Glatisant a Besta
Glatisant a Besta (A besta ladrador en galego), é un monstro que aparece nas lendas da Materia de Bretaña. É o motivo das misións emprendidas polos cabaleiros Pellinore, Palamedes e Perceval.
Características
[editar | editar a fonte]O monstro en cuestión ten a cabeza e o colo dunha serpe, o corpo dun leopardo, as ancas dun león e as patas dun cervo. O seu nome provén do bruído que emite o seu bandullo, como se fose o ladrido de "sesenta cans de caza inquisitivos". 'Glatisant' relaciónase co termo francés glapissant, que significa "ouvear" ou "ladrar" en especial os cans ou os raposos.
Referencias na literatura galega medieval
[editar | editar a fonte]Aínda que chegaron a nós moi poucos textos galegos da materia de Bretaña, hai unha referencia á besta ladrador na poesía profana. Fernando Esquío satiriza un cabaleiro que prometera un cabalo para a guerra, pero que non daba entregado, comparando este cabalo prometido con estoutro animal fabuloso:
"Disse um infante ante sa companha
que me daria besta na fronteira,
e nom será já murzela nem veira,
nem branca, nem vermelha, nem castanha;
pois amarela nem parda nom for,
a pram será a Besta Ladrador
que lh'adurám do reino de Bretanha."