Saltar ao contido

Castropol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastropol
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°31′40″N 7°01′48″O / 43.527706, -7.030103
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalCastropol Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.289 (2023) Editar o valor en Wikidata (26,15 hab./km²)
Número de fogares1.322 (2011) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie125,77 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude31 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoFrancisco Javier Vinjoy Valea (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33760, 33768, 33769, 33778 e 33794 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33017 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcastropol.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: ayuntamientodecastropol Editar o valor en Wikidata

Castropol é un concello asturiano galegofalante,[1][2][3] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. En 2022 tiña 3288 habitantes, 710 menos ca en 2005.

A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O xentilicio é «castropolego»[4] ou «castropolés».

Vista de Castropol desde a capela de San Miguel, en Ribadeo, coa enseada da Lieira á esquerda e a ría de Ribadeo por medio.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo
Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo

O concello de Castropol abrangue nove parroquias:[5] Balmonte, Barres, Castropol, As Figueiras, Moldes, Piñeira, Presno, Seares e Tol.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 3 288 habitantes (INE 2022).

Gráfica de evolución demográfica de Castropol[6] entre 1842 e 2021

A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.

Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.

Política

[editar | editar a fonte]

Dende 1979, o partido que máis tempo ten gobernado foi PSOE, en 7 das 9 lexislaturas.

Resultados das elecciónes municipais en Castropol
Partido político 1979 1983 1987[7] 1991[7] 1995[7] 1999[7] 2003[7] 2007[7] 2011[8] 2015[9] 2019[10] 2023[7]
PSOE 0 8 8 8 7 5 6 8 7 6 6 3
CD / AP / PP 0 2 2 4 5 5 5 3 3 4 5 3
PCE / IU-BA / IU-Los Verdes 0 0 0 1 1 0 0 0 0 1 0 0
FAC 1 0
UCD / CDS 1 0 3 0 0
URAS / URAS-PAS 1 0 0
Independentes 12 3
Castropol Avante 5
Total 13 13 13 13 13 11 11 11 11 11 11

Alcaldes no período democrático:

Francisco Javier Vinjoy ValeaFrancisco Javier Vinjoy ValeaJosé Ángel Pérez GarcíaJuan Calvo-Sotelo Ibáñez-MartínDomingo Martínez FernándezDomingo Martínez Fernández
[editar | editar a fonte]
  • Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ A Veiga, de folgazais,/ Ribadeo, de señoritos [11][12][13].
  • Castropol, corral de vacas,/ As Figueiras, de cabritos,/ Ribadeo, de folgazais,/ e a Veiga, de señoritos[14][15].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Asturias | Parroquias de Castropol

Balmonte | Barres | Castropol | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol

  1. Pérez Bouza, José A. (1996). El Gallego. LINCOM Europa. p. 1. ISBN 9783895860126. 
  2. Carrasco González, Juan M.; Viudas Camarasa, Antonio, eds. (1996). Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera: Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994 1. Universidade de Extremadura. p. 283. ISBN 9788477232377. 
  3. Fernández Rei, Francisco (1994). "Delimitación xeográfica e características lingüísticas do galego de Asturias". Britonia. Revista de Estudios da Terra Navia-Eo (1): 123–137. ISSN 1134-900X. 
  4. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 36. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  5. "Parroquias - Ayuntamiento de Castropol". www.castropol.es. Consultado o 2020-02-01. 
  6. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 1 de outubro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Dirección General de Política Interior
  8. "Elecciones Locales 2011". Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2019. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  9. "Elecciones Locales 2015". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 14 de maio de 2024. 
  10. "Resultados electorales Castropol 2019". 
  11. Castropol é concello asturiano da Ría de Ribadeo; As Figueiras é unha parroquia de Castropol; Ribadeo é concello de Lugo e os da Veiga son os veciños dos arredores da boca do río Eo.
  12. Fermín Bouza Brey: “Ditos referentes a xentes e pobos” en Nós 45, 15.09.1927, 13; no texto: folgazáis.
  13. Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo” en Nós 1933, 118, 208).
  14. Recollida en Taramundi (Asturias).
  15. Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988, vol. IV, 396a.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]