Eadberht de Northumbria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | 19 de agosto de 768 ↔ 20 de agosto de 768 Catedral de Iorque, Reino Unido (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de Iorque (pt) |
Rei de Northumbria | |
737 – 758 ← Ceolwulf de Northumbria – Oswulf de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Leodwaldings (en) |
Fillos | Oswine of Northumbria, Osgifu, Oswulf de Northumbria |
Pai | Eata |
Irmáns | Egberto de York |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Eadberht, finado o 20 de agosto de 768, foi rei de Northumbria de 737 ou 738 a 758.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi irmán de Ecgbert, arcebispo de York. O seu reinado é visto como un retorno ás ambicións imperiais de Northumbria e puido representar un período de prosperidade económica. Afrontou oposición interna de dinastías rivais e polo menos dous rivais reais ou potenciais foron asasinados durante o seu reinado. En 758 abdicou a favor do seu fillo Oswulf e entrou como monxe en York.
Orixes
[editar | editar a fonte]Eadberht converteuse en gobernante de Northumbria tras a segunda abdicación do seu primo Ceolwulf, que entrou no mosteiro en Lindisfarne. A diferenza da súa primeira abdicación de Ceolwulf, na que interveu a forza, esta segunda, a favor de Eadberht, pode que fose voluntaria[1].
Eadberht fillo de Eata era descendente de Ida de Bernicia a través dos seus fillos, Ocga (Crónica anglosaxoa e Anglian colection) ou Eadric (Historia Brittonum). A rama familiar á que pertenceu Eadberht recibía o nome de Leodwaldingas, polo seu avó, e avó de Ceolwulf, Leodwald fillo de Ecgwulf. A xenealoxía dá ao pai de Eadberht, Eata, o cognomen de Glin Mawr[2].
Northumbria
[editar | editar a fonte]Eadberht parece que tivo que afrontar a oposición de familias rivais ao longo do seu reinado. Eardwine, probabelmente fillo de Eadwulf, e avó do rei futuro rei Eardwulf, foi asasinado en 740[3]. En 750 Offa, fillo de Aldfrith foi sacado do santuario de Lindisfarne e asasinado tras un asedio, mentres que o bispo Cynewulf de Lindisfarne, que presumibelmente apoiara a Offa, foi destronado e detido en York[4]. A importancia de fundacións relixiosas nas loitas políticas e familiares en Northumbria é aparente. A familia de Eardwine está asociada con Ripon, Offa e Ceolwulf con Lindisfarne, e Hexham parece apoiar reis e nobres enfrontados con Lindisfarne[5]. Eadberht, aínda así, como irmán do arcebispo de York, gozou do apoio do máis grande prelado de Northumbria.[6]
O reinado de Eadberht viu grandes reformas no tema da cuñaxe, e algunhas moedas mencionan ao rei Eadberht e ao arcebispo Ecgberht. Kirby conclúe que "as indicacións son que Eadberht traía prosperidade nova ao seu reino"[7]. Unha carta enviada polo papa Paulo I a Eadberht e Ecgberht, ordenándolles devolver as terras tomadas ao abade Fothred, e entregada ao seu irmán Moll, presumibelmente o futuro rei Æthelwald Moll, suxire que Eadberht tentou recuperar algúns dos vastos territorios doados á igrexa en reinados precedentes[8].
Veciños
[editar | editar a fonte]Kirby suxire que "ocorrera evidentemente un resurximento das ambicións norteñas do século sétimo entre os northumbrianos na corte de Eadberht".
O primeiro rexistro dos esforzos de Eadberht para recrear este dominio aparece en 740, o ano da morte de Earnwine. Infórmase dunha guerra entre pictos e Northumbria, durante a que Æthelbald de Mercia, aproveitou a ausencia de Eadberht para saquear as súas terras. A razón para esta guerra é incerta, pero Woolf suxire que estea relacionada co asasinato de Earnwine. O pai de Earnwine estivera exiliado no norte tras a súa derrota na guerra civil de 705–706, e poida ser que o rei picto Óengus, ou Æthelbald, ou ambos, tentasen situalo no trono de Northumbria[9].
En 750, Eadberht conquistou a chaira de Kyle e en 756, atacou xunto ao rei Óengus aos britanos de Alt Clut:
- No ano da encarnación do Señor 756, o rei Eadberht no décimo oitavo ano do seu reinado, e Unust, rei dos pictos dirixiron os seus exércitos á cidade de Dumbarton. E por iso os britanos aceptaron termos alí, no primeiro día do mes de agosto. Pero no décimo día do mesmo mes pereceu case o exército enteiro que dirixa de Ouania a Niwanbirig[10].
Aquel Ouania é moi probabelmente a actual Govan, pero a localización de Newanbirig non está tan clara[11]. A pesar de que hai moitos Newburghs, o máis probábel é que se trate de Newburgh-upon-Tyne, preto de Hexham. Unha interpretación alternativa dos acontecementos de 756 identifica Newanbirig con Newborough preto de Lichfield no reino de Mercia. Unha derrota aquí para Eadberht e Óengus polos mercianos de Æthelbald correspondería coas lendas da fundación de Santo André de que un rei chamado Óengus fillo de Fergus fundou a igrexa alí como acción de grazas a Santo André por salvalo despois dunha derrota en Mercia[12].
Abdicación
[editar | editar a fonte]Eadberht abdicou en 758, entrando ao mosteiro dependente da catedral de York. A súa morte alí en 768 consta na crónica de Simeón de Durham. A súa Historia da Igrexa de Durham rexistra que Eadberht foi enterrado no soportal da catedral, xunto ao seu irmán Ecgberht, que morrera en 766.
O seu fillo Oswulf sucedeuno, pero foi asasinado antes dun ano[13]. Aínda así, o marido da súa filla Osgifu, Alhred converteuse en rei, e os descendentes de Eadberht, como Ælfwald, fillo de Oswulf e Osred, fillo de Osgifu, disputaron o trono de Northumbria até finais do século. O último descendente coñecido de Eadberht é o fillo de Osgifu, San Alhmund, asasinado en 800 por orde de Eardwulf, e reputado como mártir[14].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kirby, p. 149; Yorke, Kings, p. 88.
- ↑ HB, c. 61.
- ↑ Kirby, pp. 150 & 154; Yorke, Kings, p. 89.
- ↑ Higham, pp. 148–149; Kirby, p. 150; York, Kings, p. 89.
- ↑ Higham, p. 149; Yorke, Conversion, pp. 242–243.
- ↑ Campbell, p. 103.
- ↑ Kirby, p. 150.
- ↑ Yorke, Kings, p. 91.
- ↑ Woolf, p. 37.
- ↑ After Forsyth, p. 29.
- ↑ Forsyth, pp. 29–30; Woolf, p. 39.
- ↑ Woolf, pp. 39–40.
- ↑ Un posible segundo hijo, Oswine, mirió en batalla el 6 de agosto de 761 en rebelión contra Æthelwald Moll; Marsden, pp. 232–233.
- ↑ Kirby, p. 151; Yorke, Kings, p. 90, table 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Campbell, James, The Anglo-Saxon State. Londres: Hambeldon, 2000. ISBN 1-85285-176-7
- Forsyth, Katherine. "Evidence of a lost Pictish source in the Historia Regum Anglorum" in Simon Taylor (ed.) Kings, clerics and chronicles in Scotland, 500–1297: essays in honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the occasion of her ninetieth birthday. Dublin: Four Courts Press, 2000. ISBN 1-85182-516-9
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3
- Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. ISBN 1-85626-055-0
- (HB) Morris, John (ed. & tr.), Nennius: British History and The Welsh Annals. Londres: Phillimore, 1980. ISBN 0-85033-297-4
- Woolf, Alex, "Onuist son of Uurguist : tyrannus carnifex or a David for the Picts ?" in David Hill & Margaret Worthington (eds.) Aethelbald and Offa : two eighth-century kings of Mercia (British Archaeological Reports, British series, no. 383). Oxford: Archaeopress, 2005. ISBN 1-84171-687-1
- Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8
- Yorke, Barbara. The Conversion of Britain: Religion, Politics and Society in Britain c. 600–800. Londres: Longman, 2006. ISBN 0-582-77292-3