Halki
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Meridional | |||
Unidades periféricas | Rodes (pt) | |||
Concello | Chalki Municipality (en) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 28 km² | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 851 10 | |||
Fuso horario | ||||
Sitio web | dimoschalkis.gr |
Halki grego: Χάλκη, Chalki, Halki, tamén Chalce) é unha illa grega e un municipio no arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo, a 6 km ao oeste de Rodas. Cunha área de 28 km², é a illa máis pequena habitada do Dodecaneso. Ten unha poboación permanente de 330 habitantes (aumenta durante os meses de verán), concentrados en Emborio o único pobo. O censo de 2001 deu unha poboación de 313 habitantes, é o municipio (demos) máis pequeno de Grecia. A comunidade está dividida en dúas partes, Chorio (Emborio) e o porto.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa tiña unha poboación moito máis grande pero por mor da emigración a mediados do século XX Chorio foi case completamente abandonada. Un castelo medieval en ruínas da orde dos Cabaleiros de San Xoán, domina a cidade vella e a capela contén algúns dos frescos orixinais.
Lista de gobernantes de Halki:
Imperio Romano | 27 aC - 395 |
Imperio Bizantino | 395 - 7 º século |
Árabes | 7 º século - 825 |
Imperio Bizantino | 825 - 1204 |
Venecia | 1204 -- |
Xénova | - 1523 |
Imperio Otomán | 1523 - 1912 |
Italia | 1912 - 1948 |
Grecia | 1948 |
Municipio
[editar | editar a fonte]O Municipio de Halki inclúe varias illas deshabitadas, a maior das cales é Alimia ao nordés, que ten unha superficie total de 37´043 km². A industria primaria da illa é o Turismo, aínda que a pesca é tamén considerable. Practicamente non hai subministración de auga natural na illa e a choiva recóllese en cisternas de gran tamaño. A auga potable é traída de Rodas, pero pode haber escaseza durante os meses de verán co aumento da poboación.