Centro de Estudios Sociales Germinal
Centro de Estudios Sociales Germinal | |
---|---|
Tipo | organización e institución educativa |
Data de fundación | 1902 |
Data de disolución | 1936 |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro de Estudios Sociales Germinal foi unha institución fundada en 1902 por varios grupos de orientación libertaria e federalista da Coruña.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Agrupaba distintas asociacións anarquistas, republicanas e sindicais baixo o principio da convivencia de persoas con diferentes ideas. Entre os seus animadores figuraron membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo como José Sanjurjo Rodríguez e Marcial Lores, republicanos como Eduardo Corral ou federais como Eduardo López Budén. O seu obxectivo era favorecer a educación das clases populares da cidade. Nas súas directivas abundaban sindicalista da CNT de recoñecido prestixio como Juan Nó Iglesias, Benito Couceiro, Manuel Montes Don e Jacinto Méndez, xunto con persoas independentes de ideas progresistas como Luís Huici. O centro colaborou coa Universidade Popular dende 1906, grazas ao labor de intelectuais como Uxío Carré Aldao. Chegou a ter máis de 700 socios e unha biblioteca con máis de 8000 libros. A institución desapareceu co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e os partidarios do alzamento queimaron os seus fondos nas proximidades da Dársena da Coruña.
Entre 1904 e 1905 editou o periódico bimensual Germinal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 57–58. ISBN 84-87783-79-1.
- Pereira Martínez, Carlos; Romero Masiá, Ana (2003). Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura Obreira na Coruña, 1902-1936). Betanzos: Briga. ISBN 84-932734-2-2.