Saltar ao contido

José Sanjurjo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Sanjurjo Rodríguez
Biografía
Nacemento1866 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Sada, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

José Sanjurjo Rodríguez, nado na Coruña en 1866 e finado en Sada o 26 de febreiro de 1946,[1] foi un sindicalista e político anarquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fundou con Marcial Lores e Benito Cadavid o grupo anarquista Ni Dios ni Amo, e fíxose cargo da segunda época de El Corsario. Defendeu a actividade societaria dos anarquistas no Certame Socialista Libertario de La Plata (1898). Foi promotor dos colectivos La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento (1897) do que foi o primeiro presidente e Centro de Estudios Sociales Germinal (1902). Participou no obreirismo coruñés como alicerce da Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901) e en 1906 foi un dos representantes obreiros que asinou coa patronal o primeiro convenio colectivo da Coruña. Participou en case todos os actos públicos anticlericais da Coruña e foi colaborador do suplemento da Revista Blanca (1901), Germinal e Coruña Moderna. Publicou os folletos Aclaraciones (1904), Abnegación (1925), El hereje (1925) e El nudo gordiano (1931). Tamén confeccionou un Método de lectura graduada para a Escola Laica de La Atocha en 1905. Durante a Guerra civil foi internado no campo de concentración da illa de San Simón. Finou en Castelo (Sada) aos 79 anos.

  1. La Voz de Galicia, 1-3-1946, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]