Saltar ao contido

Alan MacDiarmid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíacatedrático Editar o valor en Wikidata
Alan MacDiarmid

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Alan Graham MacDiarmid Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Masterton, Nova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 2007 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Drexel Hill, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, caída de altura Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaArlington Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Vitoria de Wellington
Universidade de Cambridge
Hutt Valley High School (pt) Traducir
Sidney Sussex College (en) Traducir
Universidade de Wisconsin-Madison
Weir House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, enxeñeiro, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Pensilvania
Universidade de Wisconsin-Madison
Universidade de St Andrews
University of Texas at Dallas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: MacDiarmid-31 Find a Grave: 20057798 Editar o valor en Wikidata

Alan Graham MacDiarmid, nado o 14 de abril de 1927 en Masterton, Nova Zelandia e finado o 7 de febreiro de 2007 en Drexel Hill, Pensilvania (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe neozelandesa galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Química pola Universidade de Wiscosin en 1953 e pola de Cambridge en 1955. Ese mesmo ano ingresou como profesor asociado na Universidade de Pensilvania e, en 1964 obtivo a súa praza de profesor numerario. É titular da cátedra Blanchart de Química nesa mesma universidade, cargo que ocupa desde 1988.

Tivo catro fillos do seu primeiro matrimonio con Marian, falecida en 1990. MacDiarmid casou despois con Gayl Gentile. Faleceu debido a unha síndrome mielodisplásica.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Os seus estudos sobre os polímeros orgánicos condutores comezaron en 1975, ano en que contactou co doutor Hideki Shirakawa, do Instituto de Tecnoloxía de Toquio. Desde entón mantivo unha estreita colaboración con el, así como co doutor Alan Heeger, físico da Universidade de Pensilvania.

Nos últimos intres da súa vida os seus intereses científicos céntranse no polímero condutor máis importante desde o punto de vista tecnolóxico, a polianilina, así como nos polímeros orgánicos fotoemisores. Publicou máis de 600 artigos científicos nas máis prestixiosas revistas e é posuidor de máis de vinte patentes no campo dos polímeros orgánicos condutores, especialmente do poliacetileno e a polianilina.

Foi galardoado con numerosos premios, entre os que destacan o Premio en Materiais Químicos outorgado pola American Chemical Society (Sociedade Americana de Química (en galego)), que obtivo en 1999. No ano 2000 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución ao desenvolvemento da Ciencia e as aplicacións dos polímeros orgánicos con capacidade para conducir a corrente eléctrica, premio compartido co físico estadounidense Alan J. Heeger e o químico xaponés Hideki Shirakawa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ahmed H. Zewail
Premio Nobel de Química

2000
con
Alan J. Heeger
e
Hideki Shirakawa
Sucesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless