Cnut de Northumbria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | valor descoñecido |
Rei de Northumbria | |
900 (Gregoriano) – 905 (Gregoriano) ← Sichfrith Jarl (en) – Aethelwold aetheling → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Cnut, foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 905, datas deducidas pola moedas atopadas.
Moedas atopadas
[editar | editar a fonte]En 1840 atopouse un grupo de máis de 8.000 moedas, o chamado tesouro de Cuerdale (Lancashire). Delas había unhas 3000 coa inscrición en latín KNVT REX[1][2]. No reverso das moedas había varias inscricións: nalgunhas poñía ELFRED REX (rei Alfred), o que indica que Cnut foi contemporáneo de Alfredo o Grande; noutras aparecía o nome dun rei anterior, Siefredus. A secuencia das moedas indicaba que Cnut gobernara nun período posterior a Siefredus, entre o 900 e o 905. Tamén se deduciu que Siefredus fora o sucesor de Guthred, e que gobernara entre o 895 e 900. Os nomes de Cnut e Siefredus aparecen xuntos nalgunhas moedas, quizais indicando que gobernaron conxuntamente durante un tempo[3].
Identificación
[editar | editar a fonte]É difícil engadir detalles biográficos ao que se coñece polas moedas de Cnut, xa que non é mencionado en ningunha bibliografía da súa época[3]. O historiador Alfred Smyth propuxo que Cnut podería ser o personaxe do mesmo nome que aparece mencionado en sagas nórdicas dos séculos XIII e XIV. Nestas dise que Cnut foi un rei de Northumbria de orixe danesa[4]. Tamén se suxeriu que Cnut podería ser outra forma do nome Guthfrith, gobernante de Northumbria do cal non se teñen atopado moedas. Outra hipótese proposta por Cannon e Hargreaves é que Cnut é o cognome de Siefredus[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ullditz 2014, p. 199–200.
- ↑ Logan 2005, p. 141.
- ↑ 3,0 3,1 Downham 2007, p. 79–80.
- ↑ Smyth 1975, p. 47—52.
- ↑ Cannon & Hargreaves 2009, p. 64–65.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cannon, John; Hargreaves, Anne (26 March 2009). The Kings and Queens of Britain. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-158028-4.
- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Logan, F. Donald (2005). The Vikings in History. Taylor & Francis. ISBN 978-0-415-32756-5.
- Robin, Jim; Smith, Sharon; MacDonald, Fiona; Margeson, Susan M.; Edgeworth, Louise. The Vikings. CUP Archive.
- Smyth, Alfred P. (1975). Scandinavian York and Dublin: the history and archaeology of two related Viking kingdoms. Templekieran Press.
- Ullditz, Per (19 May 2014). 1016 The Danish Conquest of England. BoD – Books on Demand. ISBN 978-87-7145-720-9.