Bukkake
Bukkake (ぶっかけ?) é un acto sexual en grupo representado no cine pornográfico, onde unha serie de homes toman quendas para exacular sobre unha persoa, xa sexa home ou muller.[1][2][3][4] A práctica ten fortes connotacións de humillación sexual. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou traga o seme, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar. Tamén é moi frecuente que exaculen no seu rostro. As escenas de bukkake son relativamente comúns nos filmes pornográficos contemporáneos. Orixinario do Xapón na década de 1980, o xénero espallouse a Norte América e a Europa.
Etimoloxía
Bukkake é unha palabra que provén do verbo xaponés bukkakeru (ぶっ掛ける, lanzar ou rociar auga),[5] e significa "lanzar", "salpicar" ou "chapuzar".[3][6][7] O verbo composto pódese descompoñer nun prefixo e nun verbo: butsu (ぶつ) e kakeru (掛ける). Butsu é un prefixo derivado do verbo "buchi" que significa literalmente "golpear", pero o seu uso é de intensificador do verbo.[8]
Kakeru, dependendo do contexto significa ducharse ou verter. A palabra bukkake emprégase a miúdo no xaponés para describir o derramamento de auga con forza de abondo para salpicar ou chapuzar. Por outra banda, o termo bukkake emprégase no Xapón para describir un tipo de prato no que o caldo quente se verte enriba dos fideos, como udon bukkake e o bukkake soba.
Recepción
Diversos autores describiron esta práctica como a premisa da humillación. A psicóloga forense Karen Franklin describiu o bukkake como unha violación grupal simbólica, caracterizándose por ter como propósito primario a humillación, a degradación e a cousificación da muller.[9] Lisa Jean Moore e Juliana Weissbein ven o uso da exaculación no bukkake como parte do ritual de humillación, destacando ademais que esta práctica non contempla a experiencia do orgasmo das mulleres que participan nela.[10] A activista feminista antipornografía Gail Dines describe o impacto dun home exaculando na face ou corpo dunha muller, levado a un extremo a través do bukkake por involucrar a varios homes, como "un dos máis degradantes actos no porno".[11]
Notas
- ↑ Paul, Pamela (8 de agosto de 2006). Owl Books, ed. Pornified: How Pornography Is Damaging Our Lives, Our Relationships, and Our Families. p. 61. ISBN 978-0-8050-8132-9.
- ↑ Eric Partridge, Tom Dalzell, Terry Victor (2006). Taylor & Francis, ed. The New Partridge Dictionary of Slang and Unconventional English: A-I. p. 288. ISBN 0-415-25937-1.
- ↑ 3,0 3,1 Tom Dalzell (2008). Taylor & Francis, ed. The Routledge Dictionary of Modern American Slang and Unconventional English. p. 138. ISBN 0-415-37182-1.
- ↑ Alba H. Gonzalez Reyes (xaneiro-marzo 2003). University of Veracruz, ed. "La pornografia: ficcion y violencia sim sobre los cuerpos" (PDF). La Palabra y el Hombre (The Word and the Man) (en Spanish) (Veracruz). p. 81. ISSN 0185-5727. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2015.
- ↑ The (Almost) Complete Japanzine Dictionary of Japan Sex Arquivado 07 de xullo de 2012 en Wayback Machine., Jon Wilks, Japanzine
- ↑ Paul Baker (29 de abril de 2004). Continuum International Publishing Group, ed. Fantabulosa: The Dictionary of Polari and Gay Slang. p. 90. ISBN 978-0-8264-7343-1. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
- ↑ Moore, Lisa Jean (2010). Routledge, ed. Everyday pornography. London New York. p. 77. ISBN 9780415543781. Preview.
- ↑ Shogakukan (ed.). "ぶち【打ち】". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2009. Consultado o 15 de xullo de 2010.
- ↑ Franklin, Karen (2004-04). "Enacting masculinity: Antigay violence and group rape as participatory theater". Sexuality Research and Social Policy (en inglés) 1 (2): 25–40. ISSN 1868-9884. doi:10.1525/srsp.2004.1.2.25. Consultado o 24 de abril de 2020.
- ↑ Moore, Lisa (1 de xullo de 2007). NYU Press, ed. Sperm Counts: Overcome by Man's Most Precious Fluid. NY. p. 256. ISBN 978-0-8147-5718-5.
- ↑ Gail Dines (1 de xullo de 2010). Beacon Press, ed. Pornland: How Porn Has Hijacked Our Sexuality. p. xxiv. ISBN 978-0-8070-4452-0. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2011.