Economía de Eslovenia
Economía de Eslovenia | |
---|---|
Moeda | Euro |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 58,06 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 90ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -2% (2012) |
PIB per cápita | 28 600 (2012) |
PIB por sector | agricultura 2,7%, industria 27,6%, servizos 69,7% (2012) |
Inflación | 2,6% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 923.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 2,2%, industria 35%, servizos 62,8% (2009) |
Desemprego | 11,9% (2012) |
Industrias | siderurxia e produtos de aluminio, chumbo e fundición de cinc; electrónicos (incluíndo electrónicos militares), camións, automóbiles, equipamentos de enerxía eléctrica, produtos de madeira, téxtiles, produtos químicos, máquinas-ferramentas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 28,42 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos |
Principais mercados | Alemaña 19,9%, Italia 11,9%, Austria 7,7%, Croacia 6,4%, Francia 5,7%, Hungría 4% (2011) |
Importacións | 29,83 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, produtos manufacturados, produtos químicos, combustibles e lubrificantes, alimentos |
Principais mercados | Alemaña 16,4%, Italia 16%, Austria 10,2%, Croacia 4,5%, Francia 4,1%, República Popular da China 4,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 61,23 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Eslovenia posúe a economía máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á Unión Europea no 2004 e no 2007, cun PIB per cápita de 23.250$ no 2006. A relativamente alta inflación do país caeu do 3.,6% no 2004 ó 2,3% no 2006, sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Nos últimos anos a economía de Eslovenia comezou a medrar cun ritmo moito máis forte (5,2% nos primeiros 9 meses do 2006, 4.0% no 2005, 4.4% no 2006 e 4.8% no 2007 segundo estimacións), do que o facía no 2003 (2,7%).
Durante o 2000, seguiron tendo lugar as privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións, e servizos públicos. As restricións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar, agárdase que o investimento estranxeiro (FDI) medre nos próximos anos. Eslovenia é o único dos 12 novos membros que adoptou o Euro, o 1 de xaneiro do 2007, e foi ademais o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea, concretamente na primeira metade do 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).