Castropol
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Castropol | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.289 (2023) (26,15 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.322 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 125,77 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 31 m | ||||
Punto máis baixo | Mar Cantábrico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Francisco Javier Vinjoy Valea (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33760, 33768, 33769, 33778 e 33794 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33017 | ||||
Sitio web | castropol.es | ||||
Castropol é un concello asturiano galegofalante,[1][2][3] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.
A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «castropolego»[4] ou «castropolés».
Parroquias
[editar | editar a fonte]O concello de Castropol abrangue nove parroquias:[5] Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.
Demografía
[editar | editar a fonte]Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).
Gráfica de evolución demográfica de Castropol[6] entre 1842 e 2021 |
Historia
[editar | editar a fonte]A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.
Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.
Política
[editar | editar a fonte]Dende 1979, o partido que máis tempo ten gobernado foi PSOE, en 7 das 9 lexislaturas.
Partido político | 1979 | 1983 | 1987[7] | 1991[7] | 1995[7] | 1999[7] | 2003[7] | 2007[7] | 2011[8] | 2015[9] | 2019[10] | 2023[7] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PSOE | 0 | 8 | 8 | 8 | 7 | 5 | 6 | 8 | 7 | 6 | 6 | 3 |
CD / AP / PP | 0 | 2 | 2 | 4 | 5 | 5 | 5 | 3 | 3 | 4 | 5 | 3 |
PCE / IU-BA / IU-Los Verdes | 0 | 0 | 0 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | 0 |
FAC | 1 | 0 | ||||||||||
UCD / CDS | 1 | 0 | 3 | 0 | 0 | |||||||
URAS / URAS-PAS | 1 | 0 | 0 | |||||||||
Independentes | 12 | 3 | ||||||||||
Castropol Avante | 5 | |||||||||||
Total | 13 | 13 | 13 | 13 | 13 | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 |
Alcaldes no período democrático:
Castropol na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ A Veiga, de folgazais,/ Ribadeo, de señoritos [11][12][13].
- Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ Ribadeo, de folgazais,/ e a Veiga, de señoritos[14][15].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista de Castropol desde Ribadeo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Asturias | Parroquias de Castropol | |
---|---|
Balmonte | Barres | Castropol | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez Bouza, José A. (1996). El Gallego. LINCOM Europa. p. 1. ISBN 9783895860126.
- ↑ Carrasco González, Juan M.; Viudas Camarasa, Antonio, eds. (1996). Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera: Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994 1. Universidade de Extremadura. p. 283. ISBN 9788477232377.
- ↑ Fernández Rei, Francisco (1994). "Delimitación xeográfica e características lingüísticas do galego de Asturias". Britonia. Revista de Estudios da Terra Navia-Eo (1): 123–137. ISSN 1134-900X.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 36. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ "Parroquias - Ayuntamiento de Castropol". www.castropol.es. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 1 de outubro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Dirección General de Política Interior
- ↑ "Elecciones Locales 2011". Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2019. Consultado o 28 de maio de 2011.
- ↑ "Elecciones Locales 2015". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 14 de maio de 2024.
- ↑ "Resultados electorales Castropol 2019".
- ↑ Castropol é concello asturiano da Ría de Ribadeo; As Figueiras é unha parroquia de Castropol; Ribadeo é concello de Lugo e os da Veiga son os veciños dos arredores da boca do río Eo.
- ↑ Fermín Bouza Brey: “Ditos referentes a xentes e pobos” en Nós 45, 15.09.1927, 13; no texto: folgazáis.
- ↑ Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo” en Nós 1933, 118, 208).
- ↑ Recollida en Taramundi (Asturias).
- ↑ Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988, vol. IV, 396a.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5.