Azul Linhas Aéreas Brasileiras
Azul Linhas Aéreas Brasileiras | ||
---|---|---|
IATA AD | OACI AZU | Indicativo AZUL |
Fundación | 5 de maio de 2008 | |
Inicio das operacións | 15 de decembro de 2008 | |
Frota | 126 | |
Destinos | 107 | |
Eslogan da compañía | Você lá em cima. É o Brasil lá em cima. | |
Sede | Barueri, São Paulo | |
Páxina web: https://www.voeazul.com.br |
Azul Linhas Aéreas Brasileiras é unha aeroliña brasileira con sede en Barueri, un suburbio da cidade de São Paulo.[1] O seu modelo de negocio baséase en estimular a demanada proporcionando voos frecuentes e económicos en mercados pouco sevidos por todo Brasil. Foi creada o 5 de maio de 2008 por David Neeleman (fundador da aeroliña estadounidense JetBlue), cunha frota de 76 Embraer 195.[1] A aeroliña comezou a operar o 15 de decembro do mesmo ano.[2]
Segundo a Autoridade de Aviviación Civil do Brasil (ANAC), entre xaneiro e decembro de 2015 Azul operou o 17% dos voos domésticos e o 8% dos internacionais do país,[3] sendo a terceira aeroliña máis grande do Brasil tras LATAM e Gol.
Historia
[editar | editar a fonte]David Neeleman, brasileiro criado nos Estados Unidos, que tamén foi o cofundador de WestJet e de Morris Air,[4] tras afastarse da presidencia de JetBlue, aeroliña que tamén fundou, en marzo de 2008 anunciou os seus plans para fundar unha aeroliña de baixo custo no Brasil.[5] Aínda sen un nome definido, a empresa xa tiña un pedido de 36 avións Embraer 195 con opción de 40 máis nun contrato estimado en 3 000 millóns de dólares.[6]
Busca dun nome
[editar | editar a fonte]Para definir o nome da nova operadora aérea, Neeleman creou unha páxina web chamada "voceescolhe.com.br" onde o público podería rexistrar suxestións de nomes. Despois de rexistrarse case 110 000 usuarios, seleccionáronse as mellores opcións e iniciouse unha nova votación. Entre os finalistas estaban "Abraço", "Alegria", "Azul", "Samba" e unha gran variedade de nomes coa palabra Brasil que non puideron ser usados porque xa estaban rexistrados.[7] Ademais do nome, tamén se fixeron enquisas para definir as cores dos avións, o tipo de servizo a bordo e o estilo dos uniformes dos tripulantes.[8] Para chamar a atención do público, Neeleman anunciou que o primeiro internauta que suxerise o nome escollido gañaria un pase vitalicio na nova compañía con dereito a un acompañante.[9]
Despois dun mes recollendo suxestións e votos, o nome elixido foi "Azul Linhas Aéreas Brasileiras", a pesar de non ter sido a opción máis votada. Neeleman xustificou a súa decisión dicindo que o nome "Azul" inspira sentimentos positivos, remite ao ceo e é máis neutro que "Samba", nome que de feito gañou nas votacións. Neeleman concedeu o premio tanto ao internauta que suxeriu o nome Azul como ao que suxeriu o nome Samba.[7][9]
Comezo das operacións
[editar | editar a fonte]O 7 de novembro de 2008 a empresa recibiu da ANAC o Certificado de Homologación de Empresa de Transporte Aéreo. Así puido comezar a solicitar os Horarios de Transporte (HOTRAN),[10] que son autorizacións para operación de transporte comercial aéreo no Brasil.[11] No cadro executivo inicial atopábanse, entre outros, David Neeleman como CEO, Pedro Janot como presidente,[12] Cmte Miguel Dau como COO/Vicepresidente técnico-operacional, Gianfranco Beting como director de mercadotecnia[13] e John Rodgerson como vicepresidente financeiro.[14] Azul iniciou a venda de billetes no día 4 de decembro de 2008.[15]
O voo inaugural aconteceu o 15 de decembro de 2008, facendo a ruta entre Campinas e Salvador e, posteriormente no mesmo día, entre Campinas e Porto Alegre. No primeiro día de operacións a taxa de ocupación foi do 62%, igualando a media de ocupación para voos nacionais doutras compañías nese mesmo ano.[15] En xaneiro de 2009 Azul xa operaba tamén rutas entre Campinas, Curitiba e Vitória[16] e planeaba o inicio das operacións no Río de Janeiro, no aeroporto Santos Dumont.[17] Nese mesmo mes Azul iniciou o serviço de autobús executivo para trasladar pasaxeiros entre o centro metropolitano de São Paulo e o aeroporto de Campinas, o seu centro de conexións operacional.[18]
Aeroporto Santos Dumont
[editar | editar a fonte]Tras o inicio das operacións Azul solicitou facer a ruta entre Campinas e Río de Janeiro utilizando o aeroporto Santos Dumont,[17] pero a solicitude foille denegada pola ANAC[19] porque había unha ordenanza do antigo Departamento de Aviación Civil aínda en vigor na época que limitaba o tráfico de aeronaves no aeroporto. Só podían usar o aeroporto avións procedentes de dentro do estado de Río e turbohélices con 50 asentos ou menos. Polo tanto, debido aos avións da súa frota, Azul só podería operar en Río no aeroporto de Galeão.[20]
Coa negativa da ANAC, Azul iniciou un proceso xudicial para obter o dereito de operar no aeroporto, xa que cumpría todas as normas de seguridade vixentes[21] e a ANAC, segundo a lei que a fundou, non podería impedir a explotación comercial do aeroporto dentro desas condicións.[22] A axencia viuse obrigada por decisión xudicial a volver a avaliar a petición de operación[19] e acabou por eliminar a ordenanza que limitaba o aeroporto ao considerar que a industria aeronáutica e os pasaxeiros de Río beneficiaríanse máis sen esas limitacións.[23]
A decisión da ANAC xerou unha forte oposición por parte do gobernados de Río, Sérgio Cabral Filho. No intento de protexer as operacións no aeroporto de Galeão, que estaba destinado á privatización, chegou a ameazar con aumentar o Imposto sobre Circulación de Mercadorias e Servizos (ICMS) do combustible[24] e non renovar a licenza ambiental do aeroporto para evitar a operación das compañías aéreas.
Fusión de Azul e TRIP
[editar | editar a fonte]En maio de 2012 Azul e TRIP anunciaron unha fusión. TRIP era ata entón a maior aeroliña rexional de América Latina e xunto con Azul tiñan un 14% do mercado doméstico.[25][26][27] Mentres agardaban pola aprovación da fusión por parte da ANAC e do CADE, as compañías operaron de forma independente con códigos compartidos, unindo as súas redes e o servizo a bordo.[28] Como resultado, Azul pasou a ter un mercado maior na rexión norte e nalgúns aeroportos rexionais, como o aeroporto da Pampulha en Belo Horizonte, e pasou a ter voos dende o aeroporto internacional de Guarulhos.[29]
A fusión foi aprobada pola ANAC en novembro de 2012[30] e polo CADE (Conselho Administrativo de Defesa Econômica) en marzo de 2013,[31] a compañía resultante quedou co nome Azul e incluíu algunhas marcas visuais de TRIP, que deixou de operar con este nome. A aeroliña deixou un Embraer e un ATR coa librea de TRIP.[32]
En outubro de 2012, mentres TRIP e Azul unían as súas operacións, o aeroporto de Campinas, que nese momento tiña a Azul como principal usuario cun 85% das operacións, tivo que pechar durante 46 horas horas por mor dun MD-11 de carga operado por Centurion Air Cargo que tivo unha avaría no tren de aterraxe no aeroporto. Como en Viracopos só había unha pista, as operacións tiveron que suspenderse ata a retirada do avión accidentado e a reconstrución das partes danadas da pista. Estímase que 25 000 pasaxeiros víronse afectados nos 495 voos cancelados. Azul chegou a interromper a venda de billetes próximas ao día do ocorrido.[33]
Voos internacionais
[editar | editar a fonte]En setembro de 2014 Azul pasou a vender billetes cara Fort Lauderdale e Orlando. As operacións comezaron o 1 de decembro e o 15 de decembro, respectivamente. Para as rutas internacionais a compañía comezou a utilizar os novos Airbus A330.[34]
Azul comezou a voar entre Belém do Pará e Caiena, capital da Güiana Francesa, o día 20 de agosto.[35] A partir de decembro de 2015 Azul comezou a operar dende Viracopos cara Punta del Este.[36]
En maio de 2016 a aeroliña comezou a operar dende Porto Alegre cara Montevideo[37] e dende Viracopos cara Lisboa. No mes de decembro iniciou a ruta entre Recife e Orlando.[38]
O 6 de marzo de 2017 a aeroliña comezou a realizar voos directos entre Belo Horizonte e Buenos Aires.[39]
Ampliación das colaboracións
[editar | editar a fonte]O 11 de xuño de 2015 o consórcio "Gateway" liderado por David Neeleman, en colaboración con Humberto Pedrosa do Grupo Barraqueiro, foi o vencedor da privatización de TAP Portugal, asumindo o control do 61% do capital da compañía portuguesa.[40] Azul non estaba involucrada no proceso do seu fundador, pero chegou a felicitalo nunha nota ofical para a prensa brasileira.[41][42]
O 26 de xuño de 2015 United Airlines anunciou a compra do 5% de Azul por 100 millóns de dólares, dándolle o dereito a un asento no consello de administración, unindo as redes das dúas compañías a través dun acordo de código compartido. O acordo aínda está agardando pola aprovación da CADE.[43][44]
En agosto de 2015 Azul anunciou a retirada das aeronaves dos modelos ATR 42-500 e ATR 72-500 e a súa substitución e estandarización polo modelo ATR 72-600[45] para renovar a frota e adecuala á súa rede de rutas.[46]
En setembro de 2015 Azul foi procesada pola Associação Brasileira das Operadoras de Turismo (Braztoa) por prácticas en contra da competencia ao limitar o acceso a tarifas máis baratas só á súa propia axencia de viaxes, Azul Viagens.[47] O proceso impuxo unha multa a Azul de 1,4 millóns de reais por ocultar que a axencia pertencía ao mesmo grupo que a compañía.[48] Finalmente, o proceso arquivouse pois segundo a interpretación do CADE non houbo ningunha conduta indebida.[49]
O 24 de novembro de 2015, Azul confirmou a venda do 23,70% da empresa ao grupo chinés HNA Group,[50] un conglomerado con diversas compañía da área da aviación que avaliou a Azul en máis de 7 billóns de reais. O investimento foi de 1,7 billóns de reais e deu dereito ao HNA Group a un asento no consello de administración.[51]
Un dos requisitos do negocio co HNA Group foi que Azul tería que ser investidora direta de TAP Portugal,[52] e o 21 de marzo de 2016 aempresa anunciou o investimento de 100 millóns de dólaresen títulos conversibles en accións preferenciais da TAP, facéndose con aproximadamente o 40% da aeroliña portuguesa.[53] O anucio chegou despois de que Azul fose autorizada pola ANAC para voar semanalmente a Lisboa.[54]
Frota
[editar | editar a fonte]En outubro de 2017 a frota de Azul Linhas Aéreas Brasileiras está formada polos seguintes avións:
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A320neo | 10 | 43 | — | 174 | 174 | |
Airbus A321neo | — | 10 | TBA | |||
Airbus A330-200 | 2 | — | 35 | 208 | 243 | |
4 | — | 20 | 251 | 271 | ||
Airbus A330-900neo | — | 5 | 34 | 264 | 298 | |
ATR 72-600 | 40 | 10 | – | 70 | 70 | |
Embraer E190 | 10 | — | – | 106 | 106 | |
Embraer E195 | 60 | — | – | 118 | 118 | |
Embraer E195-E2 | — | 30 | TBA | 20 dereitos de compra; as entregas comezarán en 2019 | ||
Total | 126 | 98 |
A aeroliña tamén opera dous Pilatus PC-12/45 para tarefas de loxística e apoio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre for Aviation (ed.). "Azul itching to launch low cost services in Brazil". Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Voçe Escolhe (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras recebe o CHETA e já pode pleitear as rotas que pretende operar". Archived from the original on 02 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ ANAC (ed.). "Demanda e Oferta do Transporte Aéreo". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Darien Times (ed.). "Jet Blue founder David Neeleman to speak at Darien Library". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Infraestrutura deficiente será desafio para nova empresa aérea, diz jornal". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa pode comprar até 76 aviões Embraer para voar em 2009". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Estadão (ed.). "Nova empresa no País vai se chamar Azul Linhas Aéreas". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa aérea brasileira pode se chamar Samba ou Abraço". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Nova empresa aérea vai se chamar Azul". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ ANAC (ed.). "Certificado de Homologação de Empresa de Transporte Aéreo de Azul" (PDF). Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Anac concede certificado para Azul e operação deve começar em dezembro". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Ex-diretor do Pão de Açúcar assume presidência da Azul na segunda". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul Linhas Aéreas quer administrar aeroportos no país". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Santander compra aviões da Embraer e aluga para a aérea Azul". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ 15,0 15,1 Globo (ed.). "Azul estréia operações com ocupação de 62%". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul define horários de vôos, preços promocionais e duas novas rotas". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ 17,0 17,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Azul planeja operar no Santos Dumont a partir de março". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Aeroporto em Campinas (SP) atinge marca histórica de passageiros, diz Infraero". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ 19,0 19,1 Folha de S. Paulo (ed.). "Justiça diz que Anac terá que reavaliar pedido da Azul de usar Santos Dumont". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Departamento de Aviação Civil (ed.). "Portaria Nº 187/DGAC, de 8 de março de 2005". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul briga para voar do aeroport Santos Dumond para 22 destinos". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Presidência da República (ed.). "Lei Nº 11.182, de 27 de setembro de 2005". Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ ANAC (ed.). "Exposição de Motivos - Proposta de resolução que revoga as limitações e proibições operacionais impostas à Área de Controle Terminal (TMA) do Rio de Janeiro, estabelecidas na Portaria nº. 187/DGAC, de 8 de março de 2005" (PDF). Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Anac libera uso do Santos Dumont para aviões grandes e voos longos". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul e Trip anunciam fusão". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Globo (ed.). "Azul e Trip assinam acordo de associação". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul compra Trip e eleva participação no mercado para 14%". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul e Trip anunciam a integração do serviço de bordo". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Trip pede autorização para voos entre São Paulo e Rio". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Anac autoriza fusão entre companhias aéreas Azul e Trip". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Cade aprova fusão entre Azul e Trip, mas obriga fim de acordo com a TAM". Consultado o 13 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Marca Trip será abandonada após fusão com Azul, confirma holding". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Globo (ed.). "Viracopos é liberado para pouso e decolagens, diz Infraero". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Azul começa a vender passagens de voos para Fort Lauderdale e Orlando". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Azul (ed.). "Azul anuncia operações em Caiena, na Guiana Francesa". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Azul (ed.). "Azul terá voos para Punta del Este, no Uruguai, na alta temporada". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Azul (ed.). "Azul anuncia voos entre Porto Alegre e Montevidéu, no Uruguai". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ AeroIn (ed.). "Azul estreia voo exclusivo entre Recife e Orlando". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ EM (ed.). "Azul começa venda de passagens de BH para Buenos Aires por R$ 357 o trecho". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Globo (ed.). "Dono da Azul vence privatização da companhia aérea portuguesa TAP". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ Estadão (ed.). "Análise: Relações entre Azul e TAP apontam para futuro promissor". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ O Globo (ed.). "David Neeleman é o novo dono da TAP". Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ O Globo (ed.). "United Airlines compra 5% da Azul por US$ 100 milhões". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ UOL (ed.). "United compra parte da Azul, e empresas vão compartilhar malha aérea". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Flap Internacional (ed.). "Azul padroniza a frota de aeronaves turboélices com o modelo ATR 72-600". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Panrotas (ed.). "Azul padroniza frota de turboélices com modelo ATR 72-600". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Estadão (ed.). "Azul é denunciada por operadoras de turismo". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ O Globo (ed.). "Cade multa Azul em R$ 1,4 milhão por informação falsa sobre agência". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Panrotas (ed.). "Cade arquiva denúncia da Braztoa contra a Azul". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Panrotas (ed.). "Grupo chinês compra 23,7% da Azul Linhas Aéreas". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Azul (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras receberá investimento recorde de R$ 1,7 bilhão do HNA Group". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Azul (ed.). "Azul Linhas Aéreas Brasileiras investe US$ 100 milhões na TAP Portugal". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Panrotas (ed.). "Azul injeta US$ 100 mi na Tap e fica com 40% das ações". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Folha de S. Paulo (ed.). "Anac autoriza Azul a ter 7 voos semanais para Portugal". Consultado o 15 de marzo de 2018.