Club dos 27
Club dos 27 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos entre 1969 e 1971 á idade de 27 anos, o que naquela época suscitou algúns comentarios. Pero foi trala morte de Kurt Cobain en 1994 cando comezou a incorporarse na percepción pública a idea dun "club dos 27". |
O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos[1], moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio[2].
Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual[3][4][5].
O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais. Fixéronse varias exposicións dedicadas á idea, así como novelas, películas e obras de teatro[6][7][8][9][10]. Houbo moitas teorías e especulacións diferentes sobre as causas de tales mortes precoces e as súas posibles conexións. O biógrafo de Kurt Cobain e Jimi Hendrix, Charles R. Cross, escribe: "O número de músicos que morreron ós 27 anos é realmente notable para calquera padrón considerado. [Inda que] os humanos morran regularmente a tódalas idades, hai un pico estatístico para os músicos que morren ós 27"[11].
Orixe do termo
[editar | editar a fonte]Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos á idade de 27 anos entre 1969 e 1971. A coincidencia suscitou naquela época algúns comentarios[12][13], pero a idea dun "club dos 27" comezou a incorporarse na percepción pública dúas décadas e media máis tarde, trala morte de Kurt Cobain[11].
Segundo o biógrafo de Hendrix e Cobain, Charles R. Cross, a importancia crecente dos medios de comunicación –Internet, televisión e revistas– e a resposta da nai de Kurt Cobain nunha entrevista son, asemade, responsables de tales teorías. Refírese Cross a un belisco das declaracións feitas pola nai de Cobain, Wendy Fradenburg Cobain O'Connor, no xornal The Daily World de Aberdeen, Washington: –"Agora que se foi e se uniu a ese estúpido club. Díxenlle que non se unira a ese estúpido club", aludindo segundo Cross, a Hendrix, Joplin e Morrison, finados á mesma idade[14]. Outros autores comparten a súa opinión[15]. Emporiso, Josh Hunter e Eric Segalstad, autor de 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll, entenden que a nai de Kurt Cobain se refire á morte de seu tío e seu tío-avó, falecidos ámbolos dous a consecuencia do suicidio[16]. Conforme Cross, os acontecementos levaron a un "conxunto de teorías da conspiración [que suxiren a] noción absurda de que Kurt Cobain preparou á mantenta a súa morte para formar parte do club dos 27"[11].
Cando Amy Winehouse morreu no ano 2011 á idade de 27, dezasete anos despois da morte de Kurt Cobain, houbo novamente grande atención por parte dos medios de comunicación relacionada con este asunto[17]. O que fora seu asistente persoal Alex Haines, afirmou trala morte de Winehouse que tres anos antes ela lle confesara o temor de falecer a esa idade[18].
Estudos científicos
[editar | editar a fonte]Un estudo publicado no British Medical Journal en decembro de 2011 concluíu que non había un incremento no risco de morte para os músicos á idade de 27 anos. Aínda que os músicos incluídos na mostraxe afrontaban un risco de morte maior entre os 20 e os 30 anos, mais isto non o limitaba ós 27[3]. Unha pescuda non formal consultando automaticamente os datos da Wikipedia (vía DBpedia) no 2012 chegou efectivamente á mesma conclusión: "Ben pode haber un club dos 27 de músicos malditos, pero o club dos 74 é máis popular"[19]. Un artigo en The Independent do ano 2015 confirma tamén a evidencia estatística que os músicos populares non son máis propensos a morrer á idade de 27[20].
Referencias na música
[editar | editar a fonte]A canción 28, de John Craigie do seu álbum Montana Tale, é sobre o club. Os tres versos refírense á morte de Jim Morrison, Janis Joplin e Kurt Cobain, respectivamente.
Fai referencia ó asunto a canción 27 Forever de Eric Burdon, do seu álbum de 2013 ′Til Your River Runs Dry[21].
O nome da canción 27 Club de letlive, do seu disco The Blackest Beautiful refírese ó club[22].
O oitavo álbum de estudio de Magenta, The Twenty Seven Club, fai alusión directa ó club. Cada canción é un tributo a algún membro do club[23][24].
O título da canción 27 de Fall Out Boy do seu álbum Folie à Deux refírese ó club. A canción explora os estilos de vida hedonista comúns no rock and roll. Pete Wentz, o letrista principal de Fall Out Boy, escribiu a canción porque sentía que estaba vivindo unha vida perigosa similar[25].
Membros identificados co club dos 27
[editar | editar a fonte]Nome | Data da morte | Causa oficial da morte | Aptitudes | Idade | Referencias ó club dos 27 |
---|---|---|---|---|---|
Alexandre Levy | 17 de xaneiro de 1892 | Descoñecida | Compositor, pianista e director | 27 anos e 98 días | [26] |
Louis Chauvin | 26 de marzo de 1908 | Esclerosis neurosifilítica | Músico de ragtime | 27 anos e 13 días | [26][27] |
Robert Johnson | 16 de agosto de 1938 | Envelenamento (estricnina [non atribuído]) | Guitarrista e cantante de blues | 27 anos e 100 días | [26][27][28][29][30][31] |
Nat Jaffe | 5 de agosto de 1945 | Complicacións derivadas da hipertensión arterial | Pianista de swing jazz | 27 anos e 216 días | [26] |
Jesse Belvin | 6 de febreiro de 1960 | Accidente de automóbil | Cantante, pianista e compositor de R&B | 27 anos e 53 días | [26][27][29] |
Rudy Lewis | 20 de maio de 1964 | Sobredose | Vocalista de The Drifters | 27 anos e 271 días | [30] |
Joe Henderson | 24 de outubro de 1964 | Ataque ó corazón | Cantante de gospel e R&B | 27 anos e 183 días | [32] |
Malcolm Hale | 31 de outubro de 1968 | Envelenamento (monóxido de carbono) | Membro orixinal e guitarrista da banda Spanky and Our Gang | 27 anos e 166 días | [26][29] |
Dickie Pride | 26 de marzo de 1969 | Sobredose (somníferos) | Cantante de rock and roll | 27 anos e 156 días | [33] |
Brian Jones | 3 de xullo de 1969 | Afogamento[34] (o informe forense afirma que "a morte foi a causa dun infortunio")[35] | Fundador dos Rolling Stones, guitarrista e multi-instrumentalista | 27 anos e 125 días | [26][27][29][30][31][36] |
Alexandra | 31 de xullo de 1969 | Accidente de automóbil | Vocalista de schlager alemán | 27 anos e 73 días | [37] |
Alan "Blind Owl" Wilson | 3 de setembro de 1970 | Sobredose (barbitúricos), posible suicidio | Líder, cantante e principal compositor de Canned Heat | 27 anos e 61 días | [26][27][29][30][31] |
Jimi Hendrix | 18 de setembro de 1970 | Asfixia no seu propio vómito (tralo consumo de barbitúricos)[38] | Pioneiro da guitarra eléctrica, cantante e compositor de The Jimi Hendrix Experience e Band of Gypsys | 27 anos e 295 días | [26][27][29][30][31][36] |
Janis Joplin | 4 de outubro de 1970 | Sobredose (probablemente heroína)[39] | Vocalista e compositora de Big Brother and the Holding Company, Kozmic Blues Band e Full Tilt Boogie Band | 27 anos e 258 días | [26][27][29][30][31][40] |
Arlester "Dyke" Christian | 13 de marzo de 1971 | Asasinado | Líder, vocalista e baixista de Dyke and the Blazers | 27 anos e 273 días | [26] |
Jim Morrison | 3 de xullo de 1971 | Insuficiencia cardíaca[41] | Cantante, letrista e líder de The Doors | 27 anos e 207 días | [26][27][29][30][31][36] |
Linda Jones | 14 de marzo de 1972 | Complicacións derivadas da diabetes | Cantante de soul | 27 anos e 91 días | [42] |
Leslie Harvey | 3 de maio de 1972 | Electrocución | Guitarrista de Stone the Crows | 27 anos e 233 días | [27][29][31] |
Ron "Pigpen" McKernan | 8 de marzo de 1973 | Hemorraxia gastrointestinal | Membro fundador, teclista e cantante de Grateful Dead | 27 anos e 181 días | [26][27][29][30][31] |
Roger Lee Durham | 27 de xullo de 1973 | Feridas producidas ó caer dun cabalo | Cantante e percusionista de Bloodstone | 27 anos e 163 días | [26][29] |
Wallace "Wally" Yohn | 12 de agosto de 1974 | Accidente de aviación | Organista de Chase | 27 anos e 212 días | [26] |
Dave Alexander | 10 de febreiro de 1975 | Edema pulmonar | Baixista de The Stooges | 27 anos e 252 días | [26][27][29][30][31] |
Pete Ham | 24 de abril de 1975 | Suicidio por aforcamento | Teclista e guitarrista, líder de Badfinge | 27 anos e 362 días | [26][27][29][30][31] |
Gary Thain | 8 de decembro de 1975 | Sobredose (heroína) | Baixista de Uriah Heep e da Keef Hartley Band | 27 anos e 207 días | [26][27][29][30] |
Cecilia | 2 de agosto de 1976 | Accidente de automóbil | Cantante | 27 anos e 296 días | [43][44] |
Helmut Köllen | 3 de maio de 1977 | Envelenamento (monóxido de carbono) | Baixista da banda de prog rock Triumvirat | 27 anos e 62 días | [26][29] |
Chris Bell | 27 de decembro de 1978 | Accidente de automóbil | Cantante, compositor e guitarrista da banda de power pop Big Star, tamén como solista | 27 anos e 349 días | [26][27][29] |
Zenon De Fleur | 17 de marzo de 1979 | Accidente de automóbil e complicacións médicas subsecuentes | Guitarrista de The Count Bishops | 27 anos e 189 días | [45][46] |
Jacob Miller | 23 de marzo de 1980 | Accidente de automóbil | Cantante de reggae de Inner Circle | 27 anos e 324 días | [27][30] |
D. Boon | 22 de decembro de 1985 | Accidente de automóbil | Guitarrista e cantante da banda de punk Minutemen | 27 anos e 266 días | [26][27][29][31] |
Alexander Bashlachev | 17 de febreiro de 1988 | Caída dende as alturas, probable suicidio | Poeta, músico de rock e compositor | 27 anos e 266 días | [43] |
Jean-Michel Basquiat | 12 de agosto de 1988 | Sobredose (speedball) | Pintor e artista do graffiti, formou a banda Gray | 27 anos e 234 días | [29][30][31] |
Pete de Freitas | 14 de xuño de 1989 | Accidente de motocicleta | Batería de Echo & the Bunnymen | 27 anos e 346 días | [26][27][29][30] |
Chris Austin | 16 de marzo de 1991 | Accidente de aviación | Cantante de country e guitarrista/violinista de Reba McEntire | 27 anos e 20 días | [47] |
Joey Cigainero | 16 de marzo de 1991 | Accidente de aviación | Teclista de Reba McEntire | 27 anos e 169 días | [47] |
Dimitar Voev | 5 de setembro de 1992 | Cáncer | Fundador do grupo búlgaro Nova Generacia | 27 anos e 107 días | [48] |
Mia Zapata | 7 de xullo de 1993 | Asasinada | Cantante de The Gits | 27 anos e 316 días | [26][27] |
Kurt Cobain | c. 5 de abril de 1994 | Suicidio dun disparo[49] | Fundador, cantante, guitarrista e compositor de Nirvana | c. 27 anos e 44 días | [26][27][29][30][31][40] |
Kristen Pfaff | 16 de xuño de 1994 | Sobredose (heroína) | Baixista de Hole e Janitor Joe | 27 anos e 21 días | [26][27][29][30][31] |
Richey Edwards | 1 de febreiro de 1995 | Desaparecido, oficialmente dado por morto o 3 de novembro de 2008 | Letrista e guitarrista de Manic Street Preachers | 27 anos e 41 días | [26][29][31] |
Stretch | 30 de novembro de 1995 | Asasinado | Cantante de rap | 27 anos e 236 días | [42][50] |
Fat Pat | 3 de febreiro de 1998 | Asasinado | Cantante de rap e membro de Screwed Up Click | 27 anos e 61 días | [26][27] |
Freaky Tah | 28 de marzo de 1999 | Asasinado | Cantante de rap e membro do grupo de hip hop Lost Boyz | 27 anos e 318 días | [26] |
Kami | 21 de xuño de 1999 | Hemorraxia subaracnoide | Batería de Malice Mizer | 27 anos e 140 días | [5] |
Rodrigo "El potro" | 24 de xuño de 2000 | Accidente de automóbil | Cantante de cuarteto | 27 anos e 31 días | [43] |
Sean Patrick McCabe | 28 de agosto de 2000 | Asfixia | Cantante de Ink & Dagger | 27 anos e 289 días | [26][27][29] |
Maria Serrano Serrano | 24 de novembro de 2001 | Accidente de aviación (voo 3597 de Crossair) | Segunda voz de Passion Fruit | 27 anos e 363 días | [26] |
Jeremy Michael Ward | 25 de maio de 2003 | Sobredose (heroína) | Control de son de The Mars Volta e De Facto | 27 anos e 20 días | [26][27][29] |
Jonathan Brandis | 12 de novembro de 2003 | Suicidio por aforcamento | Actor de cine e televisión | 27 anos e 213 días | [51] |
Bryan Ottoson | 19 de abril de 2005 | Sobredose (medicación prescrita) | Guitarrista de American Head Charge | 27 anos e 32 días | [26][27][29] |
Davor "Moskri" Bobić | 25 de agosto de 2005 | Sobredose | Membro fundador e cantante de Prti Bee Gee | 27 anos e 274 días | [52] |
Valentín Elizalde | 26 de novembro de 2006 | Asasinado | Cantante de banda mexicana | 27 anos e 297 días | [26] |
Amy Winehouse | 23 de xullo de 2011 | Intoxicación etílica[53] | Cantante e compositora | 27 anos e 312 días | [27][29][30][31][36] |
Richard Turner | 11 de agosto de 2011 | Paro cardíaco | Trompetista, colaborador en Friendly Fires | 27 anos e 12 días | [27][54] |
Nicole Bogner | 6 de xaneiro de 2012 | Enfermidade non desvelada | Cantante de Visions of Atlantis | 27 anos e 290 días | [55] |
Soroush "Looloosh" Farazmand | 11 de novembro de 2013 | Asasinado | Guitarrista de The Yellow Dogs | 27 anos e 11 días | [56][57] |
Slađa Guduraš | 10 de decembro de 2014 | Accidente de automóbil | Cantante de pop e actríz | 27 anos e 213 días | [58] |
Tomas Lowe | 13 de febreiro de 2016 | Accidente de automóbil | Baixista de Viola Beach | 27 anos e 70 días | [59] |
Thomas Fekete | 31 de maio de 2016 | Cáncer | Guitarrista de Surfer Blood | 27 anos e 335 días | [60] |
Anton Yelchin | 19 de xuño de 2016 | Asfixia por contusión traumática accidental[61] | Intérprete de Pavel Chekov no reboot cinematográfico Star Trek Beyond, guitarrista de The Hammerheads | 27 anos e 100 días | [62] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "After Nirvan' Show airs on Saturday 3rd April 2100–2200". BBC. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Weiss, David (22-4-2012). "Amy Winehouse & The 27 Club". Life Goes Strong. Arquivado dende o orixinal o 25-04-2012. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 3,0 3,1 British Medical Journal, ed. (Decembro do 2011). "Is 27 really a dangerous age for famous musicians? A retrospective cohort study" (Nota de prensa). Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Hirshon, Bob. "27 Club Myth". Science NetLinks. Consultado o 22-12-2106.
- ↑ 5,0 5,1 Griffen, Brendan (28-3-2014). "Music & Mortality". brendangriffen.com. Arquivado dende o orixinal o 04-02-2020. Consultado o 04-02-2020.
- ↑ Sounes, Howard (2013). 27: a history of the 27 club through the lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse (en English). ISBN 978-0-306-82168-4. OCLC 826685298.
- ↑ Owen, Michael (2012). The 27 Club: Why Age 27 Is Important. p. 152. ISBN 9780473206840.
- ↑ Segalstad, Eric (2008). The 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll. p. 96. ISBN 9780615189642.
- ↑ Milne, Sarah (2011). The Curse of 27: They Have Three Things in Common. Talent, Fame... and a Tragic Death at the Age of 27. the 27 Club. Forever 27. ISBN 9781907823220.
- ↑ "The 27 Club (Movie)".
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Charles R. Cross (22-2-2007). Seattle Post-Intelligencer, ed. "P-I's Writer in Residence Charles R. Cross explores the darker side of 'only the good die young'". Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Roberts, Nesta (10-9-1971). Flower bower. The Guardian. p. 13.
- ↑ Riordan, James; Prochnicky, Jerry (1992). Break on Through: The Life and Death of Jim Morrison. It Books. p. 416, 467. ISBN 978-0-688-11915-7.
- ↑ Cross, Charles R. (2002). Heavier Than Heaven: A Biography of Kurt Cobain (2ª ed.). Hyperion. p. 357. ISBN 978-0-7868-8402-5.
- ↑ Patterson, R. Gary. Take a Walk on the Dark Side: Rock and Roll Myths, Legends, and Curses. p. 259.
- ↑ Hunter, Josh; Segalstad, Eric (2008). The 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll. Berkeley Lake: Samadhi Creations. p. 12. ISBN 978-0-615-18964-2. Arquivado dende o orixinal o 19-09-2010. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Chaney, Jen; Hughes, Sarah Anne (23-7-2011). "Amy Winehouse, Jimi Hendrix, Kurt Cobain and the 27 Club". The Washington Post. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Duncan, Riley (28-12-2008). "Stating the Obvious, Amy Winehouse". Inquisitr.com. Arquivado dende o orixinal o 13-06-2019. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Ayers, Danny (7-3-2012). "Debunking the 27 Club with SPARQL". Arquivado dende o orixinal o 12-03-2012. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Kenny, Dianna Theodora (2-4-2015). "Why the 27 Club Is a Myth: Jimi Hendrix and Amy Winehouse May Be Members But That Doesn't Make It Real". The Independent. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Danton, Eric R. (5-2-2013). "Eric Burdon Speaks His Mind on New LP". Rolling Stone. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "The Blackest Beautiful". Sputnik music. 9-7-2013. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Verstrael, Theo; et al. (22-9-2013). "The Twenty Seven Club". Dutch Progressive Rock Page. Arquivado dende o orixinal o 28-03-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Menshikov, Vitaly (21-11-2013). "The Twenty Seven Club". Progressor. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Chick, Stevie (23-10-2008). "Chemical brothers". The Guardian. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 26,00 26,01 26,02 26,03 26,04 26,05 26,06 26,07 26,08 26,09 26,10 26,11 26,12 26,13 26,14 26,15 26,16 26,17 26,18 26,19 26,20 26,21 26,22 26,23 26,24 26,25 26,26 26,27 26,28 26,29 26,30 26,31 26,32 "The Greatest Myth of Rock & Roll". The27s.com. Arquivado dende o orixinal o 02-03-2012. Consultado o 18-12-2016.
- ↑ 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 27,13 27,14 27,15 27,16 27,17 27,18 27,19 27,20 27,21 27,22 27,23 27,24 27,25 "Forever 27 Hall of Fame". Forever27.co.uk. Consultado o 18-12-2016.
- ↑ Sullivan, James (27 de maio de 2011). "Robert Johnson Founds the '27 Club' With Devil Pact – Twisted Tales". Spinner. Arquivado dende o orixinal o 11-09-2012. Consultado o 18-12-2016.
- ↑ 29,00 29,01 29,02 29,03 29,04 29,05 29,06 29,07 29,08 29,09 29,10 29,11 29,12 29,13 29,14 29,15 29,16 29,17 29,18 29,19 29,20 29,21 29,22 29,23 29,24 29,25 O'Connor, Rob (23-7-2011). "Twenty-Seven Members of the 27 Club". Yahoo Music. Arquivado dende o orixinal o 13-10-2011. Consultado o 25-5-2016.
- ↑ 30,00 30,01 30,02 30,03 30,04 30,05 30,06 30,07 30,08 30,09 30,10 30,11 30,12 30,13 30,14 30,15 30,16 Blair, Kevin (24-7-2011). "The Forever 27 Club – Music's Growing List of Stars Who Died at 27 Years Old". StarPulse. Arquivado dende o orixinal o 01-04-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 31,12 31,13 31,14 31,15 Stopera, Dave. "The 27 Club: 15 Other Musicians Who Died at Age 27". BuzzFeed. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Sounes, Howard (2013). 27: A History of the 27 Club through the Lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse. Da Capo Press. p. 304.
- ↑ "British Musician Dickie Pride, a.k.a. Richard Charles Kneller, Dead at 27". Forever 27. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2018. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Trutv.com, ed. (10-7-1969). "All about Brian Jones, by Anthony Bruno – "Death by Misadventure" – Crime Library on". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2012. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Wyman 2002, p. 329
- ↑ 36,0 36,1 36,2 36,3 Clements, Paul (24-7-2011). "Amy Winehouse joins the 'Forever 27' club". The Daily Telegraph (Londres).
- ↑ SPIEGEL ONLINE, Hamburg, Germany (30-7-2009). "Alexandras mysteriöse Biografie". SPIEGEL ONLINE. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Brown, Tony (1997). Jimi Hendrix: The Final Days. Consultado o 22-12-2016, na páxina web The Doctor's Story.
- ↑ Hendrickson, Paul (5-5-1992). "Janis Joplin: A Cry Cutting Through Time". The Washington Post. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 40,0 40,1 Schillaci, Sophie A. (23-7-2011). "Amy Winehouse Joins Kurt Cobain, Janis Joplin in '27 Club'". The Hollywood Reporter.
- ↑ Walt, Vivienne (19-7-2007). "Postcard: Paris". Time. Arquivado dende o orixinal o 12-04-2010. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 42,0 42,1 "The Curse of 27 – Famous Celebrity Deaths". Nerdygaga.com. 3-8-2011. Arquivado dende o orixinal o 05-11-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ 43,0 43,1 43,2 Saunders, Christian (xaneiro de 2012). "The Forever 27 Club". Fortean Times. Arquivado dende o orixinal o 20-11-2014. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Cecilia murió ayer en accidente de automóvil". El País. 3-8-1976. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Sounes, Howard (2013). 27: A History of the 27 Club through the Lives of Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jim Morrison, Kurt Cobain, and Amy Winehouse. Da Capo Press. p. 384.[Ligazón morta]
- ↑ Simmonds, Jeremy (2012). The Encyclopedia of Dead Rock Stars: Heroin, Handguns, and Ham Sandwiches (2ª ed.). Chicago Review Press. p. 121–122.
- ↑ 47,0 47,1 "The Curse of 27". The Death of Rock: The Archive. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Клуб 27 всява ужас сред суеверните". 24 Часа.bg (en búlgaro). 28-7-2011. Consultado o 22-12-2016. Traducido: "O club dos 27 prende o terror nos supersticiosos". 24 Chaca.bg (24 Horas.bg).
- ↑ van Gelder, Lawrence (3-3-1998). "Footlights". The New York Times. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Stanley-Ayre, Sarah (27-2-2015). "The Myth of the 27 Club". CityPages. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "The 27 Club: A Brief History". Rolling Stone. 12-11-2013. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Pet članova Kluba 27 za koje niste znali". City Magazine (Belgrado). 7-1-2015. Arquivado dende o orixinal o 18-10-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Davies, Caroline (26-10-2011). "Amy Winehouse inquest records verdict of misadventure". The Guardian. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Smith, K. Alexander. "Richard Turner of Friendly Fires: 1984–2011". Arquivado dende o orixinal o 04-01-2020. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Nicole Bogner: Former Visions of Atlantis Singer Dead at 27". Forever 27. Arquivado dende o orixinal o 26-08-2018. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Sharma, Divya (15-1-2014). "An Addition to the 27 Club". Economy Decoded. Arquivado dende o orixinal o 23-12-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Malatji, Malla (27-1-2014). "The 27 Club". We Do It for the Love of Music. Arquivado dende o orixinal o 23-12-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Pre tragedije planirala preselenje u Beograd". RTVBN. 17-12-2014. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Grieving Young Musicians' Deaths, Lost Potential". The Miami Student. 19-2-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "Another musician dead at 27". Social News Daily. 31-5-2016. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ Mather, Kate (19-6-2016). "Anton Yelchin, actor in 'Star Trek' films, dies in freak car accident at age 27". Los Angeles Times. Consultado o 22-12-2016.
- ↑ "The curse of the '27 Club' strikes again after Star Trek actor Anton Yelchin dies". BBC. 19-2-2016. Consultado o 22-12-2016.