Ricardo Zonta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1976 (48 anos) Curitiba, Brasil |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Páxina web | ricardozonta.com.br |
Ricardo Luiz Zonta (nado o 23 de marzo de 1976) foi un piloto de carreira profesional brasileiro.
Inicios nas carreiras
[editar | editar a fonte]Nado en Curitiba, Brasil, Zonta comezou o karting en 1987, gañando a súa primeira carreira pouco despois. O ano seguinte, foi subcampión do Curitiba Karting Championship e en 1991 gañou o título. Continuou no karting ata 1992, terminando cuarto no Campionato de karting de São Paulo antes de pasar aos monoprazas en 1993. Terminou 6º no campionato de Fórmula Chevrolet brasileiro e despois en 1994, quedou quinto no campionato de Fórmula 3 brasileiro. Un ano despois, Zonta gañou o Campionato de Fórmula Tres do Brasil e Suramérica.
Pasou a Europa en 1996, Zonta competiu na Fórmula Internacional 3000 no Campionato Draco Racing, gañando dúas carreiras e terminando en cuarto lugar. No mesmo ano, converteuse no primeiro brasileiro en competir na International Touring Cars, con Mercedes. En 1997 gañou tres carreiras e o campionato de Fórmula 3000. Tamén logrou o premio "Golden Helmet" ao mellor piloto internacional polos seus esforzos. O equipo Jordan de Fórmula Un contratouno como piloto oficial de probas logo do seu campionato, e en 1998 contyratouno o xefe de McLaren Ron Dennis. Zonta probou co equipo McLaren de Fórmula 1 en 1998 e gañou ao mesmo tempo o FIA GT Championship (clase GT1) e o "Golden Helmet" na categoría de "prominencia mundial".
En outubro de 1998, inmediatamente despois de gañar o campionato da FIA GT, Zonta asinou co equipo B.A.R. de Fórmula 1 como un dos pilotos para a tempada 1999,[1][2] despois de rexeitar as ofertas de Jordan e Sauber.[1]
Carreira na Fórmula 1
[editar | editar a fonte]En 1999, Zonta comezou como piloto de carreiras de Fórmula Un xunto co Campión do Mundo de 1997 Jacques Villeneuve no novo equipo B.A.R.. Zonta lesionouse un pé nun accidente durante a práctica do Gran Premio do Brasil, e perdeu tres carreiras. Tamén tivo un grande accidente en Spa-Francorchamps, e terminou a tempada sen puntos no campionato. Zonta permaneceu con B.A.R para a tempada 2000, anotando o seu primeiro punto no campionato do mundo cun sexto lugar na carreira inicial. Tivo outro grande accidente cando rompeu a suspensión dianteira durante as probas no circuíto de Silverstone, pero continuou a tempada, anotando puntos tanto en Italia como no Gran Premios dos Estados Unidos, para finalizar 14º no campionato. Substituído por Olivier Panis para a tempada 2001, Zonta converteuse no terceiro piloto do equipo de Jordan, substituíndo ao ferido Heinz-Harald Frentzen nunha carreira, e despois de novo cando Frentzen foi despedido. Substitúeo polo resto da tempada. En 2002, decidiu centrarse na Telefónica World Series, que gañou. Zonta foi entón contratado como piloto de probas para o equipo Toyota F1 en 2003, mantendo a posición en 2004. Ao final da tempada, o equipo despediu a Cristiano da Matta e Zonta conduciu en catro Grandes Premios. En Bélxica, estaba nunha brillante cuarta posición cando fallou o motor a falta de tres voltas para meta. En Suzuka, o equipo contratou a Jarno Trulli e Zonta quedou fora do evento, pero o equipo permitiulle competir na súa carreira na casa, o Gran Premio do Brasil, no que acabou 13º. Continuou como piloto de probas para Toyota en 2005, xunto ao veterano piloto francés Olivier Panis. Máis tarde a finais dese ano no Gran Premio dos Estados Unidos, substituíu a un ferido Ralf Schumacher e tomou o seu posto na grella, só para que Toyota, como os outros seis equipos calzados con Michelin, se retirase da carreira debido a problemas de seguridade. 2006 viu a Zonta continuar con Toyota como terceiro piloto e piloto de probas do equipo.
Ricardo Zonta foi confirmado como piloto de probas para o equipo Renault para a tempada 2007 1 o 6 de setembro de 2006.[3]
Despois da Fórmula Un
[editar | editar a fonte]En 2007, Zonta entrou nas series Stock Car Brasil en paralelo co traballo no equipo Renault.[4]
En 2008, Zonta iniciou a súa carreira nos automóbiles deportivos ao disputar as 24 Horas de Le Mans con Peugeot Sport, pilotando o coche nº #9, xunto a Franck Montagny e o piloto de probas de Fórmula Un Christian Klien. Tamén participou no Campionato Grand Am en América con Krohn Racing, mentres que tamén foi propietario e pilto do equipo Panasonic Racing nas Stock Car Brasil.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados completos da Fórmula 3000 internacional
[editar | editar a fonte](clave) (As carreiras en negra indican pole position) (As carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | Draco Engineering | NÜR Ret |
PAU 3 |
PER Ret |
HOC 6 |
SIL 3 |
SPA 9 |
MAG Ret |
EST 1 |
MUG 1 |
HOC 11 |
4º | 27 |
1997 | Super Nova Racing | SIL DSC |
PAU Ret |
HEL Ret |
NÜR 1 |
PER 2 |
HOC 1 |
A1R 2 |
SPA 5 |
MUG 1 |
JER Ret |
1º | 39 |
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Pos. por clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1998 | AMG-Mercedes | Jean-Marc Gounon Christophe Bouchut |
Mercedes-Benz CLK LM | GT1 | 31 | Ret | Ret |
2008 | Peugeot Sport Total | Franck Montagny Christian Klien |
Peugeot 908 HDi FAP | LMP1 | 379 | 3º | 3º |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | British American Racing | BAR 01 | Supertec V10 | AUS Ret |
BRA NSC |
SMR | MON | ESP | CAN Ret |
FRA 9 |
GBR Ret |
AUT 15† |
DEU Ret |
HUN 13 |
BEL Ret |
ITA Ret |
EUR 8 |
MAL Ret |
XPN 12 |
NC | 0 | |||
2000 | Lucky Strike Reynard BAR Honda | BAR 002 | Honda V10 | AUS 6 |
BRA 9 |
SMR 12 |
GBR Ret |
ESP 8 |
EUR Ret |
MON Ret |
CAN 8 |
FRA Ret |
AUT Ret |
ALE Ret |
HUN 14 |
BEL 12 |
ITA 6 |
USA 6 |
XPN 9 |
MAL Ret |
14º | 3 | ||
2001 | B&H Jordan Honda | Jordan EJ11 | Honda V10 | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP | AUT | MON | CAN 7 |
EUR | FRA | GBR | ALE Ret |
HUN | BEL | ITA | USA | XPN | 19º | 0 | ||
2004 | Panasonic Toyota Racing | Toyota TF104B | Toyota V10 | AUS TD |
MAL TD |
BHR TD |
SMR TD |
ESP TD |
MON TD |
EUR TD |
CAN TD |
USA TD |
FRA TD |
GBR TD |
ALE TD |
HUN Ret |
BEL 10† |
ITA 11 |
CHN Ret |
XPN | BRA 13 |
22º | 0 | |
2005 | Panasonic Toyota Racing | Toyota TF105 | Toyota V10 | AUS TD |
MAL TD |
BHR TD |
SMR TD |
ESP TD |
MON TD |
EUR TD |
CAN TD |
USA NTS |
FRA | GBR TD |
ALE TD |
HUN TD |
TUR TD |
ITA TD |
BEL TD |
BRA TD |
XPN TD |
CHN TD |
NC | 0 |
† Piloto que non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Stock Car Brasil
[editar | editar a fonte]† O piloto non terminou a carreira, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira. * Tempada en progreso.
Resultados do campionato GT da FIA
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Clase | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Ranº | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1998 | AMG Mercedes | GT1 | Mercedes-Benz CLK LM | Mercedes-Benz M119 6.0L V8 | OSC 1 |
SIL 4 |
HOC 2 |
DIJ 1 |
HUN 2 |
SUZ 2 |
DON 2 |
A1R 1 |
HMS 1 |
LAG 1 |
1º | 77 |
Resultados no campionqto de mundo GT1
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Reiter | Lamborghini | ABU QR 10 |
ABU CR 5 |
SIL QR |
SIL CR |
BRN QR |
BRN CR |
PRI QR 13 |
PRI CR 10 |
SPA QR 2 |
SPA CR 1 |
NÜR QR 4 |
NÜR CR 14 |
ALG QR |
ALG CR |
NAV QR 1 |
NAV CR 1 |
INT QR Ret |
INT CR Ret |
SAN QR |
SAN CR |
8º | 75 |
2011 | Sumo Power GT | Nissan | ABU QR 4 |
ABU CR Ret |
ZOL QR 12 |
ZOL CR Ret |
ALG QR 8 |
ALG CR 7 |
SAC QR |
SAC CR |
SIL QR |
SIL CR |
NAV QR |
NAV CR |
PRI QR |
PRI CR |
ORD QR |
ORD CR |
BEI QR |
BEI CR |
SAN QR |
SAN CR |
28º | 9 |
Resultados nas series GT da FIA
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Coche | Clase | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | BMW Sport Trophy Team Brasil | BMW Z4 GT3 | Pro | NOG QR 6 |
NOG CR 9 |
ZOL QR 11 |
ZOL CR 8 |
ZAN QR 9 |
ZAN CR 5 |
SVK QR 7 |
SVK CR 4 |
NAV QR |
NAV CR |
BAK QR 14 |
BAK CR Ret |
15º | 29 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 [1][Ligazón morta]
- ↑ [2][Ligazón morta]
- ↑ Grandprix.com article, retrieved 6 de setembro de 2006
- ↑ Gazeta do Povo Arquivado 11 de marzo de 2008 en Archive.is, retrieved 3 de abril de 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo Zonta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [3]
- Ricardo Zonta career summary at DriverDB.com