Emperador (peixe)
Emperador | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Luvaris imperialis Rafinesque, 1810 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Por xénero:
Por especies:
|
O emperador[3] (Luvarus imperialis), única especie do xénero Luvarus que á súa vez é o único encadrado na familia Luvaridae, é un peixe mariño da orde Perciformes, especie cosmopolita distribuída por augas tropicais e subtropicais de todos os océanos.[4]
O inicio da aleta dorsal vaise desprazando progresivamente cara a atrás conforme o peixe crece. Describiuse unha lonxitude máxima de 1,8 m.
Raramente se atopa nos mercados.[5]
Hábitat e modo de vida
[editar | editar a fonte]Pódese atopar en calquera lugar do océano, tanto na superficie como en augas profundas.[6] Aparentemente solitario.
Aliméntase principalmente de pequenos peixes, ctenóforos e outros animais planctónicos xelatinosos.[7]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Ten unha alta fecundidade, describiuse o caso dun adulto dos máis grandes que contiña 47 millóns de ovas, que por suposto abandonan e non mostran estratexias de coidado da prole. A desova comeza ao final da primavera e dura todo o verán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Histoire naturelle des poissons, Volume 22, Georges Cuvier, 1833
- ↑ Histoire naturelle des principales productions de l'Europe méridionale et particulièrement de celles des environs de Nice et des Alpes Maritimes. Risso, A. (Antoine), Paris, F.-G. Levrault, 1826, tome III, page 267, doi 10.5962/bhl.title.58984
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emperador.
- ↑ Nelson, J.S., 1984. Fishes of the world. 2.ª edición. John Wiley & Sons, Inc., New York. 523 p.
- ↑ Bauchot, M.-L., 1995. Luvaridae. Emperadores. p. 1245. En: W. Fischer, F. Krupp, W. Schneider, C. Sommer, K.E. Carpenter e V. Niem (eds.) Guia FAO para Identification de Especies para lo Fines de la Pesca. Pacifico Centro-Oriental. 3 Vols. FAO, Roma.
- ↑ Décamps, P., 1990. Luvaridae. p. 1008-1009. En J.C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, Paris. Vol. 2.
- ↑ Eschmeyer, W.N., E.S. Herald e H. Hammann, 1983. A field guide to Pacific coast fishes of North America. Houghton Mifflin Company, Boston, U.S.A. 336 p.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emperador |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Emperador |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luvarus imperialis.(Taxonomic Serial No.: 172485),, na páxina do ITIS (Sistema Integrado de Información Taxonómica)
- "Luvarus imperialis". En FishBase (Rainer Froese e Daniel Pauly, eds.). Consultada en xuño de 2008. N.p.: FishBase, 2008.
- "Luvaridae". En FishBase (Rainer Froese e Daniel Pauly, eds.). Consultada en xuño de 2008. N.p.: FishBase, 2008.