Saltar ao contido

Capilaridade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acción capilar»)

A capilaridade é unha propiedade dos líquidos que depende da súa tensión superficial a cal, á súa vez, depende da cohesión do líquido, e que lle confiren a capacidade de subir ou baixar por un tubo capilar.

Cando un líquido sobe por un tubo capilar, é debido a que a forza intermolecular ou cohesión intermolecular entre as súas moléculas é menor que a adhesión do líquido co material do tubo; é dicir, é un líquido que molla. O líquido segue subindo até que a tensión superficial se equilibra polo peso do líquido que enche o tubo. Así é o caso da auga, e esta propiedade é a que regula parcialmente o seu ascenso dentro das plantas, sen gastar enerxía para vencer a gravidade.

Cando a cohesión entre as moléculas dun líquido é máis potente que a adhesión ao capilar, como o caso do mercurio, a tensión superficial fai que o líquido descenda a un nivel inferior e a súa superficie é convexa.

Tubo capilar

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Tubo capilar.
Efectos de capilaridade.

A masa líquida é directamente proporcional ao cadrado do diámetro do tubo, polo que un tubo angosto succionará o líquido nunha lonxitude maior que un tubo largo. Así, un tubo de vidro de 0,1 mm de diámetro erguerá unha columna de auga de 30 cm. Canto máis miúdo é o diámetro do tubo capilar, maior será a presión capilar e a altura alcanzada. En capilares de 1 µm (micrómetro) de raio, cunha presión de succión 1,5 × 103 hPa (hectopascal = hPa = 1,5 atm), corresponde a unha altura de columna de auga de 14 a 15 m.

Dúas placas de vidro que están separadas por unha película de auga de 1 µm de espesor, mantéñense unidas por unha presión de succión de 1,5 atm. Por iso creban os portaobxectos humedecidos ao intentar separalos.

Entre algúns materiais, como o mercurio e o vidro, as forzas intermoleculares do líquido exceden ás existentes entre o líquido e o sólido, polo que se forma un menisco convexo e a capilaridade traballa en sentido inverso.

As plantas zugan auga subterránea da terra por capilaridade, aínda que as plantas máis grandes axúdanse da transpiración para desprazar a cantidade necesaria.

Lei de Jurin

[editar | editar a fonte]

A lei de Jurin define a altura que se acada cando se equilibra o peso da columna de líquido e a forza de ascensión por capilaridade. A altura h en metros dunha columna líquida está dada pola ecuación:

onde:

Ángulo de contacto.
= tensión superficial interfacial (N/m)
θ = ángulo de contacto
ρ = densidade do líquido (kg/m³)
g = aceleración debida á gravidade (m/s²)
r = raio do tubo (m)

Para un tubo de vidro no aire a nivel do mar e cheo de auga,

= 0,0728 N/m a 20 °C
θ = 0°
ρ = 1000 kg/m³
g = 9,80665 m/s²

pois, a altura da columna de auga, en metros, será:

.

Por exemplo, nun tubo de 1 mm de raio, a auga ascenderá por capilaridade uns 14 mm.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]