontra unha persoa ou colectividade nun momento dado.
- Boa disposición para a acción, ánimo, entusiasmo, enerxía emocional, confianza, espírito de vitoria.
- Conxunto das facultades e funcións do entendemento ou da mente, en contraste coas físicas ou do corpo.
- Parte final, conclusión, mensaxe que se deduce dun relato, fábula, exemplo, discurso, etc.
- Sinónimos: sentenza.
moral (sg: moral; pl: morais)
- Que pertence ou concirne aos costumes ou condutas.
- Que pertence ou concirne ás normas ou principios que determinan o bo comportamento ou a diferenza entre o bo e o malo, dentro dunha sociedade, grupo ou época.