El Compostelano
El Compostelano | |
---|---|
Fundación | 2 de febreiro de 1920 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Compostelano foi un xornal que se publicou en Santiago de Compostela entre 1920 e 1946.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Sucedeu a El Correo de Galicia cando este pasou á propiedade de Moreno Fildey. Fundado por Ramón Díaz-Varela Ituarte e Juan Moreno Tilve, apareceu o 2 de febreiro de 1920 co subtítulo de Diario independiente. Desde o 2 de marzo de 1938 adoptou o de Diario gubernamental que mantivo ata o 6 de marzo. En 1939 volveu cambialo por Diario al servicio de España. Finalmente tivo o subtítulo de Diario de la tarde dende o 25 de outubro de 1945. Entre os seus directores figuraron Santiago Maiz Eleizegui e Emilio Merino Losada. Periódico conservador, durante a guerra civil declarouse abertamente partidario do bando franquista. Cesou a súa publicación co número 7.795 o 30 de xaneiro de 1946. O xornal La Noche continuou nese ano coa numeración de El Compostelano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Compostelano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. pp. 533–534. ISBN 84-7492-489-8.