Armiño
Armiño | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Mustela erminea (Carl von Linné, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución en Galiza
| |||||||||||||||||||||||||
Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida) |
O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun tobo coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.
Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación. O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.
Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.
Antigamente cazábase o armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reid, F. & Helgen, K. (2008). "Mustela erminea". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 21 March 2009. Database entry includes a brief justification of why this species is of least concern
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armiño |