Casa Trinxet
A casa Trinxet foi un edificio obra de Josep Puig i Cadafalch localizado na rúa Còrsega 268 de Barcelona. Foi construído entre 1902 e 1904 e foi derrubado en marzo de 1967 entre fortes protestas do sector cultural e dos profesionais da arquitectura, cunha grande atención polos medios de comunicación.
Tratábase dunha obra de transición do período modernista cara ó racionalista do arquitecto Puig i Cadafalch cunha imaxe claramente influída pola sezession e con influencia de Olbrich.[1] Se ben a estrutura e distribución eran pouco sofisticadas e baseábanse na domus romana, a actividade do equipo de artesáns habitual do arquitecto (Homar, Arnau, Rigalt, Ballarin e Juyol) fora tan intensa e rica como a que se pode ver noutras obras contemporáneas do autor como o palau del Baró de Quadras ou a casa Amatller. Neste caso, e por razóns familiares do propietario, elixiuse ó xove Joaquim Mir cunhas pinturas murais abraiantes e innovadoras.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Trinxet |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agrupació d'Arquitectes Urbanistes (2007). Ricard Pié i Ninot, ed. Aportacions catalanes en el camp de la urbanística i de l'ordenació del territori, des de Cerdá als nostres dies. ISBN 8472839281.
- Camps, Teresa (1999). "Relació de mecenatge entre Avel·li Trinxet i el pintor Joaquim Mir". En L'Abadia de Montserrat. Miscel·lània en homenatge a Joan Ainaud de Lasarte. pp. 219–224. ISBN 8478269703.
- Cirici, Alexandre (1951). Aymá, ed. El arte modernista catalán: concepto de lo modernista (en castelán).
- Fabre i Fornaguera, Jaume (2003). L'Abadia de Montserrat, ed. Els que es van quedar: 1939--Barcelona, ciutat ocupada. ISBN 8484155382.