Saltar ao contido

El Compostelano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Compostelano

Editar o valor en Wikidata
Fundación2 de febreiro de 1920
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 3841
editar datos en Wikidata ]

El Compostelano foi un xornal que se publicou en Santiago de Compostela entre 1920 e 1946.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Sucedeu a El Correo de Galicia cando este pasou á propiedade de Moreno Fildey. Fundado por Ramón Díaz-Varela Ituarte e Juan Moreno Tilve, apareceu o 2 de febreiro de 1920 co subtítulo de Diario independiente. Desde o 2 de marzo de 1938 adoptou o de Diario gubernamental que mantivo ata o 6 de marzo. En 1939 volveu cambialo por Diario al servicio de España. Finalmente tivo o subtítulo de Diario de la tarde dende o 25 de outubro de 1945. Entre os seus directores figuraron Santiago Maiz Eleizegui e Emilio Merino Losada. Periódico conservador, durante a guerra civil declarouse abertamente partidario do bando franquista. Cesou a súa publicación co número 7.795 o 30 de xaneiro de 1946. O xornal La Noche continuou nese ano coa numeración de El Compostelano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]