Saltar ao contido

Maria Radnoti-Alföldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Radnoti-Alföldi
Biografía
Nacemento(hu) Alföldi Mária Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1926
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte7 de maio de 2022 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
País de nacionalidadeHúngara.
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (Budapest).
Q89547790Estudos de numismática Romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónarqueóloga provincial romana (pt) Traducir, historiadora, profesora universitaria, numismático, arqueóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Frankfurt Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeAladár Radnóti. Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1978: Jeton de Vermeil (SFN).
- 1982: Premio de Honra da GIG.
- 1992: Cruz do Mérito con banda da Orde do Mérito de Alemaña.
- 1995: Medalla da RNS.
- 2000: Medalla Huntington (ANS).

Maria Radnoti-Alföldi, nada en Budapest o 6 de xuño de 1926 e finada o 7 de maio de 2022, foi unha arqueóloga e numismática húngaro-alemá coñecida polas súas investigacións acerca da distribución dos achados monetarios, a historia de Roma e a representación dos emperadores romanos na moeda da Antiga Roma.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Maria era a única filla do historiador Geza Alföldi, especialista na Idade Antiga, e da súa muller, Olga. En 1944 finalizou a súa educación secundaria e entre ese ano e 1949 cursou estudos superiores na facultade deFilosofía da Universidade Eötvös Loránd. En 1947 casou co arqueólogo Aladár Radnóti (1913-1972) e comezou a traballar no Museo Nacional Húngaro ata 1957. No ano 1950 exerceu tamén a docencia na Universidade Eötvös Loránd.

Logo da represión da Revolución Húngara de 1956 o matrimonio Radnoti-Alföldi fuxiu a Viena en 1957 e desde alí posteriormente a Baviera. Nesa época, entre os anos 1957 e 1962, foi colaboradora científica nun poroxecto sobre os achados de moeda romana en Alemaña, da Sociedade Alemá de Investigación (Deutsche Forschungsgemeinschaft), que se desenvolveu en Mónaco, e nesa cidade obtivo no verán de 1961 a habilitación da Universidade Ludwig Maximilian para a nova especialidade de Numismática Antiga.

En 1962 acompañou o seu marido a Frankfurt, onde este accedeu a unha praza de profesor na Universidade Johann Wolfgang Goethe. Logo do falecemento de Aladár Radnóti en decembro de 1972, a partir do ano seguinte Maria fíxose cargo da mesma praza que o seu marido ocupara na universidade de Frankfurt. Alí, ata a súa xubilación en 1991, estivo vinculada ao Seminario para a Historia de Grecia e Roma, como profesora de Arqueoloxía Provincial Romana e Medicina Antiga. A partir da súa xubilación foi nomeada profesora emérita da Universidade Johann Wolfgang Goethe.[2]

Radnoti-Alföldi foi unha salientable especialista en numismática antiga e focalizou as súas investigacións na análise dos achados monetarios, na historia de Roma e na representación dos emperadores romanos na moeda da Antiga Roma. Entre outros, dirixiu proxectos como o de moeda da Antiga Grecia da Academia de Ciencias de Berlín-Brandeburgo, ou o de achados monetarios da Antigüidade (Fundmünzen der Antike) da Academia de Ciencias e Literatura de Maguncia, xunto con Hans-Markus von Kaenel.[3][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

A súa actividade científica foi recoñecida internacionalmente coa concesión de diversas distincións honoríficas.

Maria Radnoti-Alföldi é membro honorario da Sociedade Numismática Austríaca, da Sociedade Francesa de Numismática, do Consello Internacional de Numismática, da Sociedade Numismática Húngara e da Sociedade Húngara para os Estudos da Antigüidade.[9]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das monografías publicadas por Maria Radnoti-Alföldi ao longo da súa traxectoria:[10][11]

  • (1960): Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland. Von Zabern. ISBN 978-3805340090
  • (1963): Die Constantinische Goldprägung. Untersuchungen zu ihrer Bedeutung für Kaiserpolitik und Hofkunst. Zabern. Maguncia.
  • (1976): Dekadrachmon. Ein forschungsgeschichtliches Phänomen. Steiner. Wiesbaden. ISBN 3-515-02402-6
  • (1978): Antike Numismatik. Teil 1: Theorie und Praxis. Von Zabern. Maguncia. ISBN 3-8053-0230-4
  • (1978): Antike Numismatik. Teil 2: Bibliographie. von Zabern, Mainz 1978 (Kulturgeschichte der antiken Welt, Band 2) ISBN 3-8053-0335-1
  • (1989): Methoden der antiken Numismatik. Wissenschaftliche Buchgesellschaft. Darmstadt. ISBN 3-534-07533-1
  • (1999): Bild und Bildersprache der römischen Kaiser. Beispiele und Analysen. Von Zabern. Maguncia. ISBN 3-8053-2455-3
  • (2004): Phoenix aus der Asche. Die Liburna, ein Gründungsmonument von Constantinopolis. Steiner. Stuttgart. ISBN 3-515-08612-9
  • (2011): Die römische Wölfin. Ein antikes Monument stürzt (con E. Formigli e J. Fried:). Franz Steiner Verlag. Stuttgart. ISBN 978-3-51509876-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hans-Christoph Noeske (1991). Die Münze. Bild - Botschaft - Bedeutung. Festschrift für Maria R. Alföldi. Lang. Frankfurt. ISBN 3-631-42640-2