Fronte Oriental (segunda guerra mundial)
A Fronte Oriental da segunda guerra mundial foi o teatro de operacións do conflito entre as Potencias do Eixe e os estados aliados dende o 22 de xuño de 1941 até o 9 de maio de 1945. Tamén se coñeceu como a Gran Guerra Patriótica (en ruso Великая Отечественная Война, Velíkaya Otéchestvennaya Voyná) na antiga Unión Soviética e na Rusia moderna, mentres que en Alemaña chamouse Fronte Oriental (en alemán die Ostfront),[2] a Campaña Oriental (der Ostfeldzug) ou a Campaña rusa (der Rußlandfeldzug).[3]
As batallas na Fronte Oriental constituíronse como as maiores confrontacións militares da historia.[4] Caracterizáronse por unha ferocidade e destrución sen precedentes, deportacións masivas e unha inmensa perda de vidas debido aos combates, a fame, a exposición, as enfermidades e os masacres. A Fronte Oriental foi central no Holocausto, xa que acolleu a maioría dos campos de exterminio, as Marchas da morte, os guetos e os pogroms durante a Guerra. Da estimación de 70 millóns de mortes que se atribúen á segunda guerra mundial, arredor duns 30 millóns aconteceron na Fronte Oriental.
A Fronte Oriental foi decisiva na determinación do resultado da segunda guerra mundial, sendo a razón principal da derrota do Terceiro Reich, que comportou a partición de Alemaña durante case medio século e o alzamento da Unión Soviética como superpotencia militar e industrial. As dúas principais forzas belixerantes foron a Alemaña nazi e a Unión Soviética, xunto cos seus respectivo aliados.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Alemaña e a Unión Soviética víanse como os dous grandes prexudicados da primeira guerra mundial. Os soviéticos perderan un territorio considerable na Europa oriental como resultado do tratado de Brest-Litovsk (marzo de 1918) ao cederen os bolxeviques o control, por mor das demandas alemás, sobre Polania, Lituania, Estonia, Letonia, Finlandia, e outras zonas ás potencias centrais. Logo, ao se render Alemaña aos aliados en novembro de 1918, eses territorios lograron a independencia baixo os termos da conferencia de paz de París de 1919, cando a Rusia Soviética estaba no medio dunha guerra civil e os non recoñecían o goberno soviético e, xa que logo, non houbo representación soviética.[5]
Adolf Hitler declarara a súa intención de invadir a Unión Soviética o 11 de agosto de 1939 a Carl Jacob Burckhardt, comisionado da Liga das Nacións[6]
O Pacto Molotov–Ribbentrop asinado en agosto de 1939 foi un acordo de non agresión entre Alemaña e a Unión Soviética e contiña un protocolo secreto para a volta de Europa Central ao status quo anterior á Gran Guerra, dividindo Polonia, Romanía e os estados bálticos en esferas de influencia alemá e soviética.[7] A Fronte Oriental tamén foi posible polo acordo xermano-soviético comercial e fronteirizo de 1941 que lle deu a Alemaña os recursos precisos para lanzar as operacións militares no leste de Europa.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Toomas Alatalu. Tuva: A State Reawakens. Soviet Studies, Vol. 44, No. 5 (1992), pp. 881–895.
- ↑ russlandfeldzug.de
- ↑ Balsi.de (ed.). "Der Rußlandfeldzug". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑ "World War II: The Eastern Front". Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑ Donald Hankey (3 June 2015). The Supreme Control at the Paris Peace Conference 1919 (Routledge Revivals): A Commentary. Routledge. p. 50. ISBN 978-1-317-56756-1.
- ↑ Nagorski, Andrew (2007). The Greatest Battle: Stalin, Hitler, and the Desperate Struggle for Moscow That Changed the Course of World War II. Amazon: Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-8111-9.
- ↑ Timothy Snyder e Ray Brandon. Oxford University Press, ed. Stalin and Europe: Imitation and Domination, 1928-1953. p. páxina 94.
- ↑ Ericson, Edward (1999). Feeding the German Eagle: Soviet Military Aid to Nazi Germany, 1933–1941. Greenwood Publishing Group. pp. 34–35. ISBN 0-275-96337-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fronte Oriental |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Axworthy, Mark . "Third Axis Fourth All". Arms and Armour 1995 ISBN ISBN 1-85409-267-7 (en inglés)
- Beevor, Antony. "Stalingrado; O Cerco Fatal" Ed. Record, 2008. ISBN 978-85-01-05805-8
- Erlikman, Vadim. "Poteri narodonaseleniia v XX veke: spravochnik". Moscova 2004. ISBN 5-93165-107-1 (en ruso)
- Glantz, David M. "Confronto de Titãs; Como o Exército Vermelho derrotou Hitler" C & R Editorial 2009. ISBN 978-85-99719-10-7
- Overmans, Rudiger. Deutsche militärische Verluste im Zweiten Weltkrieg. Oldenbourg 2000. ISBN 3-486-56531-1 (en alemán)
- Overy, Richard. "The Dictators: Hitler's Germany and Stalin's Russia". Penguin Adult, 2005. ISBN 0-7139-9309-X (en inglés)
- Suvorov, Viktor. "O Grande Culpado" Amarilys 2010. ISBN 978-85-204-2906-8