Arvicola amphibius
Arvicola amphibius | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arvicola amphibius en Surrey, Inglaterra | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Arvicola amphibius (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Arvicola amphibius é unha especie de mamífero placentario da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos, familia dos cricétidos e subfamilia dos arvicolinos, unha das tres integradas no xénero Arvicola.[1][2][3][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Mus amphibius.[5] (Ver a páx. 61)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Arvicola.
O epíteto específico, amphibius, fai referencia aos seus hábitos terrestres e acuáticos.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos que lle adxudicou Linneo:[5]
- Mus amphibius Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Mus terrestris Linnaeus, 1758
e mais por todos estes outros:[3]
- Arvicola abbotti Hinton, 1910
- Arvicola abrukensis Reinwaldt, 1927
- Arvicola americana Gray, 1842
- Arvicola antiquus Pomel, 1853
- Arvicola aquaticus (Cuvier, 1817)
- Arvicola aquaticus (Billberg, 1827)
- Arvicola argyropus Cabrera, 1901
- Arvicola armenius (Thomas, 1907)
- Arvicola ater (Billberg, 1827)
- Arvicola ater Macgillivray, 1832
- Arvicola bactonensis Hinton, 1926
- Arvicola barabensis (Heptner, 1948)
- Arvicola brigantium Thomas, 1928
- Arvicola cantiana Hinton, 1910
- Arvicola caucasicus Ognev, 1933
- Arvicola cernjavskii Petrov, 1949
- Arvicola chosaricus Alexandrova, 1976
- Arvicola cubanensis Ognev, 1933
- Arvicola destructor Savi, 1839
- Arvicola djukovi Ognev & Formosov, 1927
- Arvicola ferrugineus Ognev, 1933
- Arvicola fuliginosus de Sélys Longchamps, 1845
- Arvicola gracilis Heller, 1955
- Arvicola greenii Hinton, 1926
- Arvicola hintoni Aharoni, 1932
- Arvicola hunasensis Carls, 1986
- Arvicola hyperryphaeus (Heptner, 1948)
- Arvicola illyricus (Barrett-Hamilton, 1899)
- Arvicola italicus Savi, 1839
- Arvicola jacutensis Ognev, 1933
- Arvicola jenissijensis Ognev, 1933
- Arvicola kalmankensis Zažigin, 1980
- Arvicola karatshaicus (Heptner, 1948)
- Arvicola korabensis Martino, 1937
- Arvicola kuruschi Heptner & Formosov, 1928
- Arvicola kuznetzovi Ognev, 1933
- Arvicola littoralis (Billberg, 1827)
- Arvicola martinoi Petrov, 1949
- Arvicola moenana Heller, 1969
- Arvicola meridionalis Ognev, 1922
- Arvicola minor de Sélys Longchamps, 1845
- Arvicola musignani de Sélys Longchamps, 1839
- Arvicola nigricans de Sélys Longchamps, 1845
- Arvicola obensis Egorin, 1939
- Arvicola ognevi Turov, 1926
- Arvicola pallasi Ognev, 1913
- Arvicola paludosus (Linneaus, 1771)
- Arvicola persicus de Filippi, 1865
- Arvicola pertinax Savi, 1839
- Arvicola praeceptor Hinton, 1926
- Arvicola reta Miller, 1910
- Arvicola rufescens (Satunin, 1908)
- Arvicola scythicus Thomas, 1914
- Arvicola stankovici Petrov, 1949
- Arvicola tanaitica Kalabuchov & Raevsky, 1930
- Arvicola tataricus Ognev, 1933
- Arvicola taurica Ognev, 1923
- Arvicola terrestris (Linnaeus, 1758)
- Arvicola turovi Ognev, 1933
- Arvicola uralensis Egorin, 1940
- Arvicola variabilis Ognev, 1933
- Arvicola volgensis Ognev, 1933
- Arvicola weinheimensis Heller, 1952
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]Díaz d'a Silva e Cartelle chaman a esta especie rata de auga setentrional,[6] mentres que para o CCG e a SGHN o seu nome galego sería rata de auga norteña, co sinónimo rata aguadeira.[7]
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]O nome binomial aplicado é o de Arvicola amphibius, que antes foi coñecido polo sinónimo junior A. terrestris. A confusión deriva do feito de que Linneo describiu dúas especies destes animais na mesma páxina da mesma obra. Estas dúas formas agora son consideradas universalmente como a mesma especie. Recoñeceuse como A. amphibius (Linnaeus, 1758) porque a primeira fonte que uniu as dúas formas, que Linneo tratara por separado, elixiu A. amphibius, despois de integrarse Mus amphibius no xénero Arvicola, descrito en 1799 por Lacépède, como nome válido.[3][8]
Algúns autores consideran que Arvicola amphibius e Arvicola sapidus son a mesma especie, pero hoxe en xeral considéranse especies distintas.[1][2][9]
Características
[editar | editar a fonte]Arvicola amphibius é a especie de menor tamaño do xénero Arvicola. Ten o fociño máis arredondado có das ratas, chato, e os ollos son moi reducidos, e as orellas, curtas e peludas, apenas sobresaen dos pelos da cabeza. A súa pelaxe é uniforme, mesta e variábel, aínda que xeralmente e de cor parda escura polo dorso, esvaecéndose cara aos flancos e co ventre concento, outra diferenza coas ratas, presentan franxas peludas nos pés das patas anteriores, que facilitan a súa capacidade para nadar. A cola ten unha lonxitude menor que a da cabeza e o tronco.[6] A súa cor escura permítelle agocharse ben nas zonas densamente poboadas de vexetación nas que habita.[10]
A súa lonxitude alcanza entre os 14 e os 22 cm de cabeza e tronco, máis unha cola que é aproximadamente a metade desta lonxitude (12 cm de media). A súa masa corporal é variábel, segundo os informes dos autores (entre os 150 e os 280 g). É posíbel que os adultos grandes, sans e ben alimentados, teñan unha masa de 225 a 386 g.[11] Porén, estas son masas máximas. Noutros lugares, a masa corporal media rexistrouse entre os 60 e os 140 g, aínda que estas cifras inclúen individuos inmaturos.[12] A masa mínima para reproducírense con éxito e para sobreviviren no inverno é de 112 g para as femias e de 115 g para os machos.[13]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]En Europa, os individuos da especie Arvicola amphibius viven en tobos escavados nas ribeiras de ríos, regatos, canles de rego e estanques. Os tobos normalmente encótranse adxacentes a cursos de augas tranquilas e de movemento lento. Tamén viven en canavais, onde tecen niños en forma de bóla sobre o solo, se non existen terreos adecuados nos que escavar. Prefiren unha mesta vexetación ribeirá que subministra unha cobertura importante para ocultalos cando están sobre o solo adxacente ao corpo de auga. En xeral, evitan as zonas de hábitats ribeirás onde hai moito pasto ou a herba está moi pisada.[14] Estes animais poden ser desprazados pola introdución de bosques e matogueiras ribeirás, xa que prefiren hábitats de zonas húmidas máis abertas, lonxe da cuberta arbórea.[15]
Ademais de frecuentaren os hábitats típicos de zonas húmidas de terras baixas dominados por vexetación acuática marxinal, tamén encóntranse cómodos en áreas de vexetación de terras altas de turbeiras, onde utilizan canles pequenas, ríos e lagos axeitados rodeados de páramos de até os 1 000 msnm.[15][16]
Distribución
[editar | editar a fonte]A especie distribúese por toda Europa (excepto no centro e no sur de España, pero incluíndo o norte de España Pireneos e a Cornixa Cantábrica e o norte de Portugal), e na Gran Bretaña, pero non en Irlanda) e en Asia, na Federación Rusa, por Siberia até a cunca do río Lena, na República de Sakha ou Iacutia; e desde o océano Ártico polo norte até o sur do lago Baikal, chegando polo leste até os montes Tian Shan do noroeste da China (Xinjiang) e pasando polo nordeste de Irán, Iraq, norte de Israel, o Cáucaso e Turquía.[17][18][19]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia encóntrase só na serra dos Ancares,[20] nos límites con Asturias, onde é moi abundante, e a provincia de León.[7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Arvicola amphibius é un bo nadador e gabeador. En Fennoscandia e, localmente, nos Balcáns, durante os meses de inverno hibernan.[15] Pode estar activo en calquera momento, pero é máis activo ao amencer e ao anoitecer. Principalmente fitófago, aliméntase esencialmente de plantas suculentas, pero tamén consome algúns insectos, moluscos e pequenos peixes, e raíces, bulbos e tubérculos no inverno.[15][21][22]
Ambos os sexos posúen unha glándula odorifera cutánea en cada costado.[6]
A reprodución ocorre durante os meses máis calorosos do ano, e pode comezar a partir de febreiro en anos suaves (normalmente, entre marzo e outubro). O período de xestación é de 21 días. As femias teñen de 2 a 4 camadas ao ano, con de 4 a 6 crías en cada unha.[1][6][23]
Na natureza só vive uns cinco meses. A lonxevidade máxima en catividade é de dous anos e medio.[24]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Os descensos das poboacións en partes do oeste de Europa atribuíronse á perda de hábitat, a contaminación da auga, á predación por parte do visón americano e á competencia da tamén introducida Ondatra zibethicus. A fragmentación da poboación é máis acusada nas poboacións mediterráneas debido á maior aridez.[1] En Israel era unha especie común nos pantanos do Hula até que a zona se drenou en 1957, equedan uns poucos espécimes nunha área moi limitada do hábitat do pantano orixinal.[25] En Anatolia e Irán, a principal ameaza é a presión sobre o hábitat acuático para obter recursos hídricos, e a competencia causada por Rattus norvegicus (por exemplo, en Xeorxia).[1] Extincións e reducións de poboación local producíronse en Turquía, Xeorxia e outras partes desta área debido ao drenaxe do hábitat dos pantanos.[25]). Nalgunha partes considérase unha praga agrícola, e en 1980 leváronse a cabo extensas medidas de control en campos de arroz en Macedonia do Norte.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Esta especie ten unha ampla área de distribución, e considérase unha praga en partes dela. Non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se acheguen aos limiares do criterio de tamaño da poboación para incluíla na Lista vermella da UICN (é dicir, menos de 10 000 individuos maduros en combinación con descensos e cualificadores de subpoboación apropiados). Aínda que hai algúns descensos nalgúns países da zona (como Gran Bretaña, Italia e os Países Baixos), crese que a tendencia global da poboación é estábel a nivel global. Por estes motivos, a UICN avalía o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Batsaikhan, N.; Henttonen, H.; Meinig, H.; Shenbrot, G.; Bukhnikashvili, A.; Hutterer, R.; Kryštufek, B.; Yigit, N.; Mitsain, G. & Palomo, L. (2016): Arvicola amphibius na Lista vermella na UICN. Versión 2020.1. Consultada o 31 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Arvicola Lacépède, 1799 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Wilson & Reeder 2005.
- ↑ Arvicola na ADW.
- ↑ 5,0 5,1 Linnaeus, C. 1758, p. 61.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Díaz d'a Silva & Cartelle 2007, p. 160.
- ↑ 7,0 7,1 VV.AA. 1995, p. 259.
- ↑ Arvicola amphibius
- ↑ Arvicola en MSW.
- ↑ Niethammer, J. (1990): "Water Voles (Genus Arvicola)", pp. 242-245. En S. Parker, ed. Grzimek's Encyclopedia of Mammals, Volume III. Nova York, NY: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 978-0-0790-9508-4.
- ↑ Forder, V. "Ecology and Conservation of the Water Vole Arvicola terrestris amphibius" (PDF). Wildwood Trust. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de decembro de 2019.
- ↑ Saucy, F. (1994): "Density dependence in time series of the fossorial form of the water vole, Arvicola terrestris". Oikos 71 (3): 381-392.
- ↑ Yavuz Güliz; Ercüment Çolak & Teoman Kankılıç (2013): "Investigations on the Ecology of Eurasian Water Vole, Arvicola amphibius (Rodentia: Mammalia) in Ankara Province". Pakistan Journal of Zoology 45 (6): 1599-1605.
- ↑ Strachan, R. & Moorhouse, T. (2006): Water Vole Conservation Handbook (2nd edition). Wildlife Conservation Research Unit, University of Oxford.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 Harrison, D. L. & Bates, P. J. J. (1991): The Mammals of Arabia. Sevenoaks, UK: Harrison Zoological Museum. ISBN 978-0-9517-3130-7.
- ↑ Harris, S. & Yalden, D. W. (2008): Mammals of the British Isles: Handbook, 4th Edition. London: The Mammal Society. ISBN 978-0-9062-8265-6.
- ↑ Corbet, G. B. (1978): The Mammals of the Palaearctic Region: a Taxonomic Review. London, UK: British Museum (Natural History), e Ithaca, NY, USA: Cornell University Press ISBN 978-0-8014-1171-7.
- ↑ Harrison, D. L. & Bates, P. J. J. (1991): The Mammals of Arabia. Harrison Zoological Museum, Sevenoaks, UK. ISBN 978-0-9517-3130-7-
- ↑ Lay, Douglas (1967): A study of the mammals of Iran. Resulting from the Street Expedition of 1962-63. Chicago: Field Museum of Natural History.
- ↑ Garzón-Heydt, J. et al. (1976): "Notas preliminares sobre la distribución de algunos micromamíferos en el Noete de España". Saugetirek. Mittel. 19 (3): 217-222.
- ↑ Reichstein, H. 1982, p. 649.
- ↑ VV.AA. 1995, pp. 259-260.
- ↑ VV.AA. 1995, p. 260.
- ↑ "The Mammal Society". Mammal.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2019.
- ↑ 25,0 25,1 Qumsiyeh, M. B. (1996): Mammals of the Holy Land. Lubbock: Texas Tech University Press. ISBN 0-89672-364-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arvicola amphibius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Arvicola amphibius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Corbet, G. B. (1978): The Mammals of the Palaearctic Region: a Taxonomic Review. Londres, Reino Unido: British Museum (Natural History) and Ithaca, NY, USA: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1171-7.
- Díaz d'a Silva, Juan Ignacio, e Cartelle, Yosy (2007): Guía dos Mamíferos de Galicia. A Coruña. Baía Edicións. ISBN 978-84-9689-320-7.
- Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii. i–ii, 1–824 pp.
- Reichstein, H. (1982): "Arvicola terrestis (Linnaeus, 1758) – Schermaus". En: J. Niethammer & F. Krapp (eds), Handbuch der Säugetiere Europas, Band 2: Nagetiere. Rodentia II. Wiesbaden, Deutschland: Akademische Verlagsgesellschaft. ISBN 3-4000-0459-6.
- Shenbrot, G. I. & Krasnov, B. R. (2005): An Atlas of the Geographic Distribution of the Arvicoline Rodents of the World (Rodentia, Muridae: Arvicolinae). Sofia & Moscova: Pensoft Publishers. ISBN 9-5464-2243-6.
- Nowak, R. M. (1999): Walker's Mammals of the World, Vol. 2. Londres, Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Townsend, C.; Begon, M. & Harper, J. L. (2006): Ecology. From Individuals to Ecosystems. Fourth edition. Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-1117-1.
- VV.AA. (1995). Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.