Herba dos bofes
Herba dos bofes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración da herba dos bofes | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Pulmonaria officinalis' L., 1753 |
A herba dos bofes ou pulmonaria (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas (Boraginaceae), de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.
O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Espállase polo centro e occidente de Europa en zonas húmidas de cavorcos, abas, bosques de ribeira, noiros de camiños, terreos hermos e en bosques. Na Península Ibérica está amplamente espallada por todo o territorio en zonas húmidas até os altos vales dos Pireneos e doutras montañas
Principios activos
[editar | editar a fonte]Mucílagos; poligalacturonanos, arabinogalactanos, ramnogalacturonanos. Flavonoides: rutósido, isoquercitrósido, quercitrinósido, astragalósido, e os seus aglucons (quercetol e kaempferol). Alantoína. Rosaponina. Ácidos fenólicos (ácido ascórbico, ácido silícico, sales de potasio e calcio. Taninos. Alcaloides pirrolizidínicos.[1]
Virtudes
[editar | editar a fonte]As partes aéreas da planta en floración apáñanse con fins medicinais (sumidades floridas e follas) cortándoas un pouco por riba do nivel do chan e se enxugan a unha temperatura non superior aos 45 °C.
Úsase en forma de infusión para o tratamento da tose, tose ferina, bronquite e as dores de gorxa e rouquén. Ademais é sudorífica, antiinflamatoria e diurética. A decocción ao 10 % emprégase coma desinfectante, emoliente e antiinflamatoria de feridas.
O cocemento dun bo feixe da planta deixando que ferva un cuarto de hora, tómase en catro cuncas ao día para facilitar a expectoración e fluidificar os esgarros.
Tamén se recomenda nas diarreas, hemorroides e afeccións da vexiga urinaria.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta planta, como outras que medran no Centro e Occidente de Europa, non figuran nos escritos da antigüidade. A primeira noticia sobre ela dáa Mattioli na súa obra na edición de 1548.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Pulmonaria longifolia foi descrita por (Bastard) Boreau e publicada en Fl. Centre France, ed. 3 [Boreau] 2: 460. 1857[2]
- Citoloxía
Número de cromosomas de Pulmonaria longifolia (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: 2n=14[3]
- Etimoloxía
Pulmonaria; nome xenérico que deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpática, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados e, polo tanto, utilizábase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como en inglés "lungwort", en alemán "lungenkraut", ou en galego "herba dous bofos" (pulmóns dos animais). Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, e.x. en ruso "medunitza" e en polaco "miodunka".
longifolia: epíteto latíno que significa "con grandes follas"[4]
- Sinonimia
- Pulmonaria angustifolia auct. pro parte, non L.
- Pulmonaria angustifolia L. subsp. longifolia (Bastard) P.Fourn.
- Pulmonaria vulgaris auct. pro parte
- Pulmonaria vulgaris Mérat pro parte[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bautista Peris, J.; Stübing G., Romo A. (2001). Plantas Medicinales de la Península Ibérica e Islas Baleares. Madrid:Jaguar.
- ↑ "Pulmonaria longifolia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ Estudio cariológico de Boraginaceae españolas. IV. Luque, T. (1989) Bol. Soc. Brot. ser. 2 62: 211-220
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Pulmonaria longifolia". Flora Europaea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba dos bofes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba dos bofes |