Saltar ao contido

Esfinxe colibrí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esfinxe colibrí
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Familia: Sphingidae
Subfamilia: Macroglossinae
Tribo: Macroglossini
Subtribo: Macroglossina
Xénero: Macroglossum
Especie: M. stellatarum
Nome binomial
Macroglossum stellatarum
Linnaeus, 1758
azul, verán; verde, todo o ano; amarelo, posible distribución de inverno.
azul, verán; verde, todo o ano; amarelo, posible distribución de inverno.

azul, verán; verde, todo o ano; amarelo, posible distribución de inverno.

A esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, e no norte de África e centro de Asia, India e Indochina.[1] Recibe o seu nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan ao do colibrí.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Macroglossum stellatarum.
Eiruga de Macroglossum stellatarum.
Macroglossum stellatarum.
Vídeo a cámara lenta dunha esfinxe colibrí.

A envergadura das ás é de 40-45 mm. As ás dianteiras son pardas con liñas e pintas negras, e as traseiras alaranxadas. O abdome é negro e branco no lateral, con sedas con forma de cola de ave. O seu ovo é de forma ovoide, de cor amarela a verdosa e adoita eclosionar en 8 días. Larva cilíndrica de cor amarela e máis tarde verde clara. Pupa de 30–35 mm.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

É unha especie migratoria, mais en xeral non sobrevive o inverno nas rexións frías. Ten hábitos diúrnos, raro en bolboretas esfínxidas. Aliméntase de néctar de plantas de xéneros como Viola, Verbena ou Primula. A súa trompa, para libar o néctar, é case da mesma lonxitude ca o seu corpo e esténdese desenvolvéndose desde a súa boca.

Trala cópula a femia busca especies de plantas do xénero Galium ou outros membros da familia Rubiaceae como Rubia e tamén Carduus, Phlox, Petunia, Aster e Centaurea,[1] onde pon uns 200 ovos. Pasa o inverno hibernando como adulto, en diversos lugares como gretas das que sae en días temperados de pleno inverno para procurar alimento suplementario.

A esfinxe colibrí describiuse por primeira vez en 1758 na 10ª edición da obra Systema Naturae de Carl Linnaeus co nome Sphinx stellatarum. O nome da especie deriva de Stellatae, que é un sinónimo da familia das plantas Rubiaceae, que son unhas das plantas das que se alimenta a eiruga. Posteriormente, Giovanni Antonio Scopoli, en 1.777, describe a especie co nome Macroglossum.[2]

  1. 1,0 1,1 Macroglossum en funet.fi
  2. Ian J. Kitching, Jean-Marie Cadiou: Hawkmoths of the World. An Annotated and Illustrated Revisionary Checklist (Lepidoptera: Sphingidae). Cornell University Press, New York 2000, ISBN 0-8014-3734-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]