Saltar ao contido

Alcedinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de marzo de 2017 ás 15:30 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (top: Arranxos varios)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Os alcedinos (Alcedines) son unha suborde de aves Coraciiformes coñecidos popularmente coma picapeixes ou martiños peixeiros; coñécense unhas 90 especies clasificadas en tres familias estreitamente vencelladas. Caracterízanse por obter o seu alimento mergullándose en ríos e regatos e atrapando pequenos peixes, para o que fican pousados nalgunha póla até ver a súa presa.

Até 1990 considerábanse parte dunha mesma familia, os Alcedinidae. Estudos cromosómicos levaron a reclasificalos en tres familias, mais a análise cladística indica que os tres son monofiléticas respecto das restantes familias dos coraciformes, polo que se lles asignou unha suborde de seu.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]