Saltar ao contido

Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zaza Urushadze foi o director do primeiro filme estoniano nomeado ao premio .

Estonia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2023, vinte e un filmes estonianos foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, dos cales só un foi finalmente noemado ó galardón, Mandariinid na 87ª edición dos premios.

Propostas

[editar | editar a fonte]

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Estonia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Tódalas propostas estaban rodadas en lingua estoniana, agás Viimased (2020), rodada en lingua finesa.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1992
(65ª)
Need vanad armastuskirjad Põldre, MatiMati Põldre Non nomeado
2001
(74ª)
Karu süda Iho, ArvoArvo Iho Non nomeado
2004
(77ª)
Sigade revolutsioon Kilmi, JaakJaak Kilmi, René Reinumägi Non nomeado
2005
(78ª)
Stiilipidu Urbla, PeeterPeeter Urbla Non nomeado
2007
(80ª)
Klass Raag, IlmarIlmar Raag Non nomeado
2008
(81ª)
Mina olin siin Vilbre, RenéRené Vilbre Non nomeado
2009
(82ª)
Detsembrikuumus Kase, AskoAsko Kase Non nomeado
2010
(83ª)
Püha Tõnu kiusamine[6] Õunpuu, VeikoVeiko Õunpuu Non nomeado[7]
2011
(84ª)
Kirjad Inglile[8] Keedus, SulevSulev Keedus Non nomeado
2012
(85ª)
Seenelkäik[9] Hussar, ToomasToomas Hussar Non nomeado
2013
(86ª)
Free Range: Ballaad maailma heakskiitmisest[10] Õunpuu, VeikoVeiko Õunpuu Non nomeado
2014
(87ª)
Mandariinid[11] Urushadze, ZazaZaza Urushadze
Nomeado[12]
2015
(88ª)
1944[13] Nüganen, ElmoElmo Nüganen Non nomeado
2016
(89ª)
Ema[14] Kõusaar, KadriKadri Kõusaar Non nomeado
2017
(90ª)
November[15] Sarnet, RainerRainer Sarnet Non nomeado
2018
(91ª)
Võta või jäta[16] Triškina-Vanhatalo, LiinaLiina Triškina-Vanhatalo Non nomeado
2019
(92ª)
Tõde ja õigus[17] Toom, TanelTanel Toom
Lista curta de decembro[18]
2020
(93ª)
Viimased[19] Õunpuu, VeikoVeiko Õunpuu Non nomeado
2021
(94ª)
Vee peal[20] Simm, PeeterPeeter Simm Non nomeado
2022
(95ª)
Kalev[21] Musting, OveOve Musting Non nomeado
2023
(96ª)
Savvusanna sõsarad[22] Hints, AnnaAnna Hints Non nomeado
  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Holdsworth, Nick (2010-09-10). "Estonia enters 'St. Tony' in Oscar race". Variety. Consultado o 2010-09-14. 
  7. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 2011-01-19. 
  8. "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 2011-10-14. 
  9. "Two Films Get Nod for Submission to Oscars". ERR News (Eesti Rahvusringhääling). 24 de setembro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  10. "Estonia Nominates 'Free Range' for Best Foreign Language Film Oscar". ERR. Consultado o 2013-10-01. 
  11. "Croatia, Serbia, Finland and Estonia have announced their nominations for the category". Hollywood Reporter. Consultado o 2 de setembro de 2014. 
  12. "Oscar Nominations 2015: See The Full List". Huffington Post. Consultado o 15 de xaneiro de 2015. 
  13. Holdsworth, Nick (14 de setembro de 2015). "Oscars: Estonia Nominates '1944' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  14. Holdsworth, Nick (16 de setembro de 2016). "Oscars: Estonia Selects 'Mother' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 16 de setembro de 2016. 
  15. "Estonia submits "November" for the foreign language Oscar consideration". Estonian World. 7 de setembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  16. Mitchell, Robert (16 de agosto de 2018). "Estonia Selects 'Take It or Leave It' as Foreign-Language Oscar Entry". Variety. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  17. "Oscars: Estonia Selects 'Truth and Justice' for Best International Feature Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 21 de agosto de 2019. 
  18. "Academy Unveils 2020 Oscar Shortlists". The Hollywood Reporter. 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  19. Barraclough, Leo (30 de outubro de 2020). "Oscars: 'The Last Ones' to Represent Estonia in International Feature Film Category". Variety. Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  20. "Estonia to present Peeter Simm's "Vee peal" for international Oscar". News ERR. 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  21. "Estonia submits basketball movie “Kalev” for Oscars". Estonian World. 26 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  22. Bleasdale, Leo Barraclough,Patrick Frater,John; Barraclough, Leo; Frater, Patrick; Bleasdale, John (2023-08-18). "International Oscar Race: Estonia Selects Documentary ‘Smoke Sauna Sisterhood’". Variety (en inglés). Consultado o 2023-08-18.