Gran Premio de Bélxica de 1999
Nome oficial | LVII Foster's Grand Prix de Belgique |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 |
Distancia do evento | 44 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 29 de agosto de 1999 |
Competición | |
Primeiro posto | David Coulthard |
Pole position | Mika Häkkinen |
Volta máis rápida | Mika Häkkinen |
O Gran Premio de Bélxica de 1999 (oficialmente LVII Foster's Grand Prix de Belgique) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 29 de agosto de 1999 no Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa. Foi a décimo segunda carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1 de 1999 da FIA, disputada sobre 44 voltas. A carreira foi gañada por David Coulthard para o equipo McLaren, saíndo no inicio da segunda posición. Mika Häkkinen terminou segundo no outro McLaren, e o terceiro Heinz-Harald Frentzen nun Jordan.
O segundo lugar de Häkkinen levouno ao liderado do Campionato de Pilotos de Fórmula Un, superando a Eddie Irvine. Irvine era segundo, un punto por detrás de Häkkinen, mentres Coulthard foi o terceiro. Na lista do Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un, acadou o liderado, nove puntos por diante de Ferrari, con Jordan a máis de cincuenta e nove.
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O Gran Premio foi disputado por 22 pilotos, en once equipos de dous. Os equipos, tamén coñecidos como construtores, foron McLaren, Ferrari, [WilliamsF1 | Williams], Jordan , Benetton, Sauber, Arrows, Stewart, Prost, Minardi e BAR.
Antes da carreira, o piloto de Ferrari Eddie Irvine lideraba o Campionato de Pilotos de Fórmula 1 con 56 puntos. O piloto de McLaren Mika Häkkinen era segundo con 54 puntos. Detrás deles no Campionato de Pilotos, David Coulthard era terceiro con 36 puntos no outro McLaren, con Heinz-Harald Frentzen e Michael Schumacher con 36 e 32 puntos respectivamente. Na lista do Campionato de Construtores de Fórmula, Ferrari lideraba con 94 puntos e McLaren era segundo con 90 puntos, Jordan era terceiro con 42 puntos.
Despois do Gran Premio de Hungría de 1999 o 15 de agosto, os equipos realizaron sesións de proba no circuíto de Silverstone os días 17 e 19 de agosto. Häkkinen marcou o tempo rápido no primeiro, segundo e último día de probas.[1] Ferrari viaxou ao seu circuíto de probas en Mugello do 18 ao 20 de agosto, Schumacher participou o último día despois de ser autorizado polos médicos para realizar a proba. Logo de completar 20 voltas, Schumacher sufriu unha dor no nocello que impediulle completar o programa de adestramento físico. Ferrari anunciou máis tarde que o substituto temporal Mika Salo continuaría a competir para o equipo.[2]
Varios equipos anunciaron cambios dos seus pilotos para a seguinte tempada. Benetton confirmou que o equipo retería o seu dúo de pilotos con Giancarlo Fisichella e Alexander Wurz, cunha opción para o 2001.[3] Sauber anunciou que asinará con Salo un contrato de dous anos e retería a Pedro Diniz.[4] Jordan confirmou que contratara ao piloto de Prost Jarno Trulli nun contrato de dous anos, para substituír a Damon Hill.[5]
Práctica e cualificación
[editar | editar a fonte]Realizáronse catro sesións de prácticas antes da carreira do domingo, dous o venres e dúas o sábado. As sesións de mañá e tarde do venres duraron unha hora cada unha. A terceira e última sesión de prácticas realizouse o sábado pola mañá e durou 45 minutos.[6] As sesións de venres realizáronse en condicións secas e asolladas. Häkkinen foi o máis rápido na primeira sesión, cun tempo de 1:54.396 que foi menos de medio segundo máis rápido que Coulthard. O piloto de Williams Ralf Schumacher estaba xusto ao mesmo ritmo de Coulthard. Salo, Irvine e Jean Alesi completaron os seis primeiros; dentro de 1´3 segundos do tempo de Häkkinen. Na segunda sesión de prácticas, Coulthard foi o máis rápido cun tempo de 1:53.577, por diante de Häkkinen, Fisichella, Frentzen, Hill e Schumacher.
A sesión de cualificación da tarde do sábado durou unha hora. Durante esta sesión, a regra do 107% estaba en vigor, o que obrigou a que cada piloto fixase un tempo dentro do 107% da volta máis rápida para cualificar para a carreira. Cada piloto estaba limitado a doce voltas. Häkkinen acadou a súa décima pole da tempada cun tempo de 1:50.329. Foi acompañado na primeira fila por Coulthard, que tiña unha décima de segundo máis. Frentzen foi o terceiro cualificado, aínda que se cría que podería ir máis rápido debido a dous incidentes de bandeira vermella por separado.[7]
Os pilotos de BAR, Jacques Villeneuve e Ricardo Zonta, sufriron grandes accidentes a alta velocidade no rápido tramo de Eau Rouge durante a sesión de cualificación.[8] Ambos accidentes causaron a suspensión da sesión.
Carreira
[editar | editar a fonte]As condicións foron de seco para a carreira coa temperatura do aire a 20 °C e a temperatura da pista a 25 °C.[9] Os pilotos saíron á pista ás 09:30 (UTC +2) durante unha sesión de quecemento de 30 minutos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualifificación
[editar | editar a fonte]Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 44 | 1:25:43.057 | 2 | 10 |
2 | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 44 | +10.469 | 1 | 6 |
3 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 44 | +33.433 | 3 | 4 |
4 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 44 | +44.948 | 6 | 3 |
5 | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 44 | +48.067 | 5 | 2 |
6 | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 44 | +54.916 | 4 | 1 |
7 | 3 | Mika Salo | Ferrari | 44 | +56.249 | 9 | |
8 | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 44 | +1:07.022 | 8 | |
9 | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 44 | +1:13.848 | 16 | |
10 | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 44 | +1:20.742 | 7 | |
11 | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 44 | +1:32.195 | 13 | |
12 | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 44 | +1:36.154 | 12 | |
13 | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 44 | +1:41.543 | 17 | |
14 | 10 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 44 | +1:57.745 | 15 | |
15 | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 43 | +1 volta | 11 | |
16 | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 43 | +1 volta | 21 | |
Ret | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 35 | Transmisión | 22 | |
Ret | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 33 | Suspensión | 20 | |
Ret | 23 | Ricardo Zonta | BAR-Supertec | 33 | Caixa de cambios | 14 | |
Ret | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 27 | Freos | 10 | |
Ret | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 19 | Trompo | 18 | |
Ret | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 0 | Embrague | 19 | |
Fonte:[10]
|
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1998 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 2000 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "McLaren dominant in Silverstone tests". GrandPrix.com. Inside F1. 23 de agosto de 1999. Consultado o 7 de xulo de 2014.
- ↑ "Motor racing: Ferrari stick with Salo in Belgium". The Independent. 25 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Fisichella and Wurz Remain at Benetton". Atlas F1. 27 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Sauber Signs Salo". Atlas F1. 26 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Jordan confirms Trulli". GrandPrix.com. Inside F1. 30 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Grand Prix of Belgium". Gale Force F1. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "Qualifying – Belgian GP". Atlas F1. 28 de agosto de 1999. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ Formula 1 World Championship 1999 Official Review – The Champion on the Track (VHS). Duke Video. 29 de novembro de 1999.
- ↑ Lupini, Michele (29 de agosto de 1999). "Grand Prix of Belgium Review". Atlas F1. Consultado o 8 de xullo de 2014.
- ↑ "1999 Belgian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1999 |