Saltar ao contido

Fleur Jaeggy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFleur Jaeggy
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, escritora Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCarlotta Wieck Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Calasso Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX979015 Bitraga: 3284 Musicbrainz: 55c7274d-a941-432b-80a4-3015b0816fc5 Discogs: 629064 Editar o valor en Wikidata

Fleur Jaeggy, nada en Zürich o 31 de xullo de 1940, é unha escritora suíza en lingua italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa infancia e adolescencia transcorre nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Acadou o éxito con Os ditosos anos do castigo, que foi premio Bagutta en 1990. A súa novela Proleterka recibiu o premio Viareggio 2002.

Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consagra a súa obra Vite congetturali (2009). En música, colaborou con textos para Franco Battiato.

Esta casada co escritor e editor Roberto Calasso

A súa obra ten influencia de Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhard, e da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente, especialmente do mestre Eckhart, e Zhuang Zi.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Il dito in bocca, 1968.
  • L'angelo custode, 1971.
  • Le statue d'acqua, 1980.
  • Os ditosos anos do castigo, 1989 (I beati anni del castigo, traducida por Cristina González Piñeiro, Edicións Barbantesa, 2010).
  • La paura del cielo, 1994.
  • Proleterka, 2001.
  • Vite Congetturali, 2009.
  • Un tram che si chiama Tallulah, 1975.