Saltar ao contido

Comarca de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComarca de Ferrol
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°30′N 8°06′O / 43.5, -8.1
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalFerrol Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación151.822 (2020) Editar o valor en Wikidata (243,52 hab./km²)
Xeografía
Superficie623,45 km² Editar o valor en Wikidata

Concellos da comarca de Ferrol:
1. Ares
2. Cedeira
3. Fene
4. Ferrol
5. Moeche
6. Mugardos
7. Narón
8. Neda
9. San Sadurniño
10. As Somozas
11. Valdoviño

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,45 km² e conta cunha poboación de 151.822 habitantes no 2020, distribuídos en 11 concellos.[1]

Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:

  • Os concellos bañados pola ría de Ferrol: Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda. Moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
  • Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
  • A terceira consiste en Cedeira.

En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Padrón municipal 2020 151.822 habitantes[1]
Menores de 15 anos 18.365 (12,10%)
Entre 16 e 64 anos 92.495 (60,92%)
Maiores de 65 anos 40.962 (26,98%)

Concellos

[editar | editar a fonte]

Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
  1. 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2021. Consultado o 2021-04-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1986. Catalogación arqueolóxica da Ría de Ferrol. Sada, Museo Arqueolóxico Provincial - Concello de A Coruña (Monografía urxentes do Museu, 2).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]