Globicephala
Globicephala Caldeiróns | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Globicephala melas | |||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1][2] | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
Véxase o texto |
Globicephala é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos catacterizados sobre todo poque o seu melón frontal está moi desenvolvido, o que fai que teñan a cabeza bulbosa, máis pronuciada nos machos adultos,[4] e ao que alude o nome do xénero, Globicephala, literalmente "os de cabeza en forma de globo", e que en galego coñécense como caldeiróns.[5]
Son animais sociais que se desprazan frecuentemente en grupos que oscilan entre unha decena e varios centos de individuos.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Globicephala foi creado por Lesson en 1828, aparecendo por primeira vez en Compl. Oeuvres Buffon Hist. Nat., 1: 441, tomando como especie tipo a Delphinus globiceps Cuvier, 1812 (= Delphinus melas Traill, 1809).[6]
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos sinónimos seguintes:[6]
- Cetus Wagler, 1830
- Globiceps Flower, 1884
- Sphaerocephalus Gray, 1864
Clasificación
[editar | editar a fonte]O xénero comprende dúas especies,[3] unha delas con dúas subespecies:[6]
- Globicephala macrorhynchus (Gray, 1846) – caldeirón tropical
- Globicephala melas (Traill, 1809) – caldeirón propiamente dito, ou caldeirón común.
- Globicephala melas melas – no Atlántico norte.
- Globicephala melas edwardii – no Hemisferio sur.
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Segundo van Bree (1971), antigamente a especie denominábase Globicephala melaena, pero segundo o artigo 31b da terceira edición do Código internacional de nomenclatura zoolóxica (1985), da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, modificouse en melas, como exemplo dun adxectivo grego que non cambia a súa terminación cando se transfire dun xénero no que previamente figuraba a outro posterior (sen modificar, por tanto, a concordancia gramatical entre nome xenérico e específico.[6]
Estado das poboacións
[editar | editar a fonte]En 2008, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualificou o estado de conservación das poboacións de ambas as especies como "DD" (datos insuficientes).
No caso de Globicephala melas, en primeiro lugar, porque é tratada como unha soa especie, aínda que puidera tratarse de dúas ou máis (do que non hai de momento probas) e, se así fora, algunhas destas poboacións poderían xustificar o seu listado en categorías superiores de risco.[1]
As principais ameazas que poderían causar caídas importantes das súas poboacións son actuacións antropoxénicas, como o aumento dos ruídos dos sonares, especielmente dos militares e os empregados nas prospeccións sísmicas, e as captutras accidentais na pesca, especialmente na de luras,[1] calculándose que podería reducir a súa poboación global nun 30 % ao longo de tres xeracións.[7]
En canto a Globicephala macrorhynchus, as razóns aducidas pola UICN son as mesmas que para a especie anterior.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala melas na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala macrorhynchus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Globicephala Lesson, 1828 no ITIS.
- ↑ 4,0 4,1 Carwardine, M. (1995>), pp. 148-151.
- ↑ Véxase a 3ª acepción de caldeirón no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005)
- ↑ Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Globicephala |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Globicephala |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Globicephala na ADW. (en inglés)