Alessia Rovelli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 Roma, Italia |
País de nacionalidade | Italiana |
Educación | Universidade de Roma |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, medievalista, profesora universitaria |
Premios | |
2013: Jeton de Vermeil (SFN). | |
Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, é unha numismática italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, licenciouse en Historia Medieval na Universidade de Roma La Sapienza, e especializouse na Escola Nacional de Arqueoloxía, adscrita á mesma universidade. Posteriormente doutorouse na Universidade de Florencia.[1]
Rovelli impartiru clases de Numismática Medieval na Universidade de Venecia, de Numismática Antiga na Universidade de Trieste, de Historia Monetaria do Occidente Medieval na Universidade de Roma e de Numismática da Antigüidade Tardía na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas. Finalmente, accedeu a un posto como profesora asociada de Numismática na Universidade de Tuscia en Viterbo.[1]
Entre 2003 e 2007 participou, xunto con C. Morrison e outros investigadores, nun programa de investigación sobre as emisións de prata da época carolinxia, no seo do Gabinete de Medallas de París e do Centro Ernest babelon (CNRS) de Orleáns.[1]
Entre outras publicacións, Alessia Rovelli formou parte dos comités científicos e de dirección de diversas publicacións periódicas, como a Revue Numismatique, o Journal of Archaeological Numismatics ou os Annali do Istituto Italiano di Numismática.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das abundantes referencias bibliográficas producidas por Alessia Rovelli ao longo da súa carreira:[3][4][5]
- (1995). l denaro carolingio nel Meridione d'Italia. Una discussione da riaprire. Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica 42. Páxinas 255-262.
- (2000). "Some considerations on the coinage of Lombard and Carolingian Italy" (con I. L. Hansen e C. Wickham) The long eighth century. Brill, Leiden. Páxinas 195-223.
- (2003). "I denari di Carlo Magno con la legenda +CARLVS REX FR ET LANGACPATROM e il monogramma in greco". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica 50. Páxinas 217-225.
- (2009). "Patrimonium beati Petri : emissione e circolazione monetaria nel Lazio settentrionale (XI-XIV secolo) ". En Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica 55. Páxinas 171-194.
- (2009). "Emission monétaire et administration dans le royaume d'Italie, a propos des analyses des deniers carolingiens du Cabinet des Médailles. En Revue Numismatique, 165. Páxinas 187-201.
- (2010). "Nuove zecche e circolazione monetaria tra X e XIII secolo : l'esempio del Lazio e della Toscana ". En Archeologia Medievale 37. Páxinas 163-170.
- (2011). "Le zecche nell’Italia carolingia e ottoniana. Un quadro d’insieme". En Travaini, L.; e Bazzini, M. Le zecche italiane fino all'Unità. Istituto poligrafico e Zecca dello Stato, Roma.
- (2011). "Archeologia Medievale 37". En Archeologia Medievale 37. Páxinas.163-170.Notas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Alessia Rovelli. CV". Università di Siena.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Rovelli, Alessia 1957- Arquivado 05 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Rovelli, Alessia". WorldCat Identities.
- ↑ "Alessia Rovelli". Academia.edu