Cáncer (constelación)
Cáncer | |
---|---|
Nome latino | Cancer |
Abreviatura | Cnc |
Xenitivo | Cancri |
Simboloxía | O Cangrexo |
Ascensión recta | 9 h |
Declinación | +20° |
Área | 506 graos cadrados
Rango 31º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | β Cnc (Altarf)
(magnitude ap. 3.5) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −60°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de marzo | |
{{{notas}}} |
En astronomía Cáncer,[1] tamén chamado Cangrexo[2][3] ou Caranguexo (símbolo , Unicode ♋), é unha das doce constelacións do zodíaco. En astroloxía, Cáncer constitúe un dos doce signos zodiacais.
A constelación de Cáncer é pequena e feble. Atópase entre as constelacións de Xémini ao Leste, Lynx ao Norte e as constelacións de Canis Minor e Hydra ao Sur.
A constelación tamén dá o seu nome ao trópico de Cáncer.
Obxectos notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]Cáncer non ten estrelas brillantes. α Cancri só ten magnitude 4,2.
Cáncer é coñecida entre os afeccionados á astronomía como a constelación na que se atopa Praesepe (M44), tamén coñecida coma O presebe, un cúmulo aberto que conten tamén a estrela ε Cancri e que pode observarse cuns simples prismáticos. O Presebe abarca máis dun grao cadrado sendo observable a simple vista como unha luz difusa; situado dentro do Presebe —aínda que moi lonxe, detrás do mesmo—, hai un grupo de galaxias pertencente ao cúmulo de Coma-Virgo que só son visibles con telescopios de potencia media.
Outros obxectos do espazo profundo que se atopan en Cáncer son M67, un cúmulo aberto coñecido dende moi antigo e moi vello, e NGC 2775, unha galaxia espiral de magnitude 11,3. Nunha noite clara a constelación contén preto de 50 estrelas visibles a simple vista.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Cancri (Acubens), estrela branca de magnitude 4,26 e é só a cuarta máis brillante da constelación.
- β Cancri (Altarf), a máis brillante da constelación con magnitude 3,53 é unha xigante laranxa a 290 anos luz de distancia.
- ζ Cancri (Tegmen ou Tegmine), sistema estelar composto por dúas estrelas binarias separadas 5,06 segundos de arco. En total contén como mínimo catro estrelas.
- ι Cancri, binaria visual onde as súas compoñentes, separadas 30,6 segundos de arco, poden verse cun pequeno telescopio.
- κ Cancri, sistema dobre formado por unha estrela branco-azulada variable Alfa2 Canum Venaticorum e unha estrela branca.
- 55 Cancri (ρ1 Cancri), estrela binaria cunha compoñente principal que é unha anana amarela cun sistema planetario con cinco planetas, catro deles de tipo gasoso e un de tipo terrestre.
- X Cancri, estrela de carbono de magnitude 6,28.
- DX Cancri, estrela fulgurante a só 11,82 anos luz da Terra
- GJ 1116 (EI Cancri), sistema binario a 17 anos luz.
- HR 3617 (HD 78175), estrela múltiple de magnitude 6,87.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]A constelación do cangrexo e a constelación da Hydra están relacionadas cun dos doce traballos de Heracles (Hércules romano). A deusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un cangrexo xigante para acabar coa súa vida mentres este loitaba coa temible serpe Hydra. Porén, Heracles saíu vitorioso. Coma recompensa polos seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangrexo e a Hydra no ceo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cáncer.
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cangrexo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cáncer |