Bernardino Graña Refojos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Cangas, España |
Morte | 13 de marzo de 1989 (78/79 anos) Cangas, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Bernardino Graña |
Bernardino Graña Refojos, nado en Cangas en 1910 en finado no mesmo concello o 13 de marzo de 1989,[1] foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfo, aos 11 anos entrou no Convento de San Francisco de Herbón, e despois pasou ao Seminario de Santiago de Compostela. Correspondente de El Pueblo Gallego en Cangas, colaborou en Vida Gallega. Foi directivo da Alianza Marinera y Progreso del Mar. En 1934 converteuse en mestre da fundación benéfico-docente Martínez Vázquez de Ribadavia.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración e foi sancionado. Foi mestre no Colexio Akademos de Ribadavia e na Academia Morrazo de Cangas. Impartiu clase na escola Eirado do Sinal, foi rehabilitado e incorporouse ao maxisterio nacional en 1977 como mestre do Colexio de San Roque. En 1950 presentou a novela Por los caminos de la carne ao Premio Nadal. Escribiu outra novela titulada La Isla.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amparo Villar Martínez e foi pai de Bernardino e María del Carmen Graña Villar.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Graña Graña, Tonino [compilador] (2017). Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas. Cangas: Asociación Cultural A Cepa.
- Mera, H. (2005). Conversas con Bernardino Graña. Xerais.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Don Bernardino Graña Refojos, el maestro". Faro de Vigo. 18 de abril de 2017.