Carl Ludwig Blume
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1796 Braunschweig, Alemaña |
Morte | 3 de febreiro de 1862 (65 anos) Leiden, Países Baixos |
Cargos Director do Rijksherbarium | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, entomólogo, micólogo, ilustrador científico, profesor universitario, pteridólogo, briólogo, coleccionista de plantas |
Empregador | Universidade de Leiden, Q26203895 . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1831–1862) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Blume |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Carl Ludwig Blume (en neerlandés Karel Lodewijk Blume), nado en Braunschweig (Alemaña) o 9 de xuño de 1796 e finado en Leiden (Países Baixos) o 3 de febreiro de 1862, foi un naturalista e botánico alemán-neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Leiden (na que tamén foi profesor) e pasou a súa vida profesional traballando nas Indias Orientais Neerlandesas, especialmente na illa de Xava, e nos Países Baixos, onde foi o director do Rijksherbarium (Herbario do Estado) en Leiden. Levou a cabo uns extenso estudos da flora do sur de Asia, particularmente da illa de Xava. Ademais de botánico, tamén foi entomólogo.[1]
O seu nome preséntase ás veces en neerlandés, como Karel Lodewijk Blume, pero a forma alemá é a máis amplamente utilizada nos textos botánicos.
Desde 1823 a 1826 Blume foi o subdirector de agricultura no xardín botánico de Bogor (en neerlandés Buitenzorg) en Xava.
En 1818 foi elixido membro da Academia alemá das Ciencias Naturais Leopoldina.[2] En 1827 foi elixido membro correspondente do Real Academia da Artes e das Ciencias dos Países Baixos.[3] E en 1855, elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca de Ciencias.
Blume planeou, xunto con Philipp Franz von Siebold, a fundación da "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw" (Real Sociedade Neerlandesa para o Avance da Horticultura), que comezou os seus traballos en 1842.[4]
Carl Ludwig Blume mantivo correspondencia durante un tempo con Charles Darwin.
Estudou e describiu numerosos xéneros de orquídeas.
Obra
[editar | editar a fonte]- "Catalogus van eenige der merkwaardigste zoo in- als uitheemse gewassen, te vinden in 's Lands Plantentuin te Buitenzorg" opgemaakt door C. L. Blume, M.D., Directeur van voorz. tuin. s.l. n.d. (Catálogo de algunhas plantas nativas e exóticas en Buitenzorg) Batavia 1823
- Tabellen en Platen voor de Javaansche Orchideen. 1825
- Bijdragen tot de flora van Nederlandsch Indië... (Contribucións á flora das Indias Neerlandesas) 1825-1827
- Enumeratio plantarum Javae et insularum adjacentium 1827-1828
- Flora Javae nec non insularum adjacentium... Arquivado 31 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (con J. B. Fischer) 1828-1858
- "Rumphia, Sive Commentationes Botanicae imprimis de Plantis Indiae Orientalist, Lugdunu-Batavorum", Ámsterdam, Bruxelas e París, 1835-1848. 4 vv.
- Museum botanicum lugduno-batavum..., 1849-1857
- Flora Javae et insularum adjacentium nova series 1858-1859
- "Collection des Orchides les plus remarquables de l’Archipel Indien et du Japon". Ámsterdam, 1858. Con texto e gravados fidedignos en cor.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- Xéneros
- (Asteraceae) Blumea DC.[5]
- (Bombacaceae) Blumea Rchb.[6]
- (Loranthaceae) Blumella Tiegh.[7]
- Revista
- Revista científica Blumea.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Blume emprégase para recoñecer a Carl Ludwig Blume como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eckhard K. Groll: "Blume, Karl Ludwig" en Biographies of the Entomologists of the World.
- ↑ Carl Ludwig von Blume Arquivado 07 de xullo de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Leopoldina.
- ↑ "Carl Ludwig Blume (1796 - 1862)". Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ IPNI: "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw".
- ↑ Guill. Arch. Bot. ii. 1833 514 (IK)
- ↑ Consp. Regn. Veg. 209 1828 (IK)
- ↑ Bull. Soc. Bot. France 42: 441 1895 (IK)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carl Ludwig Blume |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carl Ludwig Blume |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Científicos de Alemaña
- Científicos dos Países Baixos
- Botánicos dos Países Baixos
- Botánicos de Alemaña
- Entomólogos de Alemaña
- Entomólogos dos Países Baixos
- Alumnos da Universidade de Leiden
- Profesores da Universidade de Leiden
- Escritores en lingua latina
- Escritores en lingua neerlandesa
- Escritores en lingua francesa
- Nados en 1796
- Nados en Braunschweig
- Finados en 1862