Saltar ao contido

Viola (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
violas (xénero Viola)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Violaceae
Subfamilia: Violoideae
Tribo: Rinoreeae
Subtribo: Violeae
Xénero: Viola
L. 1753
Especies seleccionadas

Véxase no texto.

Sinonimia
  • Erpetion
  • Mnemion

As violas ou violetas son plantas herbáceas do xénero Viola, da familia das violáceas con talos rastreiros, follas radicais con pecíolos longos ou curtos, ásperas e en forma de corazón, lanceoladas, ovais, con forma de ril, setadas etc. cos bordos festonados, lisos ou dentados. Producen flores miúdas de cor azul intensa, morada clara, violeta, púrpura, branca ou amarela, de talo longo e magro. Algunhas posúen un suave recendo moi apreciado en perfumaría, son famosas as violas da rexión de Tolosa en Francia e algunhas especies medran bravas en Galiza[1]. Empréganse coma plantas ornamentais en vasos e xardíns. Recoñécense coma sinal da modestia por mor a que as súas floriñas semellan agocharse timidamente baixo as súas follas grandes e en forma de corazón.

En Galiza aparecen algunhas especies bravas como:

  1. Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
  2. Mini Atlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php?id=viola
  3. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=trinid%E1&tipo_busca=lema
  4. Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=viola&tipo_busca=lema

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]