Saltar ao contido

Salon (páxina web)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de xullo de 2018 ás 21:33 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Arranxos varios)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Logotipo de Salon.

Salon.com (a miúdo chamado simplemente Salon), é unha revista dixital, con contido actualizado todos os días da semana. Forma parte de Salon Media Group. A política dos Estados Unidos é o seu principal obxectivo, pero abrangue unha gran variedade de temas. Os comentarios e artigos sobre música, libros e filmes tamén son unha característica salientable do sitio. A sede de Salon atópase no centro de San Francisco. O seu actual editor en xefe é Joan Walsh.

A revista Salon abrangue unha variedade de temas. A política dos Estados Unidos é un dos principais temas nos que se centra. Ten recensións e artigos sobre música, libros, e filmes. Tamén conta con artigos acerca da "vida moderna", incluídas as relacións e o sexo. Abarca tamén á tecnoloxía, con especial atención ós movementos de software libre/código aberto.

Salón foi sempre un sitio interactivo en certa medida. O concepto "salon" é levado á práctica en dous foros de debate abertos exclusivamente ós subscritores en liña, Salon Table Talk e WELL.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]